DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2007 Páx. 12.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xullo de 2007 pola que se modifica a do 4 de agosto de 2006 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

Por Orde do 4 de agosto de 2006, Diario Oficial de Galicia do 11, publícase a relación de todos os centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior, acollidos ao réxime de concertos educativos.

Vistos a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e a Orde do 10 de xaneiro de 2005, pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 2005-2006.

Tendo en conta o disposto no artigo 46 do antedito regulamento, aprobado polo Real decreto 2377/1985, sobre as causas que darán lugar á modificación do concerto educativo, así mesmo, o previsto na disposición vixésima da citada orde.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Modificar o concerto educativo referido ao centro docente privado que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo.-A addenda ao documento administrativo de formalización de concerto educativo será asinada pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise a addenda ao documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Sober.

Localidade: Rosende.

Centro: Belarmino Fernández Iglesias.

Código do centro: 27011718.

Diminúese 1 unidade do ciclo formativo de grao medio Servizos de restaurante e bar, con efectos económico-administrativos do 1 de outubro de 2006.

Composición resultante do concerto educativo:

Nivel: formación profesional.

-Ciclos formativos de grao medio-

1 unidade de 1º curso de cociña.

1 unidade de 2º curso de cociña.

Duración (anos): 2.