DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2007 Páx. 14.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e a sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2007.

Advertido erro nesta orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 94, do 16 de maio de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 8.060, no punto 2.A)1.a do artigo 3, onde di: «rendemento neto previo, ...», debe dicir: «...rendemento neto de módulos aos cales se lle sumarán os importes das dotacións á amortización e outras reducións afectadas na súa determinación, sen incluír as correspodentes aos índices correctores aplicados,...».

-Na páxina 8.067 no último parágrafo do número 1 do artigo 16, donde di: «(circular 2/2003 da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda, número 5.6.3)» debe dicir: «(circular 2/2003 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, número 5.6.e)».