DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2007 Páx. 13.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 9 de xullo de 2007 pola que se declara a alienabilidade do inmoble situado no lugar de Maciñeiras, no concello de Narón.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular dun inmoble no concello de Narón en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez desafectado do dominio público o inmoble mediante o Decreto 229/2003, do 11 de abril, e obtida a súa inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

Na súa virtude, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do inmoble que se describe a seguir:

Parcela nº 2097 do plano xeral da zona de concentración parcelaria do Val-Castro, Trasancos (A Coruña), rústica, terreo dedicado a secaño, dunha extensión superficial de 5 áreas e 60 centiáreas segundo rexistro, no sitio de Maciñeiras, concello de Narón, que linda ao norte con Benito Pazos Freire (2095); ao sur e leste con Manuel Pantín Santamaría (2098) e ao oeste coa estrada de Ferrol a Cedeira.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 1.115, libro 219, folio 136, predio nº 26556, inscrición segunda.

Ten unha valoración de 35.069,76 €.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2007.

P.D. (Orde 18-9-2006)

Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda