O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades que aqueles representen.
Polo exposto, vista a proposta do Concello de Ferrol, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,
DISPOÑO:
O nomeamento de Vicente Irisarri Castro como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación do Concello de Ferrol.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2007.
María José Caride Estévez
Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas
e Transportes