DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2007 Páx. 14.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo.

Mediante Resolución do 17 de febreiro de 2006 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo (DOG nº 40, do 27 de febreiro). As mencionadas bases desenvolven o conxunto de actuacións para a mellora da produtividade empresarial mediante a innovación e desenvolvemento, cooperación e modernización do tecido produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido na base 4.6.3.2 da citada resolución, elaborouse unha lista de espera co fin de que, de producirse desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados, puidesen ser propostos para a concesión por estrita orde de puntuación acadada.

Unha vez producidas desistencias e renuncias entre os proxectos aprobados, propuxéronse para concesión os proxectos que estaban na lista de espera por estrita orde de puntuación acadada e ata esgotarse o crédito dispoñible.

A base 13 da citada resolución establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das mencionadas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E2/10/03.656700 e 02.02.E4/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo durante o segundo trimestre de 2007.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "16400D013P056.PDF"