DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2007 Páx. 13.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 2007 pola que se autoriza a entrada en funcionamento dunha escola infantil no concello de Ames (A Coruña) e dun colexio de educación infantil e primaria no concello de Ames (A Coruña) e no de Barbadás (Ourense).

O Decreto 118/2007, do 7 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 119, do 21 de xuño de 2007, crea un colexio de educación infantil e primaria na Valenzá, concello de Barbadás (Ourense). O Decreto 140/2007, do 28 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 19 de xullo de 2007, crea un colexio de educación infantil e primaria en Ortoño e unha escola infantil en Biduído, ambos os centros no concello de Ames (A Coruña).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 5, do 9 de xaneiro de 2006, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a entrada en funcionamento da escola infantil e dos colexios de educación infantil e primaria que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Autorizar a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Biduído.

Centro: escola de educación infantil Milladoiro.

Código: 15032649.

Enderezo: rúa Milladoiro.

Unidades: 12 unidades de educación infantil.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Ortoño.

Centro: colexio de educación infantil e primaria Agro do Muíño.

Código: 15032625.

Enderezo: Lugar de Ortoño.

Unidades: 18 unidades (6 de educación infantil e 12 de educación primaria).

Provincia: Ourense.

Concello: Barbadás.

Localidade: A Valenzá.

Centro: colexio de educación infantil e primaria da Valenzá.

Código: 32020781.

Enderezo: Lugar das Lamas-O Rexidoiro.

Unidades: 18 unidades (6 de educación infantil e 12 de educación primaria).