Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2007 ao abeiro da Resolución do 9 de xullo, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se resolve a concesión destas axudas e da Resolución do 28 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Comunicación (DOG nº 46, do 6 de marzo), pola que se convocan, para o ano 2007, subvencións aos concellos para a realización de estudos técnicos e para a dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.31.461A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2007.
Manuel José Fernández Iglesias
Director xeral de Comunicación Audiovisual
Ver referencia pdf "15700D002P006.PDF"