DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2007 Páx. 13.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 3 de agosto de 2007 pola que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal correspondentes ao portal de internacionalización ByGalicia da Consellería de Innovación e Industria.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é protexer os dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

A devadita lei, no seu artigo 20.1º dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente.

A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, conta entre as súas atribucións as que corresponden á planificación, coordinación, execución e seguimento das accións e liñas de apoio, que en política e materia de internacionalización e comercio exterior, establece e dirixe cara á empresa e ao tecido industrial da comunidade autónoma.

Con esta finalidade preténdese implantar unha ferramenta chamada portal de internacionalización das empresas galegas, en que se centralizará a información relevante relativa ao comercio exterior e a procesos de internacionalización.

En consecuencia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde, a Consellería de Innovación e Industria crea os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal correspondentes ao desenvolvemento do portal de internacionalización ByGalicia.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde para os ficheiros que se crean.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nestes ficheiros automatizados da Consellería de Innovación e Industria creado por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, aplicarase o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

Ficheiros de datos de carácter persoal correspondentes ao portal de internacionalización ByGalicia da Consellería de Innovación e Industria.

* Ficheiro: foros do portal ByGalicia:

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Proporcionar o intercambio de ideas, opinións, preguntas e información relacionada coas distintas actividades da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información a través de diversos foros temáticos, que se levarán a cabo e serán coordinados polas distintas unidades de produción dependentes deste organismo.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Todas aquelas persoas que queiran participar nos foros e se conecten por vía internet a este servizo.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario web.

d) Estrutura básica.

Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro:

Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:

-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, correo electrónico, NIF, enderezo de residencia, teléfono e lingua preferida.

* Ficheiro: boletíns do portal ByGalicia:

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Envío de boletíns relacionados coas novas, eventos e demais información de interese da temática do portal.

b) Colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Todas aquelas persoas que queiran recibir información relativa á temática do portal.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario web.

d) Estrutura básica.

Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro:

Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:

-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, correo electrónico.

* Ficheiro: bolsa de emprego do portal ByGalicia:

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Proporcionar aos usuarios do portal un medio de busca de emprego.

b) Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Todas aquelas persoas que queiran publicar o seu currículo a fin de demandar emprego externo en comercio exterior.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario web.

d) Estrutura básica.

Base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro:

Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

g) Dereitos de acceso: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o órgano responsable do ficheiro nas súas dependencias sitas nos edificios administrativos de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no foro temático:

-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, data de nacemento, sexo, NIF, enderezo, teléfono e correo electrónico.

-Datos relativos ao emprego: estudos realizados, experiencia profesional, preferencias laborais, linguas e informática.