DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2007 Páx. 14.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de xullo de 2007 pola que se declara a alienabilidade de dous inmobles situados na rúa Uruguai de Vigo.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular de dous inmobles na rúa Uruguai de Vigo consonte o Real decreto lei 8/1994, do 5 de agosto, polo que se suprimen as cámaras oficiais da propiedade urbana, e o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a súa liquidación e extinción.

Unha vez desafectados do dominio público os inmobles mediante o decreto 123/2007, do 14 de xuño, e obtida a súa inscrición no correspondente rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

Na súa virtude, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos inmobles que se describen a seguir:

1. Andar segundo esquerda do edificio da rúa Uruguai 4 de Vigo, cunha extensión superficial de 148 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, predio nº 25.118, libro 59.

Ten unha valoración de 266.400 €.

2. Andar segundo dereita do edificio da rúa Uruguai 4 de Vigo, cunha extensión superficial de 133 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de vigo, predio nº 25.119, libro 59.

Ten unha valoración de 239.400 €.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2007.

P.D. (Orde 18-9-2006)

Mª Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda