DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2007 Páx. 14.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación destes cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados polo Centro de Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso de manipulador de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora: Centro de Estudos Cacumen.

3. Data: do 19 de outubro ao 24 de novembro de 2007.

4. Duración: 60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de realización: Centro de Estudos Cacumen. R/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo.

6. Número de prazas: máximo 18 alumnos.

7. Dirixido a responsables técnicos de establecementos e servizos praguicidas.

8. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes: segundo modelo do anexo I.

10. Data límite para a presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro do 2007.

11. Programa:

Ver referencia pdf "16200D006P013.PDF"

12. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente, co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2007.

Ramón Medina González-Redondo

Director xral de Saúde Pública

Anexo I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

Entidade organizadora: Centro de Estudios Cacumen.

Data: do 19 de outubro ao 24 de novembro de 2007.

Lugar de realización: Centro de Estudios Cacumen.

R/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora proba de avaliación.

Nº máximo de alumnos: 18.

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Prezo: 350 € pagados mediante xustificante de ingreso (Banesto nº de conta 0030-6046-41-0387862273).

Inscrición: enviar ficha de solicitude a Cacumen, r/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo, xunto co xustificante de pagamento, antes do 10 de outubro de 2007. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada.

Teléfono: 982 24 39 44. Telefax: 982 28 41 61.

E-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Apelidos: ...

Nome: ...

NIF: ...

Enderezo: …

Localidade: …

Teléfono: …

Telefax: