DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2007 Páx. 11.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas dos seleccionados para o acceso ás bolsas de reserva de funcionarios interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Examinadas nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza as alegacións e documentación presentados polos interesados para emendar as listaxes provisorias das solicitudes admitidas e excluídas das bolsas de reserva de funcionarios interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, ao que se lle deu publicidade pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de maio de 2007 (DOG nº 107, do 5 de xuño), esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listaxes definitivas dos seleccionados para o acceso ás bolsas de reserva de funcionarios interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Segundo.-As listaxes a que se refire o parágrafo anterior estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ser impugnada directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2007.

Begoña Santos Fernández

Directora xeral de Xustiza