DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2007 Páx. 11.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xuño de 2007 pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a concesión de bolsas para formación de dinamizadoras e dinamizadores da igualdade en Galicia.

Advertidos erros na mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 124, do xoves día 28 de xuño de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 11.187, no artigo 3º referido ao orzamento, onde di: «… aplicación orzamentaria 05.20.311B.481.1…» debe dicir: «… aplicación orzamentaria 05.20.313B.481.1 …».

Na páxina 11.190, no anexo I, no cadro referido á lexislación aplicable, onde di: «Orde do 7 de xullo de 2007…» debe dicir: «Orde do 7 de xuño de 2007…».