DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2007 Páx. 13.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 27 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 27 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais aos que se lles concede a subvención para a realización dos programas previstos no artigo 5 da Resolución do 27 de febreiro.

Norma reguladora: Resolución do 27 de febreiro de 2007 pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 6 de marzo).

Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.460.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2007.

Crédito orzamentario: 500.000 euros na aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0.

Entidades locais beneficiarias da subvención cunha contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde alfabética:

Ver referencia pdf "15900D001P005.PDF"

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2007.

Manuel Luis Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración