DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2007 Páx. 14.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2006-2007, e se ditan as instrucións acerca da realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 29 de maio de 2007, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2006-2007, esta dirección xeral

RESOLVE:

I. Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I a esta resolución.

II. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos.

1. As probas realizaranse o día 17 de setembro de 2007 de acordo co seguinte horario:

9.30 horas, presentación dos candidatos.

10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros nos que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

-IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase s/n, A Coruña.

Provincia de Lugo:

-IES Sanxillao. Avenida Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

-IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

-IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos.

a) Os candidatos deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o IES no que se atope o seu expediente académico.

b) Para a realización das probas os candidatos acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal.

Presidente:

-José Graña Carrodeguas, subdirector xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Vogais:

-María Luisa Calderón Fernández, profesora de ensino secundario.

-Agustín Hermida López, inspector de educación.

-Juan Friería Alonso, profesor de ensino secundario.

-Samuel Lago Fernández, inspector de educación.

-José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.

-Emilio Pérez Sánchez, inspector de educación.

-Alberto Rodríguez Rogina, profesor de ensino secundario.

-Gonzalo Sanmartín Brey, profesor de ensino secundario.

-Belén Santos Lago, profesora de ensino secundario.

-Xesús Valcárcel López, profesor de ensino secundario.

Secretario:

Leopoldo Bahillo Varela, funcionario da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.