DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2007 Páx. 13.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 4 de xullo de 2007 pola que se declara a alienabilidade dun inmoble da extinta Cámara Agraria de Sobrado.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular ope legis dun inmoble da extinta Cámara Agraria de Sobrado, en virtude do disposto na disposición adicional 7ª.1 da Lei 11/1995, do 28 de decembro, en relación coa disposición adicional 2ª da Lei 23/1986, do 24 de decembro, segundo a redacción dada no artigo 1 da Lei 23/1991, do 15 de outubro, e o artigo 5.1º do Decreto 8/1995.

O Decreto 8/1995, do 12 de Janeiro, de liquidación e extinción das cámaras agrarias locais, dispón que os bens e dereitos que non fosen obxecto de liquidación quedarán incorporados ao patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez obtida a súa inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do inmoble que se describe a seguir:

Terreo rústico situado no Concello de Sobrado, chamado Santiago de Campo, que ten unha superficie aproximada de nove mil metros cadrados que estrema: norte, camiño de Vilanovas, resto do antigo camiño de Santiago; sur, do concello de Sobrado e máis da antiga Cámara Agraria Local de Sobrado; leste e oeste, antiga Cámara Agraria Local de Sobrado, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 458, libro 32, folio 196, predio nº 7200, inscrición 2ª.

O inmoble foi taxado polo Servizo Técnico de Inventario da Subdirección Xeral de Patrimonio en 167.763,96 €.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2007

P.D. (Orde 18-9-2006)

Mª Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda