DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2007 Páx. 14.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 21 de agosto de 2007 pola que se amplía o prazo para a adxudicación das sete bolsas de formación e especialización en materia de vivenda convocadas pola Consellería de Vivenda e Solo.

A Orde do 25 de maio de 2007 pola que se convocan sete bolsas de formación e especialización en materia de vivenda establece na base décimo primeira que a resolución administrativa relativa á concesión ou denegación da bolsa lles será notificada aos interesados no prazo de tres meses, contados a partir da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 105, do 1 de xuño de 2007).

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, e tendo en conta os prazos necesarios para a presentación e resolución de reclamacións contra as listas provisional e definitiva de admitidos e excluídos, contra a valoración dos méritos dos candidatos e o tempo necesario para a realización das entrevistas, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a conselleira de Vivenda e Solo

DISPÓN:

A ampliación do prazo de adxudicación das sete bolsas de formación e especialización en materia de vivenda nun mes e medio.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2007.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo