DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2007 Páx. 11.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de xullo de 2006 de delegación de competencias.

Detectados erros na publicación da Resolución do 11 de xullo de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 18 de xullo de 2006) da Universidade de Vigo, pola que se fai pública a delegación de competencias.

No punto 8) «Deléganse na vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes as seguintes competencias»:

A letra e) modifícase e queda da forma seguinte:

«e) As da presidencia ou representación no xurado de bolsas do MEC e nos procedementos das bolsas compensatorias da Xunta de Galicia, así como a convocatoria e resolución de bolsas para estudantes, agás aquelas que dependan directamente doutras vicerreitorías».

No título II. «Delegación a favor do xerente».

O punto 13) modifícase e queda da forma seguinte:

«13. En canto ao xerente e con independencia das competencias que lle outorgan a LOU e os estatutos da Universidade de Vigo, deléganse nel e, por suplencia, nos vicexerentes de Asuntos Económicos e de Asuntos de Persoal, segundo a súa área de competencia, en situacións de vacante, ausencia ou enfermidade da persoa que desempeña a xerencia, as seguintes competencias:».