DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2007 Páx. 13.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pola que se fai pública a concesión de axudas aos concellos para dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre (modalidade B), para o ano 2007.

Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2007 ao abeiro da Resolución do 9 de xullo, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se resolve a concesión destas axudas e da Resolución do 28 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Comunicación (DOG nº 46, do 6 de marzo), pola que se convocan, para o ano 2007, subvencións aos concellos para a realización de estudos técnicos e para dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.31.461A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2007.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Audiovisual

Ver referencia pdf "15700D002P006.PDF"