DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2007 Páx. 11.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 28 de xuño de 2007 pola que se modifica a do 6 de marzo de 2007 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas ás entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado.

A Orde do 6 de marzo de 2007, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, publicada no DOG nº 53 do día 15 de marzo de 2007, sinala no seu artigo 4 que as subvencións se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2007.05.32.312F.481.0 (proxecto 2003 00513) cun importe de 500.000 € destinadas ás subvencións reguladas por esta orde.

Recibida unha achega do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais co obxecto de propiciar a realización de programas en desenvolvemento do Plan Nacional do Voluntariado no ámbito autonómico, faise necesario modificar a orde de axudas no que respecta á contía económica.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e modificada pola disposición adicional oitava da Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, pola que pasa a denominarse Lei de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 517/2005, do 6 de outubro.

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima da Orde do 6 de marzo de 2007 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas ás entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado na contía de 187.632,60 € (cento oitenta e sete mil seiscentos trinta e dous euros con sesenta céntimos) con cargo á partida orzamentaria 2007.05.32.312F.481.0 (proxecto 2003 00513) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2007

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar