DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2007 Páx. 13.969

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 6 de agosto de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades que aqueles representen.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello de Fene, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de José María Rivero Arnoso como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación do Concello de Fene, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes