DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2007 Páx. 12.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se emprazan as persoas interesadas, no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0004263/2007, contra a Orde do 9 de abril de 2007, polo que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, e das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia e Ternera Gallega.

A Consellería do Medio Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 00004263/2007, interposto pola Asociación de Empresarios Bodegueiros de Galicia contra a Orde do 9 de abril de 2007, polo que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, e das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia e Ternera Gallega.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2007.

Alberte Souto Souto

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural