DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2007 Páx. 11.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 129/2007, do 5 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

En atención aos méritos que concorren en Isaac Díaz Pardo, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Isaac Díaz Pardo.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza