DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2007 Páx. 13.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Comunicación, de modificación do disposto na Resolución do 22 de maio de 2006 pola que se crean determinados ficheiros de datos de carácter persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e das súas sociedades (Radiotelevisión Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A.), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 125, do 30 de xuño de 2006.

En cumprimento das consideracións efectuadas pola Axencia Española de Protección de Datos,

RESOLVO:

Primeiro.-Trasladar o ficheiro denominado Socios do Xabarín Club, que foi incluído por erro como ficheiro de nova creación da Televisión de Galicia, S.A. no anexo II da citada Resolución do 22 de maio de 2006, pasando este contido ao anexo I, como ficheiro de nova creación da CRTVG.

Segundo.-Deixar sen efecto o contido dos anexos II e III da precitada Resolución do 22 de maio de 2006.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2007.

P.D. (Disposición adicional 2ª

do Decreto 44/2006, do 2 de marzo)

Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación