O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no primeiro semestre.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril maio e xuño do ano 2007, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2007.
Santiago Antonio Roura Gómez
Secretario xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
Ver referencia pdf "13100D007P018.PDF"