DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2007 Páx. 14.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo.

Mediante a Resolución do 22 de novembro de 2006 (DOG nº 229, do 28 de novembro) convocáronse en concorrencia competitiva as axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo, segundo as bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 27 de febreiro de 2006. As mencionadas bases desenvolven o conxunto de actuacións para a mellora da produtividade empresarial mediante a innovación e desenvolvemento, cooperación e modernización do tecido produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa base 13 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das devanditas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E2/10/03.656700 e 02.02.E4/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas na convocatoria do 22 de novembro de 2006, segundo as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo durante o segundo trimestre de 2007.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "16400D013P056.PDF"