DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2007 Páx. 13.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 6 de agosto do 2007 pola que se prorrogan cinco bolsas de apoio á formación en tarefas investigadoras de titulados superiores no Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán.

Na data do 21 de abril de 2006, publícase no Diario Oficial de Galicia nº 77 a Orde do 6 de abril de 2006 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de cinco bolsas para a incorporación de titulados superiores ao Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán no marco do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Posteriormente, o 24 de outubro de 2006 é obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia nº 205 a Orde do 18 de outubro de 2006 pola que se amplía o período de concesión inicial das citadas bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 6 de abril de 2006, ata o 14 de agosto de 2006. Así mesmo, por Resolución do 16 de novembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 226, do 23 de novembro) dáse publicidade ás cinco bolsas concedidas aos correspondentes candidatos.

O artigo 3 da Orde do 6 de abril de 2006 sinala que, en caso de haber dispoñibilidade de crédito, a duración da concesión inicial podería incrementarse ata un máximo de 12 meses, sen que iso supoña modificación das condicións de convocatoria das bolsas. Tamén, o artigo 1 da Orde do 18 de outubro de 2006 prevé a posibilidade de prórroga destas bolsas por períodos anuais de 12 meses, ata completar un total de 36 meses, sempre que así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Por todo iso, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro, de acordo coas bases da citada orde e habendo dispoñibilidade de crédito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto conceder as prórrogas das cinco bolsas de apoio á formación en tarefas investigadoras de titulados superiores no Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán ata o 14 de agosto de 2008, ás persoas que se relacionan no anexo desta orde.

Artigo 2º.-Dotación económica das bolsas.

1. De acordo co establecido no artigo 3.3º da Orde do 6 de abril de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 77, do 21 de abril), a contía da bolsa durante o período de prórroga comprendido entre o 15 de agosto de 2007 ata o 14 de agosto do 2008, sofre un incremento establecéndose para este período de prórroga na contía de 1.200 euros mensuais.

2. Para a concesión das citadas bolsas convocadas pola devandita Orde do 6 de abril de 2006 e prorrogadas por esta disposición, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará un máximo de 83.191 euros (72.000 euros correspondentes ás mensualidades e 11.191 euros aos custos de Seguridade Social) distribuídos nas contías e anualidades seguintes:

-Ano: 2007.

Aplicación orzamentaria: 15.04.561A.480.1.

Importe: 30.072 euros.

-Ano: 2008.

Aplicación orzamentaria: 15.04.561A.480.1.

Importe: 53.119 euros.

Artigo 3º.-Incumprimento.

O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 6 de abril de 2006, suporá a perda dos dereitos a percibir a axuda correspondente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2007.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

e Desenvolvemento Sostible

ANEXO

Nome dos beneficiarios NIF

De la Mata Pombo, Raúl 76929579-F

González García, Adrián 53117619-Q

Lamas Pose, Sonia 33300418-Y

Pérez Suárez, José Ramón 53114421-S

Pestaña Nieto, Montserrat 36164587-P