Mediante Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG nº 58, do 28 de marzo), modificada por outras do 13 de febreiro e do 3 de xullo de 2006, publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento. As mencionadas bases desenvolven o conxunto de actuacións destinadas a incentivar proxectos de investimento.
Na súa base 17 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das devanditas bases.
Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E2/10/01.656700 e 02.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento durante o segundo trimestre de 2007.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.
Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
Ver referencia pdf "16400D010P054.PDF"