DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2007 Páx. 13.319

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 2007 pola que se aproban os modelos do procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor.

O Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, determina o correspondente marco procedemental e establece requisitos mínimos exixibles para solicitar a implantación destas ensinanzas.

Os artigos 4 e 5 deste decreto establecen os datos que debe conter a solicitude, así como a documentación complementaria que a debe acompañar; dispoñendo o artigo 5 que os correspondentes modelos serán regulados por orde da consellería competente en material universitaria.

Procédese, polo tanto, a través desta orde, á aprobación dos modelos de impresos para a autorización da implantación dos estudos oficiais de posgrao nas universidades do Sistema Universitario de Galicia relativos á solicitude e documentación complementaria, segundo prevé a disposición adicional segunda do Decreto 66/2007, do 29 de marzo.

No anexo I establécese o impreso oficial de solicitude de autorización para a implantación de estudos oficiais de posgrao, no cal se debe facer constar a denominación do programa, os títulos a que conduce e o responsable do programa así como a documentación que se xunta coa solicitude. No anexo II regúlase o contido concreto da memoria xustificativa a que se refire o artigo 5.1º D) do mencionado Decreto 66/2007.

Por todo iso, e en exercicio das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbanse os modelos de impresos oficiais a que se refiren os artigos 4 de 5 do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou doutor, que se xuntan como anexo I e anexo II desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "15100D001P007.PDF"

ANEXO II

Memoria xustificativa

I. Información xeral sobre o programa.

1. Denominación do programa.

2. Unidades participantes.

3. Títulos que se outorgan dentro do programa.

4. Órgano responsable ou coordinador do programa.

4.1. Comisión de estudos de posgrao.

5. Xustificación.

5.1. Obxectivos do programa en función das competencias xenéricas e específicas conforme os perfís académico, investigador e profesional.

5.1.1. Obxectivos xerais do programa.

5.1.2. Obxectivos específicos do programa.

5.2. Adecuación aos obxectivos estratéxicos da universidade.

II. Información específica sobre cada un dos títulos.

1. Descrición do título.

1.1. Denominación do título.

1.2. Unidades participantes (universidade/s participante/s e universidade/s coordinadora/s, departamento/s, instituto/s universitario/s, centro/s etc.).

1.3. Tipo de título.

1.4. Rama de coñecemento.

1.5. Orientación.

1.6. Modalidade de ensino (presencial, semipresencial, a distancia).

1.7. Número de prazas que se van ofertar. Número mínimo de alumnos para a súa impartición.

1.8. Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo.

1.9. Réxime de estudos (tempo completo/tempo parcial).

1.10. Periodicidade da oferta.

1.11. Período lectivo (anual, semestral, ...).

1.12. Información expedición suplemento europeo ao título.

1.13. Número de créditos.

2. Xustificación.

2.1. Interese e relevancia académica-científica-profesional.

2.2. Adecuación do título ao nivel formativo do posgrao.

2.3. Descrición dos procedementos de consulta internos y externos utilizados para a elaboración do plan de estudos.

2.4. Xustificación da adecuación do título ás normas reguladoras/directivas para a habilitación para o exercicio profesional.

3. Obxectivos.

3.1. Obxectivos específicos de aprendizaxe.

3.2. Competencias xerais e específicas.

4. Admisión de estudantes.

4.1. Sistemas de información e procedementos de acollida.

4.2. Selección e admisión.

4.2.1. Órgano de admisión: estrutura e funcionamento.

4.2.2. Perfil de ingreso e formación previa requirida que habilita o acceso ao programa (especifíquese por estudos/títulos, se se desen requisitos diferentes).

4.2.3. Sistemas de admisión e criterios de valoración de méritos.

4.2.4. Criterios para o recoñecemento e a validación de aprendizaxes previas (títulos/créditos de formación previa).

4.3. Sistemas de apoio e orientación.

5. Planificación do ensino.

5.1. Estrutura dos estudos.

5.2. Descrición dos módulos ou materias de ensino-aprendizaxe que constitúen a estrutura do plan de estudos.

5.3. Procedementos para a organización da mobilidade dos estudantes propios e de acollida. Debe incluír o sistema de recoñecemento e acumulación de créditos ECTS.

5.4. No caso de estudos de doutoramento. Formato do doutoramento:

5.4.1. Criterios de admisión e elección de doutorandos/as.

5.4.2. Liñas específicas de investigación.

5.4.3. Criterios para a dirección de teses e traballos.

5.4.4. Se é o caso, seminarios, cursos metodolóxicos e outras actividades formativas preparatorias para a actividade investigadora.

5.5. Organización académica.

5.5.1. Estrutura e composición dos órganos de coordinación académica.

5.5.2. Planificación e xestión da mobilidade de profesores e estudantes no caso de títulos interuniversitarios.

5.5.3. Criterios para o recoñecemento e validación de formación previa.

6. Persoal académico.

6.1. Persoal docente e investigador.

6.1.1. Criterios de asignación da docencia.

6.1.2. No caso de estudos de doutoramento, relación de profesores e investigadores encargados da dirección de teses de doutoramento.

6.1.3. Experiencia docente, profesional e investigadora.

6.1.4. Dedicación.

7. Recursos materiais e servizos.

7.1. Recursos humanos de xestión.

7.2. Equipamento e infraestruturas dispoñibles para cada título.

8. Resultados previstos.

8.1. Estimación dos valores cuantitativos que os indicadores (taxa de graduación, taxa de abandono e taxa de eficiencia) terán unha vez implantado o plan de estudos, e xustificación dos ditos valores. Estas estimacións terán en conta as características dos estudantes e da propia titulación.

8.2. Procedemento xeral da universidade para valorar o progreso e os resultados de aprendizaxe dos estudantes.

9. Sistema de garantía da calidade.

9.1. Órgano e persoal responsable do seguimento e da garantía da calidade.

9.2. Procedementos xerais de avaliación e mellora.

9.2.1. Previsións, se é o caso, da mellora de infraestruturas e equipamentos.

9.2.2. Procedementos de avaliación do profesorado e mellora da docencia.

9.2.3. Criterios e procedementos de actualización e mellora.

9.3. Criterios e procedementos para garantir a calidade das prácticas externas e fomentar a mobilidade.

9.4. Procedementos de análise da inserción laboral dos graduados e da satisfacción coa formación recibida.

9.5. Procedemento para a análise da satisfacción dos distintos colectivos implicados (estudantes, persoal académico e de administración e servizos, etc.) e de atención ás suxestións ou reclamacións.

9.6. Criterios específicos de suspensión ou peche do título.

9.7. Sistemas de apoio á aprendizaxe autónoma do estudante.

9.7.1. Titoría e orientación académica: acollida e fixación do programa de estudo de cada estudante.

9.7.2. Orientación profesional: transición ao traballo/estudos de doutoramento.

9.8. Sistema de información/comunicación pública.

9.8.1. Vías de acceso á información pública.

9.8.2. Vías de acceso a información interna dos estudantes.

10. Calendario de implantación.

10.1. Cronograma de implantación da titulación.

10.2. Procedemento de adaptación, se é o caso, dos estudantes dos estudos existentes ao novo plan de estudos.

11. Viabilidade económica.

11.1. Orzamento de funcionamento.

11.2. Ingresos de matrícula.

11.3. Financiamento público.

11.4. Outras fontes de financiamento.

11.5. Custo de persoal docente e administrativo.

11.6. Política de bolsas.