DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2007 Páx. 14.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2007 pola que se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

O Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza celebrada o día 1 de febreiro de 2007, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, publicadas mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo).

As devanditas bases prevén que as convocatorias de axudas, que conterán en todo caso o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes tramitaranse segundo o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, publicadas mediante a antedita Resolución do 9 de marzo de 2007.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, publicada mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (DOG nº 59, do 23 de marzo), cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o 3 de setembro de 2007 e se pechará o 15 de outubro de 2007:

1. Proxectos de investimento tecnolóxico ou en equipamento en xeral no sector turístico (procedemento IG102, artigo 5.1.1.). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 3.000.000 €, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E2/10/02-656 e coa seguinte distribución plurianual:

Exercicio 2007: 2.000.000 euros.

Exercicio 2009: 1.000.000 euros.

2. Axudas a proxectos específicos de protección e mellora ambiental (procedemento IG105, artigo 6). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 1.000.000 euros, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E2/10/02-656 e coa seguinte distribución plurianual:

Exercicio 2007: 500.000 euros.

Exercicio 2009: 500.000 euros.

Segundo.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas, publicadas mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo), cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o 3 de setembro de 2007 e se pechará o 15 de outubro de 2007:

1. Axudas a proxectos de diagnose, elaboración de estudos e implantación de medidas (procedemento IG108, artigo 4). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 200.000 euros, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E4/10/03-656 dos orzamentos do Igape para 2007.

2. Proxectos de deseño (procedemento IG109, artigo 5). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 300.000 euros, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E4/10/02-656 dos orzamentos do Igape para 2007.

Terceiro.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial, publicada mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo), cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o 3 de setembro de 2007 e se pechará o 15 de outubro de 2007:

1. Proxectos de especialización profesional (procedemento IG117, artigo 6.1.2). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 500.000 euros, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E1/10/02-651 dos orzamentos do Igape para 2007.

2. Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos (procedemento IG118, artigo 6.1.3). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 300.000 euros, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E1/10/02-656 dos orzamentos do Igape para 2007.

3. Elaboración de plans estratéxicos de innovación e competitividade ou de internacionalización, cooperativos (procedemento IG119, artigo 7.1.1). Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria ascenden a 200.000 €, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria E6/10/02-656 dos orzamentos do Igape para 2007.

Cuarto.-Para todos os créditos especificados nesta convocatoria resérvase prioritariamente un 10% destes para proxectos localizados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e outro 10% para proxectos localizados nos municipios da Costa da Morte, que figuran nos anexos III e IV, respectivamente, das bases reguladoras citadas. No caso de que os proxectos aprobados non esgoten o crédito reservado, o remanente aplicarase aos restantes proxectos.

Quinto.-Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada liña e mediante resolución, o director xeral do Igape poderá redistribuír entre elas os créditos aprobados, os cales tamén poderán ser ampliados e as partidas orzamentarias modificadas mediante resolución publicada para o efecto.

Sexto.-O modelo de solicitude e demais anexos son os xa publicados coas bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 23 de marzo de 2007).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica