DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2007 Páx. 12.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2007, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se lles dá publicidade ás compensacións financeiras concedidas aos mexilloeiros e mariscadoras/es pola paralización temporal da súa actividade como consecuencia de biotoxinas mariñas, concedidas no ano 2006.

De acordo co establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da citada lei e o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, publícase extracto das resolucións e concesión de compensacións financeiras, as que se fai referencia nos citados preceptos, que foron concedidas pola delegada territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra en Vigo, no ano 2006.

Todas estas compensacións financeiras foron financiadas nun 80% con cargo aos fondos europeos do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP) e nun 20% con fondos procedentes da Administración da Xunta de Galicia.

1. Compensacións financeiras aos mexilloeiros e mariscadoras/es pola paralización temporal da súa actividade como consecuencia da presenza de biotoxinas mariñas.

a) Norma reguladora: Orde do 4 de xaneiro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de compensacións financeiras os mexilloeiros e mariscadoras/es derivadas da paralización temporal da actividade como consecuencia de biotoxinas mariñas, (DOG nº 5, do 9 de xaneiro), modificada pola Orde do 19 de setembro de 2006 (DOG nº 184, do 22 de setembro), e a Orde do 28 de novembro de 2006, pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesións das ditas compensacións financeiras (DOG nº 241, do 18 de decembro).

b) Convocatoria: exercicio 2006.

c) Aplicación orzamentaria: 14.03.614B.770.2.

d) Nome ou razón social dos beneficiarios e importe das compensacións financeiras: relaciónanse no anexo.

Vigo, 26 de abril de 2007.

Ángeles Montero López

Delegada provincial de Pontevedra

Ver referencia pdf "13800D010P016.PDF"

Ver referencia pdf "13800D011P017.PDF"

Ver referencia pdf "13800D011P017.PDF"