DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2007 Páx. 11.812

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de xuño de 2007 pola que se fai público o acordo do pleno na súa sesión do 29 de maio de 2007 sobre a forma en que as entidades locais de Galicia deben render as súas contas xerais por medios electrónicos en soporte físico informático.

Advertidos os erros na citada resolución, publicada na edición en galego do Diario Oficial de Galicia nº 120, do 22 de xuño de 2007, deben facerse as seguintes correccións:

Na páxina 10.832, nas aliñas primeira e terceira do parágrafo sexto da exposición de motivos, e na páxina 10.833, no terceiro parágrafo do punto quinto, onde di, respectivamente: «regra 104.3º», «regra 92.3º» e «artigo 3.3º», debe dicir: «regra 104.3», «regra 92.3» e «artigo 3.3».

Na páxina 10.835, no anexo III, onde di: «Estados integrados e consolidados», debe dicir: «3) Estados integrados e consolidados».

Ver referencia pdf "13300D002P008.PDF"