DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2007 Páx. 13.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 3 de agosto de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2007, e se procede á súa convocatoria.

A Constitución española, no seu artigo 44.2º, obriga os poderes públicos a promoveren a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1º.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

O Estatuto de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2º da Constitución.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de setembro de 2006, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).

De acordo coa Lei 12/1993, do 6 de agosto, o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (en diante, PGIDIT-Incite) está integrado por tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais. Dentro dos programas horizontais, o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2006-2010) conta con tres programas: o de Recursos Humanos (RHS), o de Articulación do Sistema Galego de Innovación (ART) e o de Comunicacións e Sensibilización Social (CSS). Estes programas tratan de contribuír á mellora do sistema galego de innovación por incidir na cooperación entre todos os axentes. Constitúen o corazón do PGIDIT-Incite e, por tanto, os alicerces en que deben pivotar todas as actuacións que selectivamente deben incidir no desenvolvemento dos sectores económicos en que se deben focalizar as prioridades.

Pola súa banda, o Programa de recursos humanos (RHS) ten o propósito de definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras, e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+i. Entre os seus obxectivos están:

* Incrementar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización, nas áreas de maior interese.

* Fomentar a formación de doutores e consolidar a formación posdoutoral.

* Fomentar a formación de tecnólogos e axentes de innovación.

* Formar técnicos de apoio á investigación, así como incorporar xestores de innovación e técnicos de apoio ao sistema de I+D+i.

* Incrementar as estadías de investigadores e investigadoras de Galicia en centros de investigación de fóra da Comunidade Autónoma para a súa formación e desenvolvemento da carreira científica.

O Programa de recursos humanos (RHS) basea as súas actuacións e instrumentos:

* No desenvolvemento da carreira investigadora en todas as etapas, definindo un itinerario lineal desde a formación dos investigadores e investigadoras ata a súa consolidación no sistema, e dotando de instrumentos de axuda cada unha das etapas (predoutoral, posdoutoral, incorporación e consolidación).

* No desenvolvemento dunha liña de apoio á investigación mediante a formación e incorporación de tecnólogos e axentes de innovación, para definir un itinerario lineal desde a súa etapa de formación ata a súa consolidación no sistema, e para dotar de instrumentos de axuda cada unha das etapas (formación, incorporación e consolidación).

* Favorecer a mobilidade do persoal de I+D+i tanto entre sectores como entre institucións.

Ben que nos decretos de estrutura orgánica de diferentes consellerías se lles outorga a estas a participación en diferentes aspectos sobre competencias no fomento da investigación sectorial, por mor da necesidade de coordinación, vertebración e transversalidade que ten a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, nace o Consello Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, CICETGA, regulado polo Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro, da Consellería de Innovación e Industria, e creado na Lei 12/1993, no seu artigo 11.1º.

No Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, indícase que á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación correspóndelle a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, así como o Decreto 232/2006, do 23 de novembro, polo que se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os órganos da Consellería de Innovación e Industria e se determinan normas de tramitación dos procedementos sancionadores nas materias da súa competencia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica, e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; así como a

elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases por que se rexerá a concesión das axudas da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria, correspondentes a diversas accións de formación de investigadores e tecnólogos, do Programa de recursos humanos (RHS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse en réxime de concorrencia competitiva, conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, as axudas que a seguir se indican, e que constitúen accións formativas de investigadores, encadradas no Programa de recursos humanos (RHS), que se rexerán polas seguintes bases xerais, así como por aquelas específicas que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Programa María Barbeito de axudas a contratos predoutorais de formación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).

2. Programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II).

3. Programa Isidro Parga Pondal de axudas á incorporación de doutores cunha formación posdoutoral contrastada en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo III).

4. Programa Lucas Labrada de axudas ao fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo IV).

5. Programa Isabel Barreto de axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo V).

6. Prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isidro Parga Pondal) no ano 2005 (anexo VI).

7. Segunda prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isidro Parga Pondal) no ano 2003 (anexo VII).

8. Segunda prórroga das axudas concedidas para contratos predoutorais de formación de doutores nas universidades públicas de Galicia correspondentes á transformación das bolsas predoutorais da convocatoria do ano 2005 (anexo VIII).

9. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da comunidade autónoma (anexo IX).

3. As devanditas modalidades de axuda teñen os códigos de procedemento que se indican a seguir:

Modalidade de axuda, anexo e código:

Programa María Barbeito; anexo I: IN840C.

Programa Ángeles Alvariño; anexo II: IN840D.

Programa Isidro Parga Pondal; anexo III: IN840A.

Programa Lucas Labrada; anexo IV: IN840G.

Programa Isabel Barreto; anexo V: IN840E.

Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2005; anexo VI: IN840B.

2ª Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2003; anexo VII: IN840F.

2ª Prórroga Contratos-antigas bolsas predoutorais 2005; anexo VIII: IN808C.

Bolsas para Estadías fóra de Galicia; anexo IX: IN809A.

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios e presentación de solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao/s modelo/s normalizado/s que figuran nos anexos correspondentes segundo o indicado no punto 2 do presente artigo. Ademais, os beneficiarios das axudas convocadas nesta orde deberán reunir as condicións exixidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os requisitos que se establezan para cada tipo de axuda no anexo correspondente.

2. No enderezo http://www.conselleriaiei.org/ estarán á disposición dos interesados,de forma íntegra, os correspondentes formularios de solicitude e modelos oficiais que deberán cubrir e cuxas caras externas se publican como anexos, segundo a táboa que segue:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

3. Os formularios, debidamente cubertos e asinados polos interesados, deberán enviarse acompañados, ademais de pola documentación adicional que para cada un dos programas se sinalan no correspondente anexo, polas seguintes declaracións:

a) Declaración xurada do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou polos seus organismos ou sociedades.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración xurada de estar ao día no cumprimento das obrigas estatais, coa Comunidade Autónoma de Galicia e a Seguridade Social e compromiso de entregar os correspondentes certificados orixinais no caso de ser beneficiario da/s axuda/s solicitada/s ao abeiro da presente convocatoria.

d) Declaración opcional do interesado do compromiso de utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

4. Non se terá en consideración ningunha solicitude que non se realice nos correspondentes modelos normalizados a que se refire o punto 2 do presente artigo.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes, dirixidas ao director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. De conformidade coa lexislación vixente, o cómputo deste prazo farase de data a data.

Artigo 4º.-Información aos interesados/as.

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o/s código/s indicados no punto 2 do artigo 2 das presentes bases xerais, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) Na epígrafe de axudas e na oficina virtual da páxina web oficial da consellería: http://www.conselleriaiei.org/.

b) Nos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: 981 54 10 76 e 981 54 39 91.

c) No enderezo electrónico: info.rhs@xunta.es.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.

Artigo 5º.-Financiamento e concorrencia.

1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde, destinaranse os créditos que de seguido se indican, para cada acción, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coas seguintes anualidades:

Todas as cantidades antes citadas, poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos. Así mesmo, estas cantidades poden ser obxecto dunha nova periodificación anual no caso de que, por razóns imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data de 1 de outubro de 2007 (que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007).

2. O concepto, contías e forma de pagamento de cada tipo de axuda establécense no anexo correspondente.

Artigo 6º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das presentes bases reguladoras.

2. Segundo o artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a presentación da solicitude de concesión das axudas e subvencións polo/a interesado/a comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas precisións previstas nas leis.

Artigo 7º.-Órganos competentes.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da/s axuda/s establecida/s na presente convocatoria, e corresponderalle ao conselleiro de Innovación e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 8º.-Instrución do/s procedemento/s e tramitación.

1. Os servizos da dita dirección xeral comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e, como consecuencia, elaborarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas na cal figurarán, de ser o caso, as causas de exclusión. A lista exporase nos taboleiros da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e no enderezo web: http://www.conselleriaiei.org/ , e:

a) Os interesados e interesadas poderán formular reclamacións para emendaren erros e falta de documentos perante a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentando, de ser o caso, a documentación necesaria no prazo de 10 días naturais.

b) Adicionalmente, os interesados enviarán, ao número de fax 981 54 10 39 da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, na data de presentación da mesma ou dentro do prazo dos 10 días naturais establecidos para a emenda de erros e falta de documentación, unha copia desta documentación, co correspondente selo de presentación no prazo establecido nun rexistro válido.

c) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

2. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de selección, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

5. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigo 56 e 58 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 9º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. Os principios xerais aplicados na avaliación e selección das solicitudes de todas as axudas convocadas na presente orde serán os de obxectividade, independencia e calidade das avaliacións. Os criterios e mecanismos de avaliación e selección para cada unha das accións especificaranse no anexo correspondente.

2. A selección dos candidatos e candidatas levarase a cabo en réxime de concorrencia competitiva; para isto, só se considerará a documentación presentada na solicitude, polo que se prescindirá do trámite de audiencia de conformidade co disposto no artigo 84.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 24.4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. A selección das solicitudes admitidas correspóndelle a unha comisión de selección nomeada para tal efecto, que será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes avaliadas positivamente de acordo cos criterios obxectivos fixados no/s anexo/s correspondente/s, así como de propoñer a concesión ou denegación da axuda aos interesados. A comisión de selección poderá contar co asesoramento de órganos avaliadores ou expertos externos.

4. A comisión de selección estará composta polos seguintes membros (todos eles con voz e voto):

a) Presidente: o/a subdirector/a xeral de xestión do PGIDIT ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de I+D+I.

c) Vogais: sete vogais, entre os cales figurarán o/a subdirector/a xeral de Innovación Empresarial ou persoa en quen delegue, e o xestor ou xestora do Programa de RHS. Os cinco restantes serán designados polo director xeral de I+D+I entre expertos dos distintos ámbitos do coñecemento (como mínimo, un por ámbito) pertencentes ás tres universidades do SUG e outros centros de investigación de Galicia.

5. A comisión levantará acta das súas deliberacións e elevará a súa proposta de resolución ao conselleiro de Innovación e Industria a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

6. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a axuda, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no/s anexo/s correspondente/s. Así mesmo, indicarase -de ser o caso- o importe da axuda para cada un deles. Para cada un dos programas incluídos na presente orde, a comisión de selección poderá elaborar unha lista de espera entre os solicitantes que non resultasen beneficiarios co fin de determinar posibles substitucións.

7. A lista de seleccionados publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e na internet no enderezo http://www.conselleriaiei.org/, sen prexuízo da comunicación persoal aos solicitantes que resultasen adxudicatarios.

8. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quedase libre (se se producir algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados) ben co incremento do/s crédito/s orzamentario/s destinado/s a estas axudas. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10º.-Resolución e notificación.

1. A comisión de selección formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro de Innovación e Industria, quen ten a competencia para resolver estas axudas, sen prexuízo da súa posible delegación noutros órganos da Consellería de Innovación e Industria. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

2. Á vista da proposta formulada pola comisión de selección a través do órgano instrutor e segundo o que dispón o artigo 24.4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, o conselleiro de Innovación e Industria ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos en cada anexo.

3. A/s dita/s resolución/s expresará/n, cando menos:

a) As entidades beneficiarias da axuda e os candidatos seleccionados ou as persoas físicas beneficiarias, segundo corresponda.

b) O importe global da axuda para cada entidade ou persoa física beneficiaria, segundo corresponda.

c) A relación de posibles suplentes, a cal estará vixente un prazo máximo de 9 meses despois da súa publicación.

c) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En ningún caso o importe da axuda ou subvención poderá superar o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable legalmente establecida.

5. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo anual de presentación de solicitudes, mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia. De non mediar resolución expresa no dito prazo, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as solicitudes serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminstrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6 b da devandita lei, poderase substituír a notificación individual de concesión da axuda pola publicación no Diario Oficial de Galicia, con indicación neste caso da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas de desestimación.

Artigo 11º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

1. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao daquel en que se produza o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte ao daquel en que e produza o acto presunto.

Artigo 12º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resolución da concesión por instancia do interesado ou interesada, sempre que este/a presente solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Inovación e Industria, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado ou interesada.

Artigo 13º.-Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos da presente convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a:

a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da axuda ou subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

c) Comunicar á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación calquera axuda, o seu importe e duración, concedida para a execución dun mesmo investimento, no momento en que sexan beneficiarios.

d) Incluír no momento da xustificación da execución total do proxecto, e en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 14º.-Reintegro.

Os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da presente orde deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e dos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos previstos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime orzamentario de Galicia (en diante TRLRFOG) na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Artigo 15º.-Comprobación das axudas concedidas.

O órgano concedente poderá comprobar a axeitada xustificación da axuda, así como a realización da actividade e cumprimento da finalidade que determinen a concesión e aproveitamento da axuda.

Artigo 16º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto no marco comunitario sobre axudas estatais de Investigación e Desenvolvemento e Innovación (2006/C 323/01), nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

A concesión das axudas está supeditada á aprobación desta orde por parte da Comisión Europea.

Disposición adicional

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro.

Disposición transitoria

Convocatorias en fase de execución.

As convocatorias de axudas que á entrada en vigor desta orde estean en fase de execución seguiranse observando nos seus propios termos e rexeranse de acordo coas normas conforme as cales foron ditadas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO I

Programa María Barbeito de axudas para contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa María Barbeito é o de outorgar axudas ás universidades do SUG que fomenten a contratación de titulados superiores predoutorais co obxectivo de formar doutores/as en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal destas axudas é o apoio á formación en investigación básica e aplicada daqueles titulados superiores universitarios que desexen realizar a súa tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.1. As actividades que constitúen o obxecto da presente convocatoria son axudas ás universidades do SUG que fomenten a contratación de titulados superiores predoutorais co obxectivo de formar doutores/as en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.2. O número máximo de axudas que poderán outorgarse será de 80.

Artigo 2º.-Beneficiarios das axudas e requisitos dos solicitantes.

Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa María Barbeito as universidades do SUG que contraten os candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato de traballo en prácticas ou -na súa falta- un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva a súa tese de doutoramento, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del, e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.

Os solicitantes e candidatos seleccionados das axudas correspondentes ao Programa María Barbeito deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Posuír calquera nacionalidade.

2. Estar en posesión dun título universitario superior (licenciado ou equivalente).

a) A data de fin de estudos debe ser posterior ao 1 de xaneiro do ano 2003, agás para os licenciados en Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química ou Psicoloxía que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR), casos en que a data de fin de estudos deberá ser posterior ao 1 de xaneiro de 2000.

b) Tamén poderán presentar a súa solicitude aqueles titulados cuxa data de fin de estudos sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2000 e acrediten, entre esta data e o 1 de xaneiro de 2003, baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, ou que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo as súas expensas consorte, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

c) Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros universitarios privados españois deberán estar recoñecidos oficialmente. Para os efectos de solicitar unha axuda do Programa María Barbeito, considérase que o título está recoñecido cando o solicitante acredite ter sido admitido nun programa de doutoramento dunha universidade española mediante certificación da universidade correspondente.

3. Posuír unha media simple de expediente académico (segundo resolución do 15 de marzo de 2005, Diario Oficial de Galicia nº 57, do 23 de marzo) igual ou superior a 1,50 para os/as licenciados/as e de 1,00 para os/as titulados/as en estudos técnicos superiores. No caso de titulados/as en universidades non pertencentes ao SUG (Sistema Universitario de Galicia), a media simple de expediente académico será determinada polos servizos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación seguindo o establecido no protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos, publicado por Resolución do 15 de marzo de 2005 (Diario Oficial de Galicia nº 57, do 23 de marzo).

4. Estar oficialmente matriculado nun doutoramento e/ou terceiro ciclo de estudos universitarios oficiais e non teren transcorrido máis de dous anos desde a data de finalización dos estudos de posgrao oficial que dean acceso ao doutoramento ou -se for o caso- desde a data de finalización dos cursos académicos do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante. O límite de dous anos ampliarase a tres, se -durante ese período- se xustifica: baixa maternal, que se ten a cargo menores de tres anos e/ou que se teñen baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo as súas expensas consorte, fillos e ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%. A data de finalización dos cursos académicos do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante contabilizarase ata o día seguinte ao da

publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

5. Para o caso de alumnos de 3º ciclo regulados polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudos universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudos de posgrao (BOE nº 104, do 1 de maio de 1998), posuír o certificado de estudos avanzados ou estar en disposición de obter o mesmo, antes da data de inicio da axuda (1 de outubro).

6. Realizar a tese de doutoramento nun centro de investigación con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

7. Ter aprobado polo consello de departamento o correspondente proxecto de tese. Esta aprobación terá que se producir en data anterior ao 1 de outubro do 2007.

8. Non ter sido beneficiario destas axudas ou outras homologadas (bolsas predoutorais) en anteriores convocatorias, durante un período de nove meses ou superior.

Artigo 4º.-Duración dos contratos.

1. A duración dos contratos será dun máximo de dous anos, a desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2009).

2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, os contratos correspondentes ao Programa María Barbeito poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha convocatoria en que se recollan os requisitos e características desta.

Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados. A axuda concedida para cada contrato será de 20.440 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 20.440 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 80, que serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 2007, 2008 e 2009, de acordo coa seguinte distribución:

Anexo: I.

Tipo de axuda: Programa María Barbeito (nova adxudicación).

Nº prazas: 80.

Crédito:

Aplicación orzamentaria: *10.02.561B.444.0.

Anualidades:

Ano 2007: 408.800,0.

Ano 2008: 1.635.200,0.

Ano 2009: 1.226.400,0.

Ano 2010: 0,0.

Total €: 3.270.400,0.

* Aplicación orzamentaria cofinanciada nun 75% con FSE.

3. Estas cantidades poden ser obxecto dunha nova periodificación anual no caso de que, por razóns imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data do 1 de outubro de 2007 (que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007).

4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

5. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución da presente convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de 2007, nin posterior ao 31 de decembro de 2007.

Artigo 6º.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado RHS.MB-07/00 cuxa cara externa se publica como anexo XIII da presente orde, no prazo e forma sinalada nos artigos 2 e 3 das bases xerais da presente convocatoria, xunto coa seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países.

2. Certificación académica detallada (orixinal ou fotocopia compulsada) en que conste expresamente:

a) As cualificacións obtidas, as súas datas de obtención, o número de créditos e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia.

b) A media simple segundo protocolo de colaboración do SUG (resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, Diario Oficial de Galicia nº 57, do 23 de marzo), para os/as titulados/as en universidades do SUG. No caso de titulados por universidades non pertencentes ao SUG a media simple será determinada polos servizos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación seguindo o establecido no devandito protocolo de colaboración do SUG.

c) A data en que se finalizaron os estudos e constancia expresa de que as materias relacionadas constitúen o programa completo da titulación correspondente.

2.1. Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

2.2. No caso de estudos validados, deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudos de orixe.

2.3. Para os efectos de determinar a media do expediente académico, os que acceden ao 2º ciclo dunha titulación superior a través do curso de adaptación correspondente, por estar en posesión dun título de só 1º ciclo ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso ao 2º ciclo, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á titulación de 1º ciclo ou aos estudos de 1º ciclo realizados, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas a), b) e c) deste mesmo punto 2.

2.4. Os solicitantes que cursasen os seus estudos no estranxeiro e posúan certificación académica expedida en idioma distinto do español deberán acompañala da correspondente tradución oficial. En tales casos, ademais dos detalles xerais indicados nas alíneas a), b) e c) no punto 2 do presente artigo, a certificación indicará cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente e cal é a cualificación mínima para aprobar.

2.5. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar homologados na data de inicio do prazo de presentación das solicitudes.

3. As persoas que se acollan aos supostos previstos nas alíneas a) e b) do punto 2 e no punto 4 do artigo 3 do presente anexo, deberán acreditalo documentalmente.

4. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor, cunha extensión entre 2 e 4 folios, asinado polo interesado e co visto e prace do/a director/a, e no cal consten especificamente,polomenos, os seguintes aspectos:

a) Obxectivos e contidos básicos do traballo.

b) Estratexias específicas de análise e indagación a utilizar.

5. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, na cal conste:

a) A admisión do proxecto por parte do consello de departamento e do director do proxecto de tese e o nome do titor, no caso de que este, non sexa o director da tese.

b) No caso de que o solicitante vaia desenvolver a súa investigación nun centro de investigación diferente do departamento universitario que certifique a admisión do proxecto, na antedita certificación de admisión do proxecto deberá constar a autorización expresa de tal circunstancia. En tales casos, a certificación do departamento debe vir acompañada do correspondente escrito de aceptación do centro en que se vai desenvolver a investigación, asinada polo/a seu/súa responsable e na cal consten os seguintes datos: nome do centro, enderezo e institucións a que pertence.

Se ao finalizar o prazo de presentación da documentación o interesado aínda non dispón do certificado de admisión do proxecto de tese por parte do consello de departamento, presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro do ano da correspondente convocatoria.

6. Certificación académica detallada, orixinal ou fotocopia compulsada, en que conste -segundo corresponda-:

a) a superación do mínimo de 60 créditos de programas oficiais de posgrao necesarios para a admisión no doutoramento, segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro de 2005 (Diario Oficial de Galicia, de 21 de xaneiro). Na dita certificación deben constar as cualificacións correspondentes e a data de finalización.

b) a superación dos cursos académicos correspondentes ao primeiro ano do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante, coas cualificacións correspondentes e a data de finalización daqueles.

7. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais, declaración xurada do solicitante de non ter sido beneficiario destas axudas ou doutras homologadas por un período igual ou superior a 9 meses.

Artigo 7º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (instrución dos procedementos e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección de candidatos.

1. Comisión de selección: a selección de candidatos será efectuada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais da presente convocatoria.

2. Criterios xerais de selección: a selección farase en función dos méritos acreditados nos puntos 2 e 6 do artigo 6 do presente anexo I, empregando o baremo establecido no punto 3 do presente artigo. As solicitudes recibidas, agruparanse no correspondente ámbito de coñecemento dos cinco recoñecidos polo Consello de Coordinación Universitaria do Ministerio de Educación e Ciencia. A adscrición dos diferentes títulos universitarios oficiais e de validez en todo o territorio do estado español a estes ámbitos de coñecemento aparece recollida no anexo X da presente orde.

3. Baremo:

3.1. Expediente académico de 1º e 2º ciclo: media simple da titulación segundo protocolo de colaboración do SUG (resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, Diario Oficial de Galicia nº 57, do 23 de marzo), para os/as titulados/as en universidades do SUG.

3.2. Estudos de terceiro ciclo ou de programas oficiais de posgrao: media -segundo o caso- dos 20 créditos correspondentes aos cursos académicos do 1º ano do programa de doutoramento, ou media do mínimo de 60 créditos do programa oficial de posgrao que dea acceso ao doutorado. Utilizarase o seguinte baremo:

Cursos de doutoramento:

Cualificacións e puntos:

Sobresaínte: 3.

Notable: 2.

Aprobado: 1.

Programas oficiais de posgrao:

Cualificacións e puntos:

Matrícula de honra: 4.

Sobresaínte: 3.

Notable: 2.

Aprobado: 1.

3.3. A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da seguinte fórmula:

Media Final=( Media da titulación/MT x Media cursos doutoramento ou postgrado/ MTER ou MPOP)+C

Onde: MT representa a media das titulacións, MTER ou MPOP a media do 1º ano do terceiro ciclo ou -segundo corresponda- do programa oficial de posgrao, respectivamente, de cada un dos cinco ámbitos de coñecemento arriba indicados, obtidas a partir dos datos estatísticos existentes na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación correspondentes aos solicitantes admitidos nas últimas 3 convocatorias das antigas bolsas predoutorais e/ou do Programa María Barbeito. C (cun valor de 0,5 puntos) corresponde ao compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa administración autonómica.

4. Selección: os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa María Barbeito ordenaranse por orde decrecente de media final e adxudicaranse as axudas comezando polo candidato de maior puntuación. A comisión de selección elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non acadaron puntuación suficiente para seren adxudicatarios de axuda.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos de traballo en prácticas ou, na súa falta, de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo ao Programa María Barbeito da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.

* Tres pagamentos de periodicidade semestral, (correspondentes ao ano 2008 e 1º semestre do ano 2009), que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre ou período anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento de realizar a certificación.

* O pagamento do último trimestre ou do último período correspondente ao ano 2009 queda pendente ata a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No momento en que algún dos beneficiarios destas axudas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese, dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo, poderase autorizar, por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate do período para que se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 12º.-Renuncias e substitucións dos candidatos seleccionados e contratados.

1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+I, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

* Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.

* Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

* Ao representante legal no caso dos organismos da administración beneficiarios.

2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos nove meses a partir da data de resolución. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar alén da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.

Artigo 13º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa María Barbeito estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos seleccionados e contratados.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente e a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición.

Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos seleccionados e contratados.

Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Levar a cabo as actividades previstas nos seus programas de formación e especialización na investigación.

c) Cumprir os obxectivos do programa de formación e especialización con aproveitamento.

d) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

e) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación que expresamente se lles autorice.

f) Notificarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificarllo igualmente á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

g) O persoal investigador do Programa María Barbeito adscrito á universidade, poderá -por petición propia- dedicar ata un máximo de 60 horas durante o curso académico, á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 5 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo beneficiario das axudas das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador en formación, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Designar un titor co grao de doutor para a coordinación e orientación da actividade dos beneficiarios.

d) Velar polo adecuado desenvolvemento do programa de formación do beneficiario, sen que poida exixírselle a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida por esta durante o seu transcurso.

e) O persoal investigador en formación do Programa María Barbeito que desenvolva a súa actividade nunha universidade poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites establecidos nas presentes bases, sen que en ningún caso poida desvirtuarse a finalidade investigadora e formativa das axudas. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 60 horas anuais.

f) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos María Barbeito estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións de que goza o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO II

Programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes para a súa incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación).

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes para a súa incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia ten como obxectivo o de potenciar a acción de inserción de doutores recentes nas universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes que permitan o perfeccionamento da súa formación nos termos establecidos na presente convocatoria, entre os cales se inclúe que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a.

A presente convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva a concesión de axudas para a realización de contratos laborais de duración determinada destinados á incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, de investigadores doutores recentes, coa finalidade de potenciar a súa especialización.

Artigo 2º.-Beneficiarios das axudas e requisitos dos candidatos.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño as universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que:

a) Fomenten a contratación de persoal investigador doutor recente a través dun contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva o seu labor de investigación, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso se adecúan ao contido da solicitude de axuda,.

b) permitan que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia, distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para que ao final dos tres anos de duración dos contratos poidan cumprir o requisito de 24 meses de estadía en centros de investigación.

2. Establécese un máximo de 64 axudas coa seguinte distribución:

Destinatarios das axudas:

* 10.02.561A.440.0: OPI, entes e CEPIGA.

* 10.02.561A.443.2: fundacións públicas.

* 10.02.561A.480.1: institucións sen fin de lucro.

* 10.02.561B.444.0: as universidades do SUG.

Artigo 3º.-Requisitos dos candidatos.

Os candidatos á obtención dalgún dos contratos correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño deberán acreditar, con data límite en que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, o cumprimento dos seguintes requisitos:

1. Posuír calquera nacionalidade.

2. Estar en posesión do grao de doutor:

a) A data de obtención do grao de doutor debe ser posterior ao 1 de xaneiro do ano 2004. O prazo de 1 de xaneiro de 2004 ampliarase ao de 1 de xaneiro de 2003 naqueles casos en que neste acredite período baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, ou que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas consorte, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

b) No caso de que fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior. Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do grao de doutor, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada a que a dita homologación se conceda antes do prazo de inicio do contrato.

3. Contar coa aceptación por un departamento das universidades do SUG, unha institución non universitarias sen ánimo de lucro, e/ou organismo das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, mediante certificado emitido polo responsable do departamento universitario, da institución non universitaria sen ánimo de lucro ou organismo da administración pública ou entidade dependente.

4. Contar co compromiso do organismo público ou privado que avala a súa aceptación de que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para que ao final dos tres anos de duración dos contratos podan cumprir o requisito mínimo de 24 meses de estadía en centros de investigación. Aqueles períodos de estadías posdoutorais en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos daquel en que se acadase o grao de doutor/a, levados a cabo con antelación serán contabilizados para o mínimo establecido.

Artigo 4º.-Duración das axudas.

A duración das axudas para a contratación de doutores recentes do Programa Ángeles Alvariño será dun máximo de tres (3) anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración, a desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2010.

Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados. A axuda concedida para cada contrato será de 28.000 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 28.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 64, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007, 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

3. As cantidades indicadas poderán ser obxecto dunha nova periodificación anual no caso de que, por razóns imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data do 1 de outubro de 2007, que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007.

4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

5. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución da presente convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de 2007 nin posterior ao 31 de decembro de 2007.

6. Resolta a convocatoria correspondente ao presente anexo, a Consellería de Innovación e Industria fará unha convocatoria de axudas complementarias para estadías destinada aos beneficiarios dos contratos establecidos ao abeiro da axudas do programa Ángeles Alvariño.

Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e documentación requirida.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado RHS.AA-07/00 cuxa primeira folla se publica como anexo XIV á presente orde, no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 da bases xerais da presente convocatoria.

Na instancia de solicitude o candidato indicará o código da/s praza/s a que opta entre aquelas que figuran no anexo XI á presente orde, tendo en conta que como máximo, poderá solicitar 3 prazas correspondentes a unha única área temática ANEP.

As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación:

1. Para cada unha das prazas solicitadas, certificado de aceptación por un departamento das universidades do SUG, unha institución non universitaria sen ánimo de lucro, organismo das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, asinado polo responsable correspondente, no cal consten os seguintes datos:

a) Datos persoais do candidato (nome e apelidos e número do DNI) e data de aprobación da proposta de aceptación polo órgano colexiado correspondente.

b) Datos do destino/praza ofertada e para a cal se propón o candidato ou candidata a unha axuda do Programa Ángeles Alvariño e datos do/a doutor/a ou especialista que actuará como titor/a do plan de formación especializada nos termos establecidos na presente convocatoria.

c) Constancia expresa do compromiso do departamento (no caso das universidades) ou da institución non universitaria correspondente, da aceptación de que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel no que se acadase o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para acadar, ao final dos 3 anos de duración do contrato, o mínimo de 24 meses de estadía en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a.

d) No caso de departamentos das universidades, compromiso de inclusión no POD correspondente para, por petición do interesado, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais.

2. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países.

3. Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito grao e a data da súa obtención. No caso de título de doutor obtido no estranxeiro, fotocopia compulsada da homologación, ou da solicitude de homologación presentada ante o órgano competente.

4. Currículo do candidato formalizado no modelo oficial que figura na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria no enderezo http://www.conselleriaiei.org/. Unha vez cuberto o modelo deberá enviarse unha copia impresa e asinada polo interesado e copia del en CD, acompañada da seguinte documentación:

a) Documentos xustificativos correspondentes e da fotocopia simple dos méritos alegados no currículo (publicacións, relatorios, comunicacións, etc.).

b) De ser o caso, fotocopia compulsada dos documentos que acrediten a realización de estadías de investigación en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor. A acreditación da/s estadía/s de investigación farase mediante certificado/s do/s centro/s ou institución/s en que se levaron a cabo cada un dos períodos de estadía de investigación, debidamente asinado polo responsable do/s dito/s centro/s ou institución/s e no cal consten os seguintes datos:

* Centro e institución en que se levou a cabo cada un dos períodos de estadía.

* Data de inicio e finalización do/s período/s de estadía/s, indicando día, mes e ano (dd/mm/aa).

* Breve descrición da/s actividade/s de investigación levadas a cabo no período.

Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.

5. Memoria sobre o plan de investigación que desenvolverá o candidato, que deberá incluír o programa de formación teórico e experimental proposto co cronograma de actuacións ao longo dos tres anos de duración das axudas. A devandita memoria, dun mínimo de 5 folios e máximo de 10, deberá estar asinada polo interesado e co visto e prace do/a doutor/a que actuará como titor/a e do responsable do centro, departamento, etc. a que está/n adscrita/s a/s praza/s solicitadas.

6. Declaración expresa do candidato do compomiso de levar a cabo os períodos de estadía en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que acadase o grao de doutor/a, necesarios para acadar o mínimo de 24 meses ao longo do período de 3 anos de contrato.

7. As persoas que se acollan ao suposto establecido no número 2.a do artigo 3 do presente anexo, deberán acreditalo documentalmente.

8. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 das bases xerais.

Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e procederase por parte dos servizos da antedita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. Avaliación: A avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités, que abranguerán unha ou mais áreas ANEP, constituídos por expertos externos e designados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para os efectos da súa avaliación e tendo en conta á/s área/s ANEP e perfil/perfís da/s praza/s solicitada/s, as solicitudes recibidas agruparanse en comités que abranguerán unha ou mais áreas ANEP.

No proceso de avaliación das solicitudes os comités de expertos externos deberán ter en conta as seguintes consideracións:

1ª) Puntuar todos e cada un dos méritos alegados e debidamente xustificados polos candidatos en cada unha das epígrafes do currículo obxecto da avaliación segundo os aspectos indicados na alínea seguinte, dándolle especial relevancia ás contribucións feitas nos anos posteriores a acadar o grao de doutor/a.

2ª) Os comités valorarán, ata un máximo de 80 puntos, os seguintes aspectos:

1. Publicacións de carácter científico: máximo de 40 puntos.

1.1. Libros (con ISBN): ata un máximo de 40 puntos. A avaliación de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

1.2. Capítulos de libro (con ISBN): ata un máximo de 10 puntos. A avaliación de capítulos de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

1.3. Publicacións en revistas científicas: ata un máximo de 40 puntos.

-Tipo A (revistas que aparecen no Sciencie Citation Index, no Social Sciences Citation Index (SSCI) ou no Arts & Humanities Citation Index (AHCI): máximo 40 puntos.

-Tipo B (revistas de prestixio non catalogadas como tipo A, que empregan un proceso de revisión de artigos a través de censores externos): máximo 5 puntos.

-Tipo C (revistas de investigación non incluídas nos puntos anteriores): máximo 1 punto.

2. Proxectos, contratos de investigación e patentes: máximo de 30 puntos.

2.1. Participación en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos: máximo 30 puntos.

-Proxectos europeos e internacionais: máximo 30 puntos.

-Proxectos nacionais: máximo 10 puntos.

-Proxectos autonómicos: máximo 5 puntos.

2.2. Contratos de investigación: máximo 30 puntos.

-Contratos con empresas: máximo 30 puntos.

-Contratos coa Administración: máximo 10 puntos.

-Informes técnicos e outros: máximo 5 puntos.

2.3. Patentes rexistradas ou en explotación: máximo 10 puntos.

-En explotación: máximo 10 puntos.

-Rexistradas: máximo 5 puntos.

3. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 10 puntos.

3.1. Relatorios e comunicacións a congresos ou reunións científicas: máximo 5 puntos.

-Relatorios en congresos internacionais: máximo 5 puntos.

-Relatorios en congresos nacionais: máximo 2,5 puntos.

-Comunicacións en congresos internacionais: máximo 1 punto.

-Comunicacións en congresos nacionais: máximo 0,5 puntos.

3.2. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 5 puntos. Valoraranse aqueles outros méritos académico-científicos relacionados coa súa área temática e área de coñecemento, do máximo de 5 méritos desta epígrafe do curriculum sinalados polo solicitante.

2. Selección dos candidatos: realizada a avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos polos comités de expertos externos, a selección dos candidatos será efectuada pola comisión de selección establecida no artigo 9 da bases xerais da presente convocatoria, consonte o baremo seguinte:

1. Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 80 puntos.

2. A avaliación por parte da comisión de selección (máximo 20 puntos):

* Períodos de estadías de investigación en centros e institucións distintas daqueles en que se acadou o grao de doutor: ata 10 puntos.

* Compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa administración autonómica: 1 punto.

* Adecuación do curriculo do candidato ao perfil de cada praza solicitada segundo o indicado a seguir: ata 9 puntos.

Adecuación e puntuación:

Discutible: 1.

Aceptable: 3.

Boa: 5.

Notable: 7.

Excelente: 9.

3. Os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño ordenaranse por orde decrecente de puntos e adxudicaranse as axudas, comezando polo candidato e praza de maior puntuación.

4. A comisión elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non acadaron puntuación suficiente para seren adxudicatarios de axuda.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10.º-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Os contratos terán unha duración máxima de 3 anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, (que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2010).

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo ao Programa Ángeles Alvariño da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) A data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período que corresponda ao ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos. O devandito período comezará a contabilizarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.

* Dous pagamentos de periodicidade anual, correspondentes aos anos 2008, 2009 e un pagamento correspondente ao primeiro semestre do ano 2010, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao período anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2010) queda pendente ata a certificación polas institucións ou entidades beneficiarias na que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao período anterior, a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación e xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou, o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986 do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 12º.-Renuncias e substitucións dos candidatos seleccionados e contratados.

1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixida ao Director xeral de I+D+I, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

* Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación ou cargo equivalente, no caso das universidades.

* Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

* Ao representante legal no caso dos organismos da Administración, beneficiarios.

2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicarlles a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos nove meses a partir da data de resolución destas axudas. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar alén da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.

Artigo 13º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa Ángeles Alvariño estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.

Os beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozaren dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

d) Levar a cabo, ao longo dos 3 anos de duración do contrato, os períodos de estadías de investigación necesarios para acadar o mínimo establecido de 24 meses.

e) Informar a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación de cada un dos períodos de estadía que se leven a cabo, achegando:

* Antes do inicio de cada período de estadía que se vaia levar a cabo, unha breve memoria do plan de formación (mínimo 2 folios e máximo de 3), asinada polo interesado e co visto e prace do/a doutor/a que actuará como titor/a e do responsable do centro, departamento, etc. ao que está/n adscrita/s a/s praza/s solicitadas, e acompañada da seguinte documentación:

-Informe de aceptación do centro (orixinal ou copia cotexada) a que o candidato ou candidata pretende acudir, debidamente asinado polo responsable del, e no cal consten expresamente os seguintes datos:

o Datos do investigador-titor do centro receptor responsable do plan de formación durante o período de estadía do candidato ou candidata.

o Data de inicio e finalización do período de estadía, indicando día, mes e ano (dd/mm/aa).

-Certificado da autorización (orixinal ou copia cotexada) para a realización da estadía de investigación pola universidade ou institución correspondente, asinado polo/a vicerreitor/a con competencias (no caso das universidades) ou responsable competente no caso doutras institucións beneficiarias.

* Unha vez finalizado cada un dos períodos de estadía, certificado (orixinal ou copia cotexada) do centro ou institución en que se levou a cabo a estadía, asinado polo investigador-titor do centro receptor responsable do plan de formación durante o período de estadía, no cal conste expresamente:

-Data de inicio e fin do período de estadía levada a cabo (dd/mm/aa).

-Breve descrición das tarefas levadas a cabo.

f) Os investigadores contratados ao abeiro do disposto nesta orde que desenvolvan a súa actividade nunha universidade poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes; neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais. O departamento implicado, se é o caso, documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador do programa Angeles Alvariño, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Ángeles Alvariño estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) Permitirlle levar a cabo os períodos de estadía de investigación que se indican na alínea d) do artigo 15 do presente anexo.

e) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar -por petición propia- colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

ANEXO III

Programa Isidro Parga Pondal de axudas a contratación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación).

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa Isidro Parga Pondal é contribuír a superar o déficit de recursos humanos que padece o sistema de I+D en Galicia a través do apoio á inserción, en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, de doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros.

A presente convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva a concesión de axudas para a realización de contratos laborais de duración determinada, destinados á incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, de investigadores doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros.

Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal as universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro, organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, empresas ou entidades empresariais con sede en Galicia que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que:

a) Oferten, na presente convocatoria, prazas destinadas a contratos de persoal investigador doutor do Programa Isidro Parga Pondal seleccionados segundo o proceso establecido no presente anexo.

b) Fomenten a contratación de persoal investigador doutor seleccionado a través da presente convocatoria do Programa Isidro Parga Pondal mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva o seu labor de investigación, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que se deriven del, e que en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

2. Establécense as seguintes modalidades de axudas:

Modalidade e destinatarios das axudas:

* Modalidade A:

-10.02.561A.440.0: OPI, entes e CEPIGA.

-10.02.561A.443.2: fundacións públicas.

-10.02.561A.480.1: institucións sen fin de Lucro.

-10.02.561B.444.0: as universidades do SUG.

* Modalidade B:

-10.02.561A.470.0: empresas con sede en Galicia.

-10.02.561A.441.1: sociedades mercantís.

Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.

Os candidatos á obtención dalgún dos contratos correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal deberán acreditar, con data límite en que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, o cumprimento dos seguintes requisitos:

1. Posuír calquera nacionalidade.

2. Estar en posesión do grao de doutor e que este fose acadado en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 1997 e anterior ao 1 de xaneiro de 2005. O prazo do 1 de xaneiro de 1997 ampliarase ao do 1 de xaneiro de 1996 naqueles casos en que no dito período se acredite baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, ou que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas consorte, fillos e ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

a) Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.

b) No caso de que o título fose obtido no estranxeiro, deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, de 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior.

3. Ter realizadas estadías de investigación en universidades ou en centros de investigación distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor, durante un período mínimo de 24 meses despois de ter acadado o grao de doutor. No caso de OPI requirirase que a estadía se realizase nun centro distinto daquel en que se realizou a tese de doutoramento.

4. Non ter sido beneficiario, por un período superior a 9 meses, dun contrato do Programa Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilable como consecuencia de anteriores convocatorias.

Artigo 4º.-Duración dos contratos.

1. A duración dos contratos será dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2010.

2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, os contratos correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha convocatoria en que se recollan os requisitos e características desta.

Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas o financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados. A axuda concedida para cada contrato será de 36.000,00 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 36.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. Dependendo da modalidade da axuda, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación financiará o custo dos contratos de acordo coas porcentaxes que figuran na táboa seguinte, e en función das actividades para as cales se solicita a axuda.

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

4. As cantidades indicadas poderán ser obxecto dunha nova periodificación anual no caso de que, por causas imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data de 1 de outubro de 2007, que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007.

5. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

6. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución da presente convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de 2007, nin posterior ao 31 de decembro de 2007.

Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado RHS.IPP-07/00 cuxa folla externa se publica como anexo XV á presente orde, no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais da presente convocatoria.

Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de prioridade descendente, o código das prazas a que opta, entre aquelas que figuran no anexo XII á presente orde, tendo en conta que como máximo poderá solicitar 3 prazas que non poderán corresponder a máis de dúas áreas temáticas ANEP.

As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países.

2. Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito grao e a data da súa obtención. No caso de título de doutor obtido no estranxeiro, fotocopia compulsada da homologación, ou da solicitude de homologación presentada ante o órgano competente.

3. Fotocopia compulsada dos documentos que acrediten a realización de estadías de investigación en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor. A acreditación da/s estadía/s de investigación farase mediante certificado/s (orixinal ou copia cotexada) do/s centro/s ou institución/s na/s que se levaron a cabo cada un dos períodos de estadía de investigación, debidamente asinado polo responsable do/s dito/s centro/s ou institución/s e no cal consten os seguintes datos:

* Centro e institución na que se levou a cabo cada un dos períodos de estadía.

* Data de inicio e finalización do/s período/s de estadía/s, indicando día, mes e ano (dd/mm/aa).

* Breve descrición da/s actividade/s de investigación levadas a cabo no período.

4. Currículo do candidato formalizado no modelo oficial que figura na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria no enderezo http://www.conselleriaiei.org/ . Unha vez cuberto o modelo e acompañado dos documentos xustificativos correspondentes e fotocopia simple dos méritos alegados no currículo (publicacións, relatorios, comunicacións, etc.) deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria:

i. Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo interesado.

ii. Unha copia del en CD.

Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.

5. As persoas que se acollan ao suposto establecido no punto 2 do artigo 3 do presente anexo, deberán acreditalo documentalmente.

6. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais, declaración xurada do solicitante de non ter sido beneficiario destas axudas ou doutras homologadas, por un período igual ou superior a 9 meses.

Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. Avaliación: A avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités, que abranguerán unha ou mais áreas ANEP, constituídos por expertos externos e designados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para os efectos da súa avaliación e tendo en conta a/s área/s ANEP e perfil/perfís da/s praza/s solicitada/s, as solicitudes recibidas agruparanse en comités que abranguerán unha ou máis áreas ANEP.

No proceso de avaliación das solicitudes os comités de expertos externos deberán ter en conta as seguintes consideracións:

1ª) Puntuar todos e cada un dos méritos alegados e debidamente xustificados polos candidatos en cada unha das epígrafes do curriculo obxecto da avaliación, dándolle especial relevancia ás contribucións feitas nos últimos tres anos.

2ª) Os comités valorarán, ata un máximo de 90 puntos, os seguintes aspectos:

1. Publicacións de carácter científico: máximo 40 puntos.

1.1. Libros (con ISBN): máximo 40 puntos. A avaliación de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

1.2. Capítulos de libro (con ISBN): máximo 10 puntos. A avaliación de capítulos de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.

1.3. Publicacións en revistas científicas: máximo 40 puntos.

-Tipo A (revistas que aparecen no Sciencie Citation Index, no Social Sciences Citation Index (SSCI) ou no Arts & Humanities Citation Index (AHCI): máximo 40 puntos.

-Tipo B (revistas de prestixio non catalogada como tipo A, que empregan un proceso de revisión de artigos, a través de censores externos): máximo 5 puntos.

-Tipo C (revistas de investigación non incluídas nos puntos anteriores): máximo 1 punto.

2. Proxectos, contratos de investigación e patentes: máximo 30 puntos.

2.1. Participación en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos: máximo 30 puntos.

-Proxectos europeos ou internacionais: máximo 30 puntos.

-Proxectos nacionais: máximo 10 puntos.

-Proxectos autonómicos: máximo 5 puntos.

2.2. Contratos de investigación: máximo 30 puntos.

-Contratos con empresas: máximo 30 puntos.

-Contratos coa administración: máximo 10 puntos.

-Informes técnicos e outros: máximo 5 puntos.

2.3. Patentes rexistradas ou en explotación: máximo 10 puntos.

-En explotación: máximo 10 puntos.

-Rexistradas: máximo 5 puntos.

3.-Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 20 puntos.

3.1.-Estadías posdoutorais en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor/a: máximo 5 puntos.

-Os comités de expertos só deberán ter en consideración a relevancia científica da/s actividade/s investigadora/s, relacionadas coa área temática e área de coñecemento, levada/s a cabo durante os períodos de estadía.

3.2. Relatorios e comunicacións a congresos ou reunións científicas: máximo 2,5 puntos.

-Relatorios en congresos internacionais: máximo 2,5 puntos.

-Relatorios en congresos nacionais: máximo 1,5 puntos.

-Comunicacións en congresos internacionais: máximo 1 punto.

-Comunicacións en congresos nacionais: máximo 0,5 puntos.

3.3. Teses de doutoramento dirixidas: máximo 10 puntos.

-Teses dirixidas: máximo 10 puntos.

-Teses codirixidas: máximo 5 puntos.

3.4. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 2,5 puntos. Valoraranse aqueles outros méritos académico-científicos relacionados coa súa área temática e área de coñecemento, do máximo de 5 méritos desta epígrafe do currículo sinalados polo solicitante.

2. Selección dos candidatos: realizada a avaliación polos comités de expertos externos, a selección dos candidatos será efectuada pola comisión de selección establecida no artigo 9 da bases xerais da presente convocatoria, consonte o baremo seguinte:

1. Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 90 puntos.

2. A avaliación por parte da comisión de selección (máximo 10 puntos):

* Compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa administración autonómica: 1 punto.

* Adecuación do currículo do candidato ao perfil de cada unha da/s praza/s solicitada/s segundo o indicado a seguir: máximo 9 puntos.

Adecuación e puntuación:

Discutible: 1.

Aceptable: 3.

Boa: 5.

Notable: 7.

Excelente: 9.

3. Os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal ordenaranse por orde decrecente de puntos, e adxudicaranse as axudas comezando polo candidato e praza de maior puntuación.

4. A comisión, elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non acadaron puntuación suficiente para seren adxudicatarios de axuda.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo ao Programa Isidro Parga Pondal da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, o seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) A data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período que corresponda do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos. O devandito período comezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.

* Dous pagamentos de periodicidade anual, correspondentes aos anos 2008, 2009 e un pagamento correspondente ao primeiro semestre do ano 2010, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2010) queda pendente ata a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior, a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación e a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como cos contratos derivados do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 12º.-Renuncias e substitucións dos candidatos seleccionados e contratados.

1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao Director xeral de I+D+I, nun prazo máximo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

* Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.

* Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

* Ao representante legal no caso dos organismos da Administración, beneficiarios.

2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza durante os primeiros nove meses de contrato. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar alén da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.

Artigo 13º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa Parga Pondal estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.

Os beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozarrendos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Parga Pondal teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación que expresamente se lles autorice.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar -por petición propia- colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 120 horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

ANEXO IV

Programa Lucas Labrada de axudas ao fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación).

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa Lucas Labrada é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, tanto do sector público como do privado, e mellorar a capacidade tecnolóxica das empresas, mediante o apoio á formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

A presente convocatoria establece as bases que regulan, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva a concesión de axudas a organismos públicos e privados de investigación para a realización de contratos laborais de duración determinada, destinados á tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i coa finalidade de fortalecer a súa formación e especialización nos organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.

1. Poderán ser solicitantes e beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada os centros de I+D que se indican no punto seguinte, que fomenten a contratación de titulados de FP de grao superior, titulados universitarios de só 1º ciclo ou titulados universitarios de 1º e 2º ciclo, mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o persoal seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva o seu labor como tecnólogo ou axente de innovación e xestión de proxectos de I+D+i, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

2. Para os efectos das axudas previstas no presente anexo, enténdese por centros de I+D:

a) Equipos/grupos de investigación das universidades do SUG, dos organismos públicos de investigación (OPI), entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Cepiga), recoñecidos como tales pola súa universidade, organismo ou ente de orixe e cunha composición mínima de 3 doutores, dos cales un debe ter vinculación permanente á universidade, organismo ou ente.

b) Os servizos centrais de investigación das universidades do SUG.

c) Os centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se indican:

* Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia:

-Centro de Innovación e Servizos-CIS Tecnoloxía e Deseño.

-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).

-Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

* Centro Tecnolóxico Armando Priegue (Aimen).

* Centro Tecnolóxico da Carne.

* Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (Anfaco-Cecopesca).

* Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

* Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

* Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (Ctag).

* Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga).

* Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec).

* Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.

* Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia.

d) Os organismos autónomos e outros entes públicos da CC.AA. de Galicia.

e) As institucións sen fin de lucro.

f) As empresas, (calquera que sexa o seu réxime xurídico, que estean válida e totalmente constituídas no momento de presentación da solicitude de axuda) e os empresarios individuais, (agás os traballadores autónomos), con capacidade ou actividade demostradas en accións de I+D ou de transferencia de resultados de investigación, e que teñan a súa sede en Galicia. Para os efectos da presente orde, intégranse neste concepto as empresas públicas, as sociedades mercantís públicas e os entes públicos empresariais que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación.

Dentro do concepto de empresa diferencianse as pequenas e medianas empresas, que, pola súa vez, se definen e subdividen como se indica a continuación:

1. Pemes: entenderase por tales, de acordo coa recomendación da Comisión de 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE L 124, do 20 de maio de 2003), as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

-Ocupar menos de 250 persoas.

-Ter un volume de negocio anual que non exceda os 50 millóns de euros ou un balance anual que non exceda 43 millóns de euros.

Para o cálculo dos efectivos e os importes financeiros mencionados observarase o disposto na recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003.

2. Na categoría PEME defínese unha pequena empresa como aquela que ocupa menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual ou cun balance xeral anual que non supera os 10 millóns de euros, computándose os límites de acordo coa recomendación da comisión antes indicada.

3. Na categoría PEME defínese unha microempresa como aquela que ocupa menos de 10 persoas e cun volume de negocios anual ou cun balance xeral anual que non supera os 2 millóns de euros, computándose os límites de acordo coa recomendación da Comisión antes indicada.

2. Establécense as seguintes modalidades de axudas:

Destinatarios das axudas.

Modalidade A:

* Equipos/grupos de investigación do SUG.

* Equipos/grupos das OPI (CSIC, IEO).

Modalidade B:

* Organismos autónomos.

* Entes públicos.

* Centros tecnolóxicos de Galicia.

* Institucións sen fin de lucro.

* Servizos centrais de investigación das universidades.

Modalidade C:

* Empresas con sede en Galicia.

* Sociedades mercantís públicas de Galicia.

Artigo 3º.-Requisitos dos tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D propostos.

Os candidatos propostos polas entidades solicitantes para a obtención dalgún dos contratos correspondentes ás axudas do Programa Lucas Labrada deberán cumprir, con data límite en que coincida coa data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

1. Posuír calquera nacionalidade.

2. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos e que fose acadado en data posterior ao 1 de xaneiro de 2005:

a) Título de formación profesional de grao superior.

b) Título universitario de só 1º ciclo.

c) Título universitario de 1º e 2º ciclo.

2.1. O prazo do 1 de xaneiro de 2005 ampliarase ao do 1 de xaneiro de 2004 naqueles casos en que no dito período se acredite baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, ou que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas consorte, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

2.2. No caso de títulos de formación profesional, universitarios de 1º ciclo e de 1º e 2º ciclo obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar recoñecidos oficialmente.

3. Non ter mantida relación contractual coa entidade solicitante en data anterior ao 1º de xaneiro do ano da convocatoria.

Artigo 4º.-Duración das axudas.

As axudas para fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo ao Programa Lucas Labrada terán unha duración máxima de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración, que se desenvolverá nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2009.

Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas o financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados. A axuda concedida para cada contrato e ano, incluíndo nese importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais, será a seguinte:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1º ciclo: 18.000 €/ano.

b) Titulados/as universitarios superiores: 21.000 €/ano.

As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda.

2. Dependendo da modalidade da axuda e da titulación exixida, a Dirección Xeral de I+D+i financiará para todas as anualidades da axuda o custo dos contratos de acordo coas seguintes porcentaxes, e os centros beneficiarios deberán cofinanciar a porcentaxe restante segundo a táboa seguinte:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

Non obstante, na modalidade destinada a empresas, o importe das axudas concedidas en ningún caso poderá ser de tal contía que supere a intensidade de axuda indicada e aplicable de acordo co establecido no marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, 30 de decembro de 2006).

3. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 57, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007, 2008, 2009 e 2010 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

Na modalidade destinada a empresas, o importe das axudas concedidas en ningún caso poderá ser de tal contía que supere a intensidade de axuda indicada e aplicable de acordo co establecido no marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, 30 de decembro de 2006).

3. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior as indicadas no punto 1 do presente artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

4. O número máximo de contratos de custo máis alto que poderán financiarse é de 83, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007, 2008 e 2009 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

5. As cantidades indicadas poderán ser obxecto dunha nova periodización anual no caso de que, por causas imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data do 1 de outubro de 2007, que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007.

6. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

7. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución da presente convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de 2007 nin posterior ao 31 de decembro de 2007.

Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

Os centros de I+D que desexen participar nesta convocatoria presentarán a correspondente solicitude, no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 da bases xerais da presente convocatoria. Para tal efecto, deberán:

Primeiro.-Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado RHS.LL-07/00 cuxa folla externa se publica como anexo XVI á presente orde, que contén os seguintes puntos:

1. Datos de identificación da entidade solicitante e os relativos á notificación.

2. Datos sobre o perfil e características básicas de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D que se van contratar, indicando os datos correspondentes ao centro ou centros a que se incorporarán.

3. No caso de equipos/grupos de investigación (modalidade A), certificación do organismo correspondente que acredite o cumprimento do requisito establecido no número 2.a) do artigo 2 do presente anexo.

4. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais da presente orde.

Segundo.-Xunto co formulario de solicitude deberán xuntar a memoria descritiva da entidade solicitante, que inclúe, segundo a modalidade de que se trate, os seguintes puntos:

Modalidade A:

1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios) ou compoñente por méritos investigadores (quinquenio) -no caso do CSIC-, indicando datos persoais e número de tramos de investigación (sexenios / quinquenios) por doutor/a.

2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas nos últimos 6 anos (do 1-1-2001 a 31-12-2006), indicando datos do doutorando, data de lectura e aprobación da tese e director desta.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais nos cales os investigadores do grupo fosen investigadores principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas -adquisición de material científico-), e ingresos acadados.

4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems:

4.1. Contratos con empresas e/ou entidades públicas e ingresos acadados durante o período 2001-2006.

4.2. Patentes rexistradas e en explotación no período 2001-2006.

Modalidade B:

1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal do centro ou empresa.

2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período comprendido entre o 1-1-2001 e o 31-12-2006.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais nos cales os investigadores do centro fosen investigadores principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas-adquisición de material científico-).

4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida en función patentes rexistradas e en explotación no período 2001-2006.

Modalidade C:

1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal da empresa.

2. Esforzo económico en I+D+i: medido a partir da porcentaxe de investimentos en I+D+i en función do volume de facturación no período 1-1-2001-31-12-2006.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos, no período de referencia en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais nos que os investigadores do centro, empresas, etc, fosen investigadores principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas-adquisición de material científico).

4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida a partir dos seguintes ítems:

4.1. Persoal adcrito ao departamento ou laboraotrio de I+D.

4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación no período 2001-2006.

Terceiro.-Ademais, presentarán a seguinte documentación adicional:

A. Documentación adicional relativa á persoa que se vai contratar:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países.

2. Fotocopia compulsada do título correspondente (FP, universitario) ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito título e -de ser o caso- de que o mesmo estea recoñecido oficialmente, e a data da súa obtención.

3. As persoas que se acollan ao suposto establecido no número 2.1 do artigo 3 do presente anexo (baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, ou que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas consorte, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%), deberán acreditalo documentalmente.

4. Certificado de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

5. Currículo do candidato formalizado no modelo oficial que figura na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria no enderezo http://www.conselleriaiei.org/. Unha vez cuberto o modelo e acompañado dos documentos xustificativos correspondentes e fotocopia simple dos méritos alegados no currículo (publicacións, relatorios, comunicacións, etc.) deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria:

i. Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo interesado.

ii. Unha copia del en CD.

6. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que se vai realizar polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, indicando as tarefas que desenvolverá este. Deberase xuntar unha memoria por cada un dos candidatos propostos.

7. Acordo de incorporación entre o centro de I+D e o tecnólogo, axente de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos. Deberá xuntarse un acordo de incorporación para cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos.

B. Declaración responsable do representante legal da entidade solicitante de que o candidato ou candidatos propostos non mantiveran relación contractual coa dita entidade en data anterior ao 1º de xaneiro de 2007.

C. Documentación adicional referida á entidade solicitante (só no caso de centros tecnolóxicos privados ou empresas):

a) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

b) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

c) Unha copia compulsada do poder bastante con que actúa o representante legal da entidade solicitante.

d) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.

e) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións , se é o caso, da persoa xurídica que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

f) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa.

Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procederase por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. O proceso de avaliación e selección das solicitudes será levada a cabo pola comisión de selección indicada no artigo 9 (Avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais da presente convocatoria. No proceso de avaliación das solicitudes a comisión poderá contar -de consideralo necesario- co apoio de expertos externos. No dito proceso valoraranse, ata un máximo de 100 puntos, os seguintes aspectos:

A. Memoria descritiva da entidade solicitante, (segundo as modalidades que se indican): ata un máximo de 90 puntos.

1. Modalidade A.

A1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios/quinquenios-CSIC-): máximo 25 puntos.

* Por doutor/a sen sexenios: 0,10 puntos.

* Por doutor/a con 1 sexenio/quinquenio: 0,50 puntos.

* Por doutor/a con 2 sexenios/quinquenios: 1,50 puntos.

* Por doutor/a con M 3 sexenios/quinquenios: 3,00 puntos.

A2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas nos últimos 6 anos (do 1-1-2001 ao 31-12-2006): máximo 15 puntos.

* Por tese de doutoramento lida e dirixida: 0,50 puntos.

A3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, nos cales os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxetos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

A4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 25 puntos):

A4.1. Ingresos acadados durante o período 2001-2006 por contratos con empresas e/ou entidades públicas: máximo 25 puntos.

* Por cada tramo de 12.000 € (sen IVE): 0,15 puntos.

A4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

2. Modalidade B.

B1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal do centro: máximo 20 puntos.

* Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 ptos./ titulado.

* Doutores/as: 1,25 ptos./doutor/a.

B2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período 1-1-2001 ao 31-12-2006: máximo 35 puntos.

* Ingresos I+D+i mediante financiamento privado: máximo 25 puntos.

-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.

* Ingresos I+D+i mediante financiamento público: máximo 10 puntos.

-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.

B3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, nos cales os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

B4. Patentes rexistradas ou en explotación: (máximo 10 puntos):

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

3. Modalidade C.

C1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal da empresa: máximo 20 puntos.

* Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 puntos/titulado.

* Doutores/as: 1,25 puntos/doutor/a.

C2. Esforzo económico da empresa en I+D+i: medido a partir da porcentaxe de investimentos en I+D en función do volume de facturación no período 1-1-2001 ao 31-12-2006: máximo 25 puntos.

C3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, nos que os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxetos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

C4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 20 puntos):

C4.1. Persoal adscrito ao departamento ou laboratorio de I+D: máximo 10 puntos.

C4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

B) Outros aspectos: ata un máximo de 10 puntos.

1. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade a realizar polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro: máximo 9 puntos.

2. Compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica: 1 punto.

2. As solicitudes de axudas ordenaranse por orde decrecente de puntuación e adxudicaranse as axudas, comezando pola de maior puntuación. A comisión poderá acordar a adxudicación dun mínimo de axudas para cada centro de I+D solicitante. Para a adxudicación do resto das axudas seguirase a orde decrecente de puntuación ata esgotar as previsións orzamentarias destinadas ao Programa Lucas Labrada.

3. A comisión, en previsión de posibles renuncias e/ou substitucións, poderá elaborar unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán as solicitudes que non son adxudicatarias de axuda ou -de ser o caso- non acadaron a puntuación mínima necesaria.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán, de ser o caso, á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo ao Programa Lucas Labrada da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, a seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período que corresponda do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos.

* Dous pagamentos de periodicidade semestral, correspondentes aos anos 2008 e 1º semestre do ano 2009, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2009) queda pendente ata a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.

Os contratos realizados ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como cos contratos derivados do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986 do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 12º.-Renuncias e substitucións do persoal contratado.

1. No caso de que a persoa contratada ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada cese na súa vinculación laboral nos termos especificados na resolución de concesión da axuda, a entidade beneficiaria poderá solicitar ante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e de maneira xustificada a incorporación dun novo candidato ou candidata, na seguintes condicións:

a) O candidato ou candidata proposto/a deberá cumprir os mesmos requisitos de titulación que o candidato seleccionado inicialmente.

b) O período de tempo transcorrido desde a baixa da persoa contratada inicialmente e a alta da segunda non poderá exceder un mes.

c) No caso de aceptación do novo candidato ou candidata por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, o novo contrato deberá presentarse no prazo dun mes desde a baixa da persoa contratada inicialmente. Transcorrido o prazo sinalado sen que se presentase o novo contrato, procederase á cancelación da axuda pendente de executarse.

2. A substitución da persoa contratada inicialmente non implicará unha modificación da duración, contía e condicións iniciais da axuda.

Artigo 13º.-Interrupcións.

O persoal contratado ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.

Os candidatos e candidatas contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozaren dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación que expresamente se lles autoricen.

Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas do presente anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na presente convocatoria.

b) Formalizar un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración -como mínimo- igual á do período para o cal se concede a axuda establecido na resolución de concesión.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos Lucas Labrada estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO V

Programa Isabel Barreto de axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación).

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa Isabel Barreto é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, tanto do sector público como do privado, e mellorar a capacidade tecnolóxica das empresas, mediante o apoio á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

A presente convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva, a concesión de axudas a organismos públicos e privados de investigación para a realización de contratos laborais de duración determinada e destinados á incorporación neles de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i coa finalidade de fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D.

Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.

1. Poderán ser solicitantes e beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto os centros de I+D que se indican no punto seguinte, que fomenten a contratación de titulados de FP de grao superior, titulados universitarios de só 1º ciclo, titulados universitarios de 1º e 2º ciclo e doutores, mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o persoal seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolvan o seu labor como tecnólogos ou axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

2. Para os efectos das axudas previstas no presente anexo, enténdese por centros de I+D:

a) Equipos/Grupos de investigación das universidades do SUG, dos organismos públicos de investigación (OPI), entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Cepiga), recoñecidos como tales pola súa universidade, organismo ou ente de orixe e cunha composición mínima de 3 doutores, dos cales un debe ter vinculación permanente á universidade, organismo ou ente.

b) Os servizos centrais de investigación das universidades do SUG.

c) Os Centros Tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia:

* Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia:

-Centro de Innovación e Servizos-CIS Tecnoloxía e Deseño.

-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).

-Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

* Centro Tecnolóxico Armando Priegue (Aimen).

* Centro Tecnolóxico da Carne.

* Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (Anfaco-Cecopesca).

* Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

* Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

* Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (Ctag).

* Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga).

* Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec).

* Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.

* Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia.

d) Os organismos autónomos e outros entes públicos da CC. AA. de Galicia.

e) As institucións sen fin de lucro.

f) As empresas, (calquera que sexa o seu réxime xurídico, que estean válida e totalmente constituídas no momento de presentación da solicitude de axuda) e os empresarios individuais, (agás os traballadores autónomos), con capacidade ou actividade demostradas en accións de I+D ou de transferencia de resultados de investigación, e que teñan a súa sede en Galicia. Para os efectos da presente orde, intégranse neste concepto as empresas públicas, as sociedades mercantís públicas e os entes públicos empresariais que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación.

Dentro do concepto de empresa diferéncianse as pequenas e medianas empresas, que, pola súa vez, se definen e subdividen como se indica a seguir:

1. Pemes: entenderase por tales, de acordo coa Recomendación da Comisión de 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE L 124, do 20 de maio de 2003), as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

-Ocupar menos de 250 persoas.

-Ter un volume de negocio anual que non exceda 50 millóns de euros ou un balance anual que non exceda 43 millóns de euros.

Para o cálculo dos efectivos e os importes financeiros mencionados observarase o disposto na recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003.

2. Na categoría PEME defínese a unha pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual ou cun balance xeral anual que non supera os 10 millóns de euros, computándose os límites de acordo coa recomendación da comisión antes indicada.

3. Na categoría PEME defínese unha microempresa como aquela que ocupa menos de 10 persoas e cun volume de negocios anual ou cun balance xeral anual que non supera os 2 millóns de euros, computándose os límites de acordo coa recomendación da comisión antes indicada.

4. Establécense as seguintes modalidades de axudas:

Modalidade e destinatarios das axudas.

Modalidade A:

* Equipos/grupos de investigación do SUG.

* Equipos/grupos das OPI (CSIC, IEOs).

Modalidade B:

* Organismos autónomos.

* Entes públicos.

* Centros tecnolóxicos de Galicia.

* Institucións sen fin de lucro .

* Servizos centrais de investigación das universidades.

Modalidade C:

* Empresas con sede en Galicia.

* Sociedades mercantís públicas de Galicia.

Artigo 3º.-Requisitos dos tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D.

Os candidatos propostos polas entidades solicitantes para a obtención dalgún dos contratos correspondentes ás axudas do Programa Isabel Barreto deberán cumprir, con data límite na cal coincida co inicio do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

1. Posuír calquera nacionalidade.

2. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos e que fose acadado en data anterior ao 1 de xaneiro de 2005.

a) Título de formación profesional de grao superior.

b) Título universitario de só 1º ciclo.

c) Título universitario de 1º e 2º ciclo.

d) Título de doutor.

2.1. No caso do título de doutor, entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.

2.2. No caso de que o título de doutor/a fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e convalidación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior.

2.3. No caso de títulos de formación profesional, universitarios de 1º ciclo e de 1º e 2º ciclo obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar recoñecidos oficialmente.

3. Contar cunha experiencia profesional mínima de 24 meses de duración como tecnólogo/a, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D. A devandita experiencia certificarase mediante certificado de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, ademais, certificado de empresa ou copia cotexada dos contratos de traballo (onde se indique a categoría desempeñada).

Artigo 4º.-Duración das axudas.

1. As axudas para fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo ao Programa Isabel Barreto terán unha duración máxima de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración, a desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de decembro de 2009.

2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, as axudas e contratos correspondentes ao Programa Isabel Barreto poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha convocatoria na que se contemplen os requisitos e características desta.

Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados. A axuda concedida para cada contrato e ano, incluíndo nese importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais, será a seguinte:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1º ciclo: 24.000 €/ano.

b) Titulados/as universitarios superiores: 31.000 €/ano.

c) Doutores/as: 36.000 €/ano.

As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda.

2. Dependendo da modalidade da axuda e da titulación exixida, a Dirección Xeral de I+D+i financiará para todas as anualidades da axuda o custo dos contratos de acordo coas seguintes porcentaxes, e os centros beneficiarios deberán cofinanciar a porcentaxe restante segundo a táboa seguinte:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

Na modalidade destinada a empresas, o importe das axudas concedidas en ningún caso poderá ser de tal contía que supere a intensidade de axuda indicada e aplicable de acordo co establecido no marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, 30 de decembro de 2006).

3. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 do presente antigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

4. O número máximo de contratos de custo máis alto que poderán financiarse é de 67, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007, 2008 e 2009 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

5. As cantidades indicadas poderán ser obxecto dunha nova periodificación anual no caso de que, por causas imputables ao órgano xestor, os contratos se inicien con posterioridade á data do 1 de outubro de 2007, que en todo caso terá que ser anterior ao 31 de decembro de 2007.

6. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

7. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución da presente convocatoria, que non será anterior ao 1 de outubro de 2007, nin posterior ao 31 de decembro de 2007.

Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

Os centros de I+D que desexen participar nesta convocatoria presentarán a correspondente solicitude, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º da bases xerais da presente convocatoria. Para tal efecto deberán:

Primeiro.- Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado RHS.IB-07/00 cuxa externa se publica como anexo XVII á presente orde, que contén os seguintes puntos:

1. Datos de identificación da entidade solicitante e os relativos á notificación.

2. Datos sobre o perfil e características básicas de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D que se van contratar, indicando os datos correspondentes ao centro ou centros a que se incorporarán.

3. No caso de equipos/grupos de investigación (modalidade A), certificación do organismo correspondente que acredite o cumprimento do requisito establecido no punto 2.a) do artigo 2 do presente anexo.

4. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais da presente orde.

Segundo.-Xunto co formulario de solicitude deberán acompañar a memoria descritiva da entidade solicitante, que inclúe, segundo a modalidade de que se trate, os seguintes puntos:

Modalidade A:

1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios) ou compoñente por méritos investigadores (quinquenio)-no caso do CSIC-, indicando datos persoais e número de tramos de investigación (sexenios / quinquenios) por doutor/a.

2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas nos últimos 6 anos (do 1-1-2001 a 31-12-2006), indicando datos do doutorando, data de lectura e aprobación da tese e director.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais en que os investigadores do grupo fosen investigadores principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas -adquisición de material científico-), e ingresos acadados.

4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems:

4.1. Contratos con empresas e/ou entidades públicas e ingresos acadados durante o período 2001-2006.

4.2. Patentes rexistradas e en explotación no período 2001-2006.

Modalidade B:

1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal do centro.

2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período 1-1-2001 ao 31-12-2006.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais en que os investigadores do centro fosen investigadores principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas -adquisición de material científico-).

4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida en función das patentes rexistradas e en explotación no período 2001-2006.

Modalidade C:

1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal da empresa.

2. Esforzo económico en I+D+i: medida a partir da porcentaxe de investimentos en I+D+i en función do volume de facturación no período 1-1-2001 ao 31-12-2006.

3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais en que os investigadores do centro, empresas, etc, fosen investigadores principais (exclúense os proxectos de infraestruturas- adquisición de material científico-).

4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida a partir dos seguintes ítems:

4.3. Persoal adscrito ao departamento ou laboratorio de I+D.

4.4. Patentes rexistradas e/ou en explotación no período 2001-2006.

Terceiro.-Ademais, os centros tecnolóxicos de carácter privado e as empresas presentarán a seguinte documentación adicional:

A. Documentación adicional referida ao centro tecnolóxico privado ou empresa:

a) Unha copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

b) Unha copia compulsada do xustificante de alta na Seguridade Social.

c) Unha copia compulsada do poder bastante con que actúa o representante legal da entidade solicitante.

d) Unha copia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.

e) Unha copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

f) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa.

B. Documentación adicional relativa á persoa que se vai contratar:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente, no caso de nacionais doutros países.

2. Fotocopia compulsada do título correspondente (FP, universitario ou de doutor/a) ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito título e -se é o caso- de quee stea recoñecido oficialmente ou homologado, e a data da súa obtención.

3. Certificado de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, ademais, certificado de empresa ou copia dos contratos de traballo (onde se indique a categoría desempeñada).

4. Currículo do candidato formalizado no modelo oficial que figura na páxina web da da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo http://www.conselleriaiei.org/. Unha vez cuberto o modelo e acompañado dos documentos xustificativos correspondentes e fotocopia simple dos méritos alegados no currículo (publicacións, relatorios, comunicacións, etc.) deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Innovación e Industria:

i. Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo interesado.

ii. Unha copia del en CD.

5. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que se vai realizar o tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, indicando as tarefas a desenvolver por este. Deberase xuntar unha memoria por cada un dos candidatos propostos.

6. Acordo de incorporación entre o centro de I+D e o tecnólogo, axente de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos. Deberá xuntarse un acordo de incorporación para cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos.

Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas, correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. O proceso de avaliación e selección das solicitudes será levado a cabo pola comisión de selección indicada no artigo 9 (Avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais da presente convocatoria. No proceso de avaliación das solicitudes a comisión poderá contar -de consideralo necesario -co apoio de expertos externos. No dito proceso valorará, ata un máximo de 100 puntos, os seguintes aspectos:

A. Memoria descritiva da entidade solicitante, (segundo as modalidades que se indican): ata un máximo de 90 puntos.

1. Modalidade A.

A1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios / quinquenios -CSIC-): máximo 25 puntos.

* Por doutor/a sen sexenios: 0,10 puntos.

* Por doutor/a con 1 sexenio/quinquenio: 0,50 puntos.

* Por doutor/a con 2 sexenios/quinquenios: 1,50 puntos.

* Por doutor/a con M 3 sexenios/quinquenios: 3,00 puntos.

A2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas nos últimos 6 anos (do 1-1-2001 ao 31/12/2006): máximo 15 puntos.

* Por tese de doutoramento lida e dirixida: 0,50 puntos.

A3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, en que os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

A4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 25 puntos):

A4.1. Ingresos acadados durante o período 2001-2006 por contratos con empresas e/ou entidades públicas: máximo 25 puntos.

* Por cada tramo de 12.000 € (sen IVE): 0,15 puntos.

A4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

2. Modalidade B.

B1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal do centro: máximo 20 puntos.

* Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 ptos./titulado.

* Doutores/as: 1,25 ptos./doutor/a.

B2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período 1-1-2001 ao 31-12-2006: máximo 35 puntos.

* Ingresos I+D+i mediante financiamento privada: máximo 25 puntos.

-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.

* Ingresos I+D+i mediante financiamento pública: máximo 10 puntos.

-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.

B3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, nos cales os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

B4. Patentes rexistradas ou en explotación: (máximo 10 puntos):

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

3. Modalidade C.

C1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal da empresa: máximo 20 puntos.

* Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 puntos/ titulado.

* Doutores/as: 1,25 puntos/doutor/a.

C2. Esforzo económico da empresa en I+D+i: medido a partir da porcentaxe de investimentos en I+D en función do volume de facturación no período 1-1-2001-31-12-2006: máximo 25 puntos.

C3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias públicas da CC.AA. de Galicia, nacionais e/ou europeas e internacionais, nos cales os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas) e ingresos acadados: máximo 25 puntos.

* Por cada proxecto europeo ou internacional: 3,0 puntos.

* Por cada proxecto do plan nacional: 1,0 punto.

* Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.

C4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 20 puntos):

C4.1. Persoal adscrito ao departamento ou laboratorio de I+D: máximo 10 puntos.

C4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.

* En explotación: 3,0 puntos/patente.

* Rexistradas: 1,0 punto/patente.

B) Outros aspectos: ata un máximo de 10 puntos.

1. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade a realizar polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro: máximo 9 puntos.

2. Compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa administración autonómica: 1 punto.

2. As solicitudes de axudas ordenaranse por orde decrecente de puntos e adxudicaranse as axudas, comezando pola de maior puntuación. A comisión poderá acordar a adxudicación dun mínimo de axudas para cada centro de I+D solicitante. Para adxudicación do resto das axudas seguirase a orde decrecente de puntuación ata esgotar as previsións orzamentarias destinadas ao Programa Isabel Barreto.

3. A comisión, en previsión de posibles renuncias e/ou substitucións, poderá elaborar unha listaxe de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán as solicitudes que non son adxudicatarias de axuda ou -se é o caso- non acadaron a puntuación mínima necesaria.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán -se é o caso -á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo ao Programa Isabel Barreto da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, a súa cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento correspondente ao período que corresponda do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos.

* Dous pagamentos de periodicidade semestral, correspondentes aos anos 2008 e 1º semestre do ano 2009, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2009) queda pendente ata a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.

Os contratos realizados ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 12º.-Renuncias e substitucións do persoal contratado.

1. No caso de que a persoa contratada ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto cese na súa vinculación laboral nos termos especificados na resolución de concesión da axuda, a entidade beneficiaria poderá solicitar ante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e de maneira xustificada a incorporación dun novo candidato ou candidata, na seguintes condicións:

a) O candidato ou candidata proposto/a deberá cumprir os mesmos requisitos de titulación que o candidato seleccionado inicialmente.

b) O período de tempo transcorrido desde a baixa da persoa contratada inicialmente e a alta da segunda non poderá exceder un mes.

c) No caso de aceptación do novo candidato ou candidata por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, o novo contrato deberá presentarse no prazo dun mes desde a baixa da persoa contratada inicialmente. Transcorrido o prazo sinalado sen que se presentase o novo contrato, procederase á cancelación da axuda pendente de executarse.

2. A substitución da persoa contratada inicialmente non implicará unha modificación da duración, contía e condicións iniciais da axuda.

Artigo 13º.-Interrupcións.

O persoal contratado ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.

Os candidatos e candidatas contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozaren dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación que expresamente se lles autoricen.

Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas do presente anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na presente convocatoria.

b) Formalizar un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración -como mínimo- igual á do período para o cal se concede a axuda establecido na resolución de concesión.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos Isabel Barreto estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO VI

Prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores (Programa Isidro Parga Pondal) en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2005.

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade da convocatoria.

A presente convocatoria establece as bases que regulan a concesión de prórrogas das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal, adxudicadas por Resolución do 27 de xullo de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 4 de agosto).

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán participar na presente convocatoria aqueles beneficiarios dunha axuda do Programa Isidro Parga Pondal da convocatoria do ano 2005 que na data de peche desta convocatoria se encontren en activo no dito programa.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

1. A axuda concedida para cada contrato laboral será de 36.000 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 36.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 44 que corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade. Os 44 contratos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007, 2008 e 2009, de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

3. As universidades ou entidades beneficiarias, segundo corresponda, serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos laborais; no caso dos centros dependentes da Xunta de Galicia o pagamento corresponderá á Consellería de Innovación e Industria.

4. A duración dos contratos será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre o 1º de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2009.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHS.IPP-07/01, cuxa folla externa se publica como anexo XVIII á presente orde, presentaranse no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais da presente orde, co visto e prace do representante legal do organismo correspondente e acompañadas da seguinte documentación:

1. Memoria (mínimo 2 folios e máximo 10) asinada polo candidato, en que se resuman:

a) A actividade académica e investigadora desde a súa incorporación ao Programa Isidro Parga Pondal.

b) Plan de traballo de actividades académico-investigadoras que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

2. Breve currículo do candidato asinado indicando, en cada unha das epígrafes do modelo oficial de currículo que figura no enderezo http://www.conselleriaiei.org/, un máximo de 5 actividades investigadoras posteriores ao inicio da súa actividade como contratado ao abeiro das axudas Isidro Parga Pondal.

3. Aqueles candidatos con titulacións de países que non sexan membros da Unión Europea que no momento de incorporarse ao Programa Isidro Parga Pondal non tiñan homologado o seu título de doutor deberán achegar a correspondente homologación.

Artigo 5º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8º (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 6º.-Avaliación, selección das solicitudes.

A avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (Avaliación e selección das solicitudes) da presente convocatoria, sendo necesario para que o candidato sexa seleccionado a avaliación favorable da actividade, realizada así como da actividade proposta e, se é o caso, a homologación do seu título.

Artigo 7º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais da presente orde.

Artigo 8º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á prórroga dos contratos dos beneficiarios correspondentes aos seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período que corresponda do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos.

* Tres pagamentos de periodicidade semestral, correspondentes ao ano 2008 e primeiro semestre do ano 2009, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2009) queda pendente ata a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 9º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 10º.-Renuncias dos candidatos seleccionados e contratados.

A renuncia deberá comunicarse mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+I, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

* Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.

* Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

* Ao representante legal, no caso dos organismos da Administración, beneficiarios.

Artigo 11º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 12º.-Dereitos dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo ten dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozaren dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo 13º.-Obrigas dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo ten as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 14º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde, que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar-por petición propia-colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

ANEXO VII

2ª Prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores (Programa Isidro Parga Pondal) en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2003

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade da convocatoria.

Co obxectivo da equiparar en tempo de duración as axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Isidro Parga Pondal coa duración (5 anos) das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Educación e Ciencia, a presente convocatoria establece as bases que regulan a concesión dunha segunda prórroga dun ano de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal, adxudicadas por resolución do 25 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro).

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán participar na presente convocatoria aqueles doutores que, na data de peche da presente convocatoria, teñan en vigor un contrato como beneficiarios das axuda do Programa Isidro Parga Pondal da convocatoria do ano 2003.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

1. A axuda concedida para cada contrato laboral será de 36.000 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 36.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

Adicionalmente, a axuda para cada contrato poderase complementar cunha axuda para a realización dun período máximo de 6 meses de estadías de investigación. A devandita axuda complementaria comprenderá:

a) Unha axuda institucional de entre 400 e 1.000 € por cada contrato para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes.

b) Unha asignación mensual bruta de entre 1.200 e 1.900 € por cada mes de estadía e contrato.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 34 que corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade e que se distribúen do modo seguinte:

* Universidades do SUG: 32.

* Centro de Investigacións Mariñas de Corón dependente da Xunta de Galicia: 1.

* Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán dependente da Xunta de Galicia: 1.

3. Os contratos e axudas complementarias para a realización do período de estadías establecido no punto 1 do presente artigo financiaranse do xeito seguinte:

a) Os 2 contratos correspondentes aos centros dependentes da Xunta de Galicia financiaranse con cargo ás dotacións do capítulo I dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007 e 2008.

b) A axuda complementaria para a realización do período de estadía correspondente aos 2 contratados nos centros dependentes da Xunta de Galicia financiarase con cargo á partida orzamentaria 10.02.561A.480.1 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2007, segundo se indica na táboa seguinte.

c) Os 32 contratos e as axudas complementarias correspondentes dos beneficiarios adscritos ás universidades do SUG serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.02.561B.444.0 e 10.02.561A.480.1 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007 e 2008, de acordo coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

4. As universidades serán as encargadas do pagamento dos 32 contratos laborais correspondentes, así como -se é o caso- da axuda complementaria destinada á realización do período dun máximo de 6 meses de estadía establecido no punto 1 do presente artigo.

5. No caso dos centros dependentes da Xunta de Galicia, o pagamento dos contratos corresponderalle á Consellería de Innovación e Industria. O pagamento da axuda complementaria para a realización do período de estadía dun máximo de 6 meses establecido no punto 1 do presente artigo farase con cargo á partida orzamentaria 10.02.561A.480.1.

6. A duración dos contratos será dun máximo dun ano, a desenvolver entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHS.IPP-07/02 cuxa folla externa se publica como anexo XIX á presente orde, presentaranse no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais da presente orde, asinadas polo solicitante e co visto e prace do representante legal do organismo correspondente e acompañadas da seguinte documentación:

1. Memoria (mínimo 2 folios e máximo 10), asinada polo candidato, en que se resuman:

a) As actividades académicas e investigadoras desde a súa incorporación ao Programa Isidro Parga Pondal mediante a prórroga do seu contrato.

b) Plan de traballo das actividades académico-investigadoras que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

2. Se é o caso, plan de estadías de investigación que se van levar a cabo ao longo do ano de prórroga do seu contrato e por un período máximo de 6 meses, en universidades ou centros de investigación de fóra de Galicia, acompañado da seguinte documentación :

* Certificado/s (orixinal ou copia compulsada) da/s autorización/s para a realización da/s estadía/s de investigación pola universidade ou institución correspondente, asinado polo/a vicerreitor/a con competencias no tema ou polo director do centro en que se desenvolva a actividade investigadora como contratado do Programa Isidro Parga Pondal.

* Certificado/s (orixinal ou copia compulsada) do/s centro/s ou institución/s en que se levará a cabo o período de estadía de investigación, debidamente asinado polo responsable do dito centro ou institución e no cal consten de xeito ben diferenciado os seguintes datos:

-Centro e institución en que se levará a cabo cada período de estadía.

-Data de inicio e finalización do período de estadía, indicando día, mes e ano (dd/mm/aa).

-Breve descrición da/s actividade/s de investigación a levar a cabo no período.

* De ser o caso, declaración de compromiso por parte do solicitante de levar a cabo a estadía de investigación por un período máximo de 6 meses e ao longo do ano de contrato, en universidades ou centros de investigación de fóra de Galicia.

3. Breve currículo asinado polo candidato, indicando un máximo de 5 actividades investigadoras posteriores ao inicio da súa actividade como contratado ao abeiro das axudas da prórroga do Programa Isidro Parga Pondal en cada unha das epígrafes do modelo oficial de currículo que figura no enderezo http://www.conselleriaiei.org/.

Artigo 5º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8º (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 6º.-Avaliación e selección das solicitudes.

A avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (Avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais da presente convocatoria, sendo necesario para que o candidato sexa seleccionado a avaliación favorable da actividade realizada así como da actividade proposta e, se é o caso, a homologación do seu título.

Artigo 7º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 8º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á prórroga dos contratos dos beneficiarios correspondentes aos seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. O pagamento das axudas ás universidades do SUG pola Consellería de Innovación e Industria realizarase do modo seguinte:

* Un primeiro pagamento do período que corresponda do ano 2007, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos. Neste primeiro pagamento incluirase tamén o 50% da axuda adicional complementaria por beneficiario que vaia realizar o período de estadías de investigación indicado.

* Un pagamento de periodicidade semestral, correspondente aos meses de xaneiro a xuño do ano 2008, que se realizarán tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias na que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao semestre anterior e a relación nominal dos contratos en vigor no momento da certificación. Neste pagamento incluirase o 50% restante da axuda adicional complementaria dos beneficiarios que deban realizar o período de estadías de investigación indicado.

* O pagamento do último trimestre (ou último período do ano 2008) queda pendente ata a xustificación da finalización da acción, que deberá vir acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde e a certificación da realización dos períodos de estadía en centros de investigación.

3. No caso dos dous contratados en centros dependentes da Xunta de Galicia, o pagamento da axuda complementaria para a realización do período de estadía indicado no punto 1 do presente artigo será feito pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, que se efectuará por adiantado e nun único pagamento aos interesados no último trimestre do ano 2007.

Artigo 9º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios ou cursos de especialización; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 10º.-Renuncias dos candidatos seleccionados e contratados.

A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+I, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

* Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.

* Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

* Ao representante legal no caso dos organismos da administración.

Artigo 11º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 12º.-Dereitos dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo ten dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que se deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición así como a gozaren dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Artigo13º.-Obrigas dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo ten as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na correspondente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

e) De ser o caso, levar a cabo o período de estadías de investigación fóra de Galicia indicado no presente anexo.

Artigo 14º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do presente anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde, que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar -por petición propia- colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

e) Permitirlles, de ser o caso, a realización do período de estadías de investigación dunha duración máxima de 6 meses establecidos como requisito no presente anexo e aboarlles a totalidade da axuda complementaria establecida.

ANEXO VIII

Segunda prórroga das axudas para a transformación das bolsas predoutorais (1ª prórroga) en contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao anexo V da Orde de 31 de xullo de 2006.

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade da convocatoria.

A presente convocatoria establece as bases que regulan a concesión de prórrogas das axudas a transformación das bolsas predoutorais (1ª prórroga) en contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, adxudicadas pola resolución do 22 de setembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 2 de outubro).

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán participar na presente convocatoria aqueles beneficiarios dunha axuda á transformación das bolsas predoutorais (1ª prórroga) en contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, adxudicadas por resolución do 22 de setembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 2 de outubro) que na data de peche desta convocatoria se encontren en activo no dito programa e non rematasen a súa tese de doutoramento.

Artigo 3º.-Contía, duración e pagamento das axudas.

1. A axuda concedida para cada contrato laboral será de 20.440 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 20.440 euros anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 71 que corresponden a totalidade de axudas vixentes na actualidade. Os 71 contratos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2007 e 2008 de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

3. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos. A duración será de 6 meses (comprendidos entre o 1 de outubro do ano 2007 e o 31 de marzo do ano 2008), sempre que non rematasen a súa tese de doutoramento.

Artigo 4º.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU-03, cuxa folla externa se publica como anexo XX á presente orde, presentaranse inescusablemente acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria (mínimo de 2 folios e máximo 3 folios), do estado actual do proxecto de tese. Presentarase, co visto e prace do director do proxecto de investigación, e coa sinatura do solicitante.

b) Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do director/es da tese, na cal conste que non está rematada e se atopa en estado avanzado de execución.

Artigo 5º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 6º.-Avaliación, selección das solicitudes.

A avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (Avaliación e selección das solicitudes) da presente convocatoria, sendo necesario para que o candidato sexa seleccionado a avaliación favorable da actividade realizada segundo o expresado na memoria establecida na alínea a) do artigo 4 do presente anexo.

Artigo 7º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 8º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.

Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia, as institucións e entidades beneficiarias procederán á prórroga do contratos dos candidatos seleccionados para os seus organismos. O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

-Un primeiro pagamento correspondente os meses de outubro, novembro e decembro de 2007 unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a prórroga dos contratos, acompañada dunha copia deles.

-O pagamento do último trimestre (1 de xaneiro de 2008 a 31 de marzo de 2008) realizarase tras a certificación das institucións ou entidades beneficiarias en que conste que se realizaron os pagamentos correspondentes ao trimestre anterior, e a xustificación da finalización da acción, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde.

Artigo 9º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas, son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No momento, en que algún dos beneficiarios destas axudas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese, dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo poderase autorizar, por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a continuación do aproveitamento da axuda, ata o remate do período para o cal se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 10º.-Dereitos dos beneficiarios.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os beneficiarios das axudas teñen dereito a:

a) Percibir a axuda económica correspondente.

b) Beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou universidade de adscrición.

Artigo 11º.-Obrigas dos beneficiarios. Seguimento da axuda.

Ademais das obrigas de carácter xeral que se sinalan no artigo 6 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os beneficiarios terán as seguintes obrigas:

a) O persoal investigador en formación con contrato adscrito á universidade, poderá dedicar -por petición propia -ata un máximo de 20 horas durante a prórroga, á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 3 horas, logo de conformidade, entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo beneficiario das axudas das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

b) O persoal investigador en formación está obrigado a residir na comunidade autónoma agás durante os períodos de formación que expresamente se lles autoricen.

c) O persoal investigador en formación con contrato está obrigado a notificarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificarllo igualmente á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

Artigo 12º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Ao abeiro do establecido no artigo 7º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador en formación, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas na presente convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Designar un titor, co grao de doutor, para a coordinación e orientación da actividade dos beneficiarios.

d) Velar polo adecuado desenvolvemento do programa de formación do beneficiario, sen que poida esixírselle a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida por esta, durante o seu transcurso. Non obstante, o persoal investigador en formación con contrato que desenvolva a súa actividade nunha universidade, poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites establecidos nas presentes bases, sen que en ningún caso poida desvirtuarse a finalidade investigadora e formativa das axudas. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 20 horas anuais.

e) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos María Barbeito estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO IX

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da comunidade autónoma.

Artigo 1º.-Finalidade.

Estas axudas, teñen como finalidade favorecer a actualización de coñecementos, a adquisición de novas técnicas de investigación, así como completar a formación dos investigadores de Galicia, mediante a súa incorporación temporal a centros de investigación de fóra de Galicia, establecendo ademais, relacións de interese entre ambas as partes.

Artigo 2º.-Modalidades.

As solicitudes de axuda, refírense a algunha das seguintes modalidades:

Modalidade A: estadías de 1 a 6 meses de duración, destinadas a funcionarios e contratados doutores cunha antigüidade mínima como doutores de 3 anos, e a funcionarios e contratados non-doutores.

Modalidade B: estadías posdoutorais de 1 a 12 meses de duración, para doutores recentes dos últimos 3 anos e para o persoal investigador contratado a través dos programas Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilables.

Modalidade C: estadías de 3 a 6 meses de duración para persoal investigador en formación do Programa María Barbeito da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou de programas de formación de doutores asimilables.

Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.

1. Requisitos específicos da modalidade A: ser funcionario ou estar contratado de forma permanente para actividades investigadoras nunha universidade ou nun centro público de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos específicos da modalidade B:

a) Persoas que acadaron o título de doutor nos tres anos anteriores á data límite de presentación de solicitudes, que sexan funcionarios, que estean contratados para actividades investigadoras nunha universidade ou nun centro público de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia ou que teñan vinculación a un grupo de investigación deles.

b) Persoal investigador contratado a través dos Programas Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilables, que estean contratados para actividades investigadoras nunha universidade ou nun centro público ou privado de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia agás os 34 beneficiarios do Programa Isidro Parga Pondal da convocatoria do ano 2003 pertencente ás universidades do SUG ao que se refiren as axudas convocadas no anexo VIII desta convocatoria (2ª prórroga das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal).

3. Requisitos específicos da modalidade C:

a) Persoal investigador do Programa María Barbeito da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

b) Persoal investigador adscrito a centros públicos ou privados de investigación situados en Galicia contratados mediante programas asimilables ao Programa María Barbeito, que acrediten estar realizando a tese de doutoramento e sempre que a axuda de que son beneficiarios non admita na propia convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadías fóra da comunidade autónoma.

En ningún caso poderán concorrer os estranxeiros que teñan unha axuda que corresponda a un programa de formación de estranxeiros en España.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

Para a concesión das axudas a que fai referencia o presente anexo destinaranse os créditos con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.02.561B.480.0 e 10.02.561A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 e 2008, segundo a distribución que se indica a seguir:

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"

Todas as cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

O importe da axuda comprenderá:

1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de aproveitamento cunha asignación de 400 euros para estadías en España, Portugal e Andorra, 600 euros para estadías no resto de Europa e de 1.000 euros para estadías no resto do mundo.

2. Unha asignación mensual bruta de:

* Un máximo de 1.200 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra.

* Un máximo de 1.500 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Europa ou en África.

* Un máximo de 1.900 euros, se a incorporación se produce en países de América, Asia e Oceanía.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Innovación e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados na presente convocatoria.

Artigo 5º.-Duración mínima e período de aproveitamento.

* Para poder optar á axuda na presente convocatoria, a duración mínima da estadía será dun mes (30 días).

* Se a duración da estadía para a cal se solicita a axuda é inferior ou igual a 3 meses deberá iniciarse -como moi tarde- o 1 de decembro de 2007.

* As estadías de duración superior a tres meses, deberán iniciarse -como moi tarde- o 1 de novembro de 2007.

Artigo 6º.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHS.EST-07/00, cuxa folla externa se publica como anexo XXI á presente orde, presentaranse no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais da convocatoria, acompañadas da seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI ou doutro documento que acredite a nacionalidade do solicitante.

2. Carta de invitación (orixinal ou fotocopia compulsada) do centro onde se vai desenvolver o traballo, debidamente asinada polo seu responsable.

3. Autorización para realizar a estadía acreditada mediante (orixinal ou copia compulsada) de:

* Certificación expedida polo/a vicerreitor/a con competencias no caso, acompañada da correspondente certificación do acordo do consello de departamento ou órgano correspondente no caso de solicitantes vinculados ás universidades do SUG.

* Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

* Certificación expedida polo director do grupo de investigación a que pertence o solicitante, no caso de doutores con vinculación unicamente a un grupo de investigación.

4. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías indicadas no número 2 das presentes bases:

* No caso de persoal contratado non permanente, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria.

* Naqueles casos en que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de ser o caso, deberá acreditarse.

5. Plan de traballoen que se faga constar o calendario e programa das actividades que se van realizar. O plan de traballo deberá vir asinado polo interesado e, no caso dos que opten á modalidade C, terá que contar co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

6. Relación de publicacións: os solicitantes que concorran ás modalidades A e B entregarán especificamente unha relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos, cumprimentada no modelo oficial que se inclúe co modelo de solicitude RHS.EST-07/00:

a) Para os efectos da presente convocatoria non se computarán aquelas publicacións anteriores ao 1 de xaneiro do ano 2004.

b) A relación de publicacións documentarase, mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela en que figuren os datos salientables dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.).

c) No caso de solicitantes que concorran pola modalidade B, que aleguen vinculación a un grupo de investigación, das publicacións presentadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación a que se refire o punto 4.

7. Certificación académica (orixinal ou copia cotexada): os solicitantes que concorran á modalidade C, entregarán especificamente:

a) Certificación académica da licenciatura ou equivalente, na que conste a nota media simple de expediente académico segundo o protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos, publicado pola Resolución do 15 de marzo de 2005 (Diario Oficial de Galicia nº 57, do 23 de marzo).

b) Certificación académica dos estudos de terceiro ciclo.

Artigo 7º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8 (Instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais da presente convocatoria.

Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. A avaliación das solicitudes faraa a comisión de selección indicada no artigo 9 (avaliación e Selección das solicitudes) da presente convocatoria, conforme os seguintes criterios xerais de selección:

a) Méritos a que se refire o punto 6ºb) do artigo 6 (para os solicitantes das modalidades A e B). Valoraranse as cinco publicacións dos últimos tres anos de acordo coa seguinte fórmula:

(Ax3+Bx2+Cx1) /5.

Onde A se refire ao número de publicacións con difusión internacional, B ao número de publicacións con difusión nacional e C ao número de publicacións de difusión local.

b) Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido na alínea 5 do artigo 6.

c) Compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa administración autonómica: 0,5 puntos.

2. A comisión daralle prioridade ás solicitudes de persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas, nas resolucións dos dous anos anteriores á presente convocatoria. A comisión tamén poderá priorizar, en primeiro lugar, as estadías fóra de Europa e, en segundo lugar, as estadías de fóra de España, Portugal e Andorra.

3. A comisión de selección poderá acordar a puntuación total mínima exixida para cada unha das modalidades descritas no punto 2 para ter dereito á bolsa.

Artigo 9º.-Resolución e notificación.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución ao conselleiro de Innovación e Industria para que resolva e elaborará, de ser o caso, unha lista de suplentes para posibles renuncias. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais da presente orde.

Artigo 10º.-Condicións de aproveitamento.

1. Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a data de incorporación ao centro de destino e, unha vez incorporados, deberán atoparse, en todo momento, en condicións de xustificar o seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de aproveitamento para o cal sexa concedida a axuda deberá ser previamente autorizado pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; non obstante, para aquelas bolsas que se desenvolvan en dous exercicios orzamentarios distintos, non poderán autorizarse modificacións que supoñan incrementar o crédito necesario, nalgunha das anualidades previstas na concesión.

2. Non se admitirán cambios nos centros de destino, salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, tras o informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados, e autorización expresa da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

3. Todos os bolseiros, deberán presentar no prazo máximo dun mes desde a finalización da estadía, un informe final do traballo realizado que deberá incluír a copia dos traballos eventualmente publicados e o informe do director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso de persoal investigador en formación do Programa María Barbeito e das antigas bolsas predoutorais da Dirección Xeral de I+D+i incluídos no punto 2 (modalidade C), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

4. En calquera momento a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

Artigo 11º.-Aceptación da bolsa e pagamento.

1. A aceptación da bolsa farase, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, mediante documento asinado polo bolseiro, no cal se compromete a cumprir todas as condicións recollidas nas presentes bases. No caso de que a citada aceptación non se produza no prazo sinalado, entenderase que o bolseiro renuncia a axuda. Así mesmo e acompañando o documento de aceptación da axuda, entregarase declaración xurada na cal conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

2. As bolsas aboaranse mensualmente, quedando pendente a última mensualidade ata a xustificación final da estadía, mediante a presentación dos documentos requiridos na alínea 3ª do artigo 10 do presente anexo, acompañada da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13 (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais da presente orde. Poderase realizar o pagamento total da estadía nunha soa vez, se o bolseiro acredita a realización total desta.

3. De non determinarse outra data na resolución final de adxudicación, a axuda institucional aboarase xunto coa primeira mensualidade.

Artigo 12º.-Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do aproveitamento da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer constar a axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación un exemplar da publicación en que se recolla.

Artigo 13º.-Incidencias.

As renuncias que se produzan, poderán ser substituídas pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación de acordo coa lista de reserva, se a houber.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación resolverá todas as dúbidas e incidencias que puideren xurdir na aplicación da presente convocatoria.

Ver referencia pdf "15700D003P007.PDF"