DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2007 Páx. 12.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2007 pola que se modifican tres ficheiros de carácter persoal da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

Por medio da Resolución do 8 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 96, do 22 de maio) creáronse os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados complementos retributivos, avaliación profesorado e avaliación institucional.

Na súa virtude, o Consello de Dirección da ACSUG

RESOLVE:

Artigo 1º.- Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto a modificación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados complementos retributivos, avaliación profesorado e avaliación institucional, albergados nos servidores da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, segundo o indicado a continuación:

1. Avaliación institucional.

a) Cambios no enderezo de contacto do responsable do ficheiro, establecendo como novo enderezo:

Enderezo: rúa Lamas de Abade s/n, edificio CIFP Compostela 5ª planta.

15702 Santiago de Compostela. A Coruña.

b) Modificación do nivel de seguridade do ficheiro de nivel baixo a nivel medio.

c) Cambio do nome do ficheiro de avaliación institucional polo de avaliadores externos.

2. Avaliación profesorado.

a) Cambios no enderezo de contacto do responsable do ficheiro, establecendo como novo enderezo:

Enderezo: rúa Lamas de Abade s/n, edificio CIFP Compostela 5ª planta.

15702 Santiago de Compostela. A Coruña.

b) Modificación do nivel de seguridade do ficheiro de nivel baixo a nivel medio.

3. Complementos retributivos.

a) Cambios no enderezo de contacto do responsable do ficheiro, establecendo como novo enderezo:

Enderezo: rúa Lamas de Abade s/n, edificio CIFP Compostela 5ª planta.

15702 Santiago de Compostela. A Coruña.

b) Modificación do nivel de seguridade do ficheiro de nivel baixo a nivel medio.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2007.

Guillermo Rojo Sánchez

Presidente do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario

de Galicia