DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2007 Páx. 13.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2007 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de Promoción Económica, o Instituto de Crédito Oficial e diversas entidades financeiras.

Con data do 21 de maio de 2007, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras asinaron un convenio de colaboración co obxecto de establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2007 do Instituto de Crédito Oficial (ICO), publicado mediante Resolución do 21 de maio de 2007 (DOG nº 101, do 28 de maio).

Xunto co texto do devandito convenio publicouse a relación de entidades financeiras que se adheriron.

Ratificada con data do 9 de xullo de 2007 a adhesión da entidade financeira Caja de Ahorros de Salamanca y Soria, cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape.

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Caja de Ahorros de Salamanca y Soria á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades financeiras, asinado o 21 de maio de 2007.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2007.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica