DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2007 Páx. 14.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o Plan de consolidación e competitividade da PEME.

Mediante a Resolución do 5 de xuño de 2006 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Plan de consolidación e competitividade da PEME (DOG nº 112, do 13 de xuño de 2006). As mencionadas bases teñen como obxectivo prioritario promover a definición de proxectos empresariais integrais e colectivos para un conxunto de Pemes, nos ámbitos da consolidación, modernización, deseño e innovación tecnolóxica e de xestión, a través da actuación dos organismos intermedios. Tamén se establece a actuación individualizada das Pemes en diferentes eidos de actuación: deseño industrial, certificación da calidade ou xestión ambiental, empresas familiares e primeira expansión da PEME.

De acordo co establecido na base 10.6.3.2 da citada resolución elaborouse unha lista de espera, co fin de que de producírense desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados puidesen ser propostos para a concesión, por estrita orde de puntuación acadada.

Unha vez producidas desistencias e renuncias entre os proxectos aprobados, propuxéronse para concesión os proxectos que estaban na lista de espera, por estrita orde de puntuación acadada e ata esgotarse o crédito dispoñible.

A base 18 da citada resolución establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das mencionadas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E4/10/02.656700 e 02.02.E4/10/02.656800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Plan de consolidación e competitividade da PEME durante o segundo trimestre de 2007.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "16400D010P054.PDF"