DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2007 Páx. 14.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2007 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais.

Mediante Resolución do 28 de marzo de 2003 publicouse o convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 63, do 31 de marzo), que na súa addenda remite a súa tramitación ás bases reguladoras para proxectos empresariais de investimento, publicadas mediante Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo), que foi modificada por outras do 13 de febreiro e do 3 de xullo de 2006. Este convenio ten por obxecto incentivar os investimentos de iniciativa privada que promovan novos proxectos de protección e mellora ambientais e contribúan ao desenvolvemento sustentable.

A base 17 das bases reguladoras para proxectos empresariais de investimento establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das mencionadas bases.

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro do convenio para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais durante o segundo trimestre de 2007.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "16400D010P054.PDF"