DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2007 Páx. 12.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xuño de 2007 pola que se lle prorroga a autorización ao Conservatorio Elemental de Música da Guarda, de titularidade municipal, para impartir con carácter provisional durante o curso escolar 2007-2008 as ensinanzas elementais de música.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, Diario Oficial de Galicia do 9 de xaneiro de 2006, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden estas competencias.

Os conservatorios de música de titularidade municipal levan a cabo un importante labor no fomento, difusión e extensión das ensinanzas de música por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñen unha grande importancia para o desenvolvemento integral dos nenos e mozos, contribuíndo así ao enriquecemento da vida cultural dos concellos.

Por Orde do 5 de outubro de 2006, Diario Oficial de Galicia do 2 de novembro, autorizouse ao Conservatorio Elemental de Música da Guarda, de titularidade municipal, a impartir, con carácter provisional durante o ano escolar 2006-2007, o grao elemental das ensinanzas de música.

Tendo en conta que o Conservatorio Elemental de Música da Guarda ten aprobado o correspondente proxecto técnico, mediante resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa do 29 de novembro de 2006, para a realización das obras que conduzan á obtención da autorización definitiva do conservatorio elemental de música desta localidade, para 120 postos escolares, é polo que esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Artigo único.-Prorrogar a autorización do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, de titularidade municipal, para impartir con carácter provisional durante o curso escolar 2007-2008 as ensinanzas elementais de música.

Disposión derradeira

Facúltase ás direccións xerais de Ordenación e Innovación Educativa e á de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Guarda.

Localidade: A Guarda.

Código do centro: 36024288.

Titular: Concello da Guarda.

Centro: Conservatorio Elemental de Música da Guarda.

Autorización provisional: ensinanzas elementais de música.