DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2007 Páx. 12.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 16 de xullo de 2007 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 6 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 52, do 14 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia para o ano 2007.

Orde do 6 de marzo de 2007 (DOG nº 52, do 14 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia para o ano 2007.

No seu artigo 13 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas, e no seu parágrafo 2 sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar, de ser procedente, tramitando o expediente oportuno.

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes de axuda, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, aprobáronse os correspondentes expedientes de xeración e de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e facendo uso das facultades que me confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 6 de marzo de 2007 (DOG nº 52, do 14 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2007.

2. O incremento da dotación será de 649.923,49 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.713-E.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Única.-A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta ao prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 6 de marzo de 2007.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2007.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural