DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2007 Páx. 11.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 28 de xuño de 2007 pola que se ditan instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, en continuidade cos correspondentes aos dos dous anos anteriores, reforzarán o proceso de cambio da orzamentación por resultados e obxectivos, permitindo mellorar o cumprimento dos principios orientadores dos mesmos, como son a transparencia, eficacia e eficiencia na asignación dos recursos públicos así como na xestión e control do gasto público.

Do mesmo xeito, para o exercicio próximo, avanzarase na consideración global dos orzamentos, mediante a extensión do ámbito institucional destes, abranguendo entes e organismos que teñen a consideración de Administración autonómica, segundo a metodoloxía aplicada polo sistema europeo de contas (SEC-95).

Os próximos orzamentos inscríbense nun contexto de altas taxas de crecemento da economía española e mundial, o que favorece un sólido dinamismo da economía galega, que debe ser aproveitado para reforzar aquelas políticas que permitan acelerar o proceso de converxencia desta coas economías española e europea. Tamén deberán ter en conta o contexto normativo das leis de estabilidade orzamentaria e a evolución futura dos ingresos orzamentarios que, con taxas de crecemento moi elevadas nos exercicios recentes, tenderán a moderar o seu ritmo futuro. Ambas as circunstancias indican a necesidade de axustar o crecemento dos gastos non-financeiros.

Os orzamentos para 2008, como ferramenta para explicitar os obxectivos da política do Goberno, recollerán o esforzo para afondar nos obxectivos de transparencia, eficacia e eficiencia do gasto público. Este estará orientado a potenciar as infraestruturas que incrementen a dotación de capital físico, desenvolverá políticas sociais e educativas que melloren o capital humano e fomentará a mellora da produtividade e competitividade da nosa economía a través do reforzamento do capital tecnolóxico. Potenciará políticas públicas e fomentará as actividades dos axentes económicos e sociais, que favorezan o desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento.

Polo exposto e conforme as competencias que lle corresponden á Consellería de Economía e Facenda, en virtude do establecido no artigo 7c) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, apróbanse as seguintes instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2008.

Artigo 1º.-Criterios xerais de orzamentación.

A elaboración dos orzamentos do ano 2008 abordarase a partir dunha dobre consideración das prioridades e propostas de actuación dispensando unha atención preferente á realización das grandes políticas de carácter básico xa asumidas en anos anteriores e reservando ao mesmo tempo un lugar destacado para o desenvolvemento doutra serie de actuacións que se considera que revisten un carácter estratéxico para o desenvolvemento social e económico de Galicia.

Neste sentido, os criterios que deberán terse en conta, permitirán:

a) Potenciar o desenvolvemento de políticas sociais, especialmente no ámbito da educación, sanidade e atención ás persoas dependentes.

b) Impulsar medidas tendentes á promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como a mellora da conciliación entre a vida profesional e a vida persoal.

c) Reforzar as políticas que melloren as nosas infraestruturas produtivas.

d) Fomentar políticas de gasto que supoñan unha contribución máis relevante na mellora da produtividade e competitividade na nosa economía.

e) Potenciar os investimentos en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) e na sociedade da información e do coñecemento.

f) Impulsar as políticas que melloren a protección do ambiente, así como aquelas que faciliten un desenvolvemento territorial equilibrado.

g) Aumentar o grao de eficacia e eficiencia do gasto público.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Un.- As disposicións contidas nesta orde serán de aplicación á elaboración do anteproxecto de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2008, no cal se integran os correspondentes a:

a) A Administración xeral da comunidade autónoma e os seus organismos autónomos.

b) As sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os demais entes do sector público aos que se refire o artigo 12.1º.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Dous.- En todo caso, os orzamentos de 2008, incluirán os orzamentos de todas as entidades que estean clasificadas como Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do SEC-95, salvo as universidades públicas.

Artigo 3º.-Estrutura orzamentaria.

Un.-O orzamento de ingresos elaborarase de acordo coa clasificación económica que figura no anexo I desta orde, e coa clasificación orgánica que se corresponde cun único centro xestor na Administración xeral e con centros de xestión diferenciados para cada un dos organismos autónomos administrativos.

Dous.-O orzamento de gastos da Administración xeral e dos distintos organismos autónomos administrativos estruturarase tendo en conta as finalidades e obxectivos que o orzamento pretende acadar e adecuarase á clasificación económica, orgánica e funcional por programas que figuran nos anexos II, III e IV desta orde.

Ademais das estruturas xerais de gastos que figuran nos referidos anexos, a totalidade dos créditos do orzamento de gastos configuraranse por código de proxecto.

Con independencia das clasificacións antes reguladas, as bases de datos orzamentarias ofrecerán información complementaria respecto da orzamentación inicial dos plans de actuacións sectoriais e de carácter transversal, en especial do plan de reequilibrio territorial aprobado polo Consello da Xunta o 28 de xuño de 2007.

Así mesmo, os proxectos de gasto financiados con fondos estruturais deberán ter en conta as vinculacións cos obxectivos estratéxicos de Galicia 2007-2013, eixes de intervención, medidas/categorías de gasto e indicadores de realización, resultados e impacto.

Polo que se refire aos proxectos de investimento e ás transferencias de capital deberá incorporarse a clasificación territorial, segundo as instrucións que emitirá a Dirección Xeral de Orzamentos.

Tres.-Os orzamentos de ingresos e gastos dos organismos autónomos comerciais, financeiros e análogos estruturaranse de acordo coa clasificación económica, orgánica e funcional establecida con carácter xeral e, ademais, cos estados financeiros que están obrigados a presentar, de acordo coas normas específicas de carácter contable recollidas no capítulo IV do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lles son de aplicación.

Catro.-Os orzamentos de explotación e capital e demais estados financeiros das sociedades públicas, así como o cadro de persoal que figura no anexo VI de esta orde presentaranse de acordo coas particularidades establecidas no capítulo V do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Cinco.-As transferencias internas, achegas e en xeral as operacións entre diversos entes que se definen no artigo dous desta orde deberán orzarse de modo individualizado para efectos de favorecer a consolidación orzamentaria.

Seis.-Os orzamentos xerais da comunidade autónoma elaboraranse tendo como unidade de conta o euro.

Artigo 4º.-Texto articulado.

Un.-Corresponderalle á Dirección Xeral de Orzamentos coordinar a redacción do articulado do anteproxecto de Lei de orzamentos e a presentación do seu texto definitivo.

Dous.-As consellerías, e a través delas os organismos autónomos, poderán formular ata o 31 de xullo as propostas normativas con encaixe na Lei de orzamentos que consideren necesarias, acompañadas de memoria xustificativa da súa oportunidade, da táboa de vixencias e de disposicións afectadas e, no seu caso, de informe económico sobre a súa repercusión nos ingresos e gastos, segundo o cadro 1 do anexo VIII desta orde.

Artigo 5º.-Proceso de elaboración.

Un.-A Dirección Xeral de Orzamentos, da Consellería de Economía e Facenda, levará a cabo as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos necesarios para a elaboración do anteproxecto de ingresos, considerando a información relativa ás previsións correspondentes a impostos directos, indirectos e taxas e prezos, facilitadas pola Dirección Xeral de Tributos, e as correspondentes ao capítulo IX, da sección 22 que achegará a Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro.

A estimación dos beneficios fiscais que afecten as figuras impositivas sobre as que a comunidade autónoma posúe competencias normativas, será facilitada pola Dirección Xeral de Tributos.

A inclusión de ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas, e correlativamente a dotación de créditos no orzamento de gastos unicamente será posible logo da xustificación do dereito a súa percepción por parte das consellerías afectadas.

A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios facilitará á Dirección Xeral de Orzamentos a relación de proxectos financiados con cargo ao FCI, acordados con cada unha das consellerías para o seu financiamento con cargo ao crédito incluído na sección 33 do anteproxecto de orzamentos xerais do Estado para o ano 2008, correspondentes a esta comunidade autónoma, así como a programación para 2008, dos fondos europeos, coa correspondente desagregación por eixe e medida ou categoría de gasto, fondo comunitario, obxectivos estratéxicos (final e intermedio) da estratexia de Galicia 2007-2013 para as intervencións estruturais e órgano executor.

As consellerías que tivesen adscritos organismos autónomos remitirán as previsións de ingresos correspondentes a cada un deles.

Na elaboración dos orzamentos para 2008 propoñerase o inicio da metodoloxía que permita visualizar a perspectiva de xénero nos mesmos. Así mesmo, constituirase unha comisión interdepartamental para a formulación daqueles programas que deban ser obxecto de seguimento concreto.

Dous.-As distintas consellerías e órganos xestores remitirán polo sistema informático establecido ao efecto as propostas de gasto para 2008, incluíndo as referentes aos organismos autónomos, entes e sociedades a eles adscritos, así como a memoria explicativa detallada das propostas a que se refiren os cadros 4 e 5 do anexo VIII desta orde.

A Dirección Xeral de Orzamentos examinará en coordinación coas consellerías, secretarías xerais e, se é o caso, cos órganos responsables dos programas de gasto, a documentación orzamentaria recibida, para efectos de axustar os créditos ás previsións de financiamento realizadas e ao establecido nesta orde e na restante normativa aplicable.

Tres.-Logo das reunións que proceda, a Dirección Xeral de Orzamentos determinará conforme aos criterios e obxectivos fixados nos escenarios orzamentarios e demais directrices aprobadas polo Consello da Xunta, os importes dos orzamentos correspondentes a cada órgano xestor, e determinará as regras de validación que se deben incluír no programa informático de elaboración dos orzamentos.

Catro.-As propostas de anteproxectos dos estados de gastos dos órganos estatutarios da comunidade autónoma, das consellerías e dos organismos autónomos a elas adscritos elaboraranse conforme aos criterios establecidos e remitiranse, no soporte informático establecido, á Dirección Xeral de Orzamentos, de acordo co establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

O anexo de persoal obterase directamente no programa de xestión de persoal no caso das seccións orzamentarias e organismos autónomos incluídos no sistema.

Así mesmo, para os casos nos que as dotacións do capítulo I se financien con fondos europeos ou outros fondos finalistas, os distintos órganos xestores deberán remitir a través do programa informático de elaboración de orzamentos a información referida aos mesmos por código de proxecto e fonte de financiamento.

Igualmente deberán detallarse con carácter de proxecto as dotacións dos capítulos II, III e IX.

Cinco.-As sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia remitirán en soporte informático á Dirección Xeral de Orzamentos, a través da consellería de que dependan, a documentación á que se fai referencia no anexo VI.

A Dirección Xeral de Orzamentos poderá, para efectos da presentación de datos agregados, homoxeneizar as estruturas orzamentarias das sociedades e entes clasificados como administración pública da comunidade autónoma de acordo coas normas do sistema europeo de contas (SEC-95).

Esta homoxeneización realizarase sobre a base da estrutura de ingresos e gastos establecida no artigo 3º desta orden.

Artigo 6º.-Memorias e informe económico financeiro.

Un.-A redacción da memoria xeral será levada a cabo pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda.

Dous.-As memorias correspondentes a cada unha das consellerías serán elaboradas por estas consonte o contido e as instrucións que figuran no anexo VII desta orde, e remitiranse á Dirección Xeral de Orzamentos na data que se indicará en función da marcha do proceso de elaboración do anteproxecto de orzamentos.

Tres.-A memoria de obxectivos e programas será elaborada pola Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios. Para tal fin as consellerías remitiranlle, nas datas que se indicará, as fichas resumo de programas e indicadores que se sinalan nos cadros nº 2 e 3 do anexo VIII desta orde.

Catro.-A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios terá ao seu cargo a elaboración do informe económico-financeiro que xuntará ao proxecto de Lei de orzamentos xerais baseándose, de ser o caso, nos informes e previsións de conxuntura económica elaborados polo Instituto Galego de Estatística e a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Cinco.-A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios elaborará a Memoria de Orzamentos das Deputacións Provinciais, de acordo coa disposición adicional terceira do Estatuto de autonomía de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Tendo en conta as análises e as propostas de ingresos e gastos resultantes de todo o actuado, e no marco derivado dos escenarios orzamentarios plurianuais da comunidade autónoma, a Consellería de Economía e Facenda formulará o anteproxecto de Lei de orzamentos xerais e someterao á aprobación da Xunta de Galicia.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Orzamentos para desenvolver as normas contidas nesta orde, especialmente as relativas á definición, normalización e contido da clasificación económica e por programas, así como para adecuar, se é o caso, a documentación que se indica no seu artigo 3º, creando ou substituíndo os que se consideren precisos en función das necesidades resultantes do proceso de elaboración.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2007.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

CLASIFICACIÓN ECONÓMICA DOS INGRESOS PÚBLICOS

Código da clasificación económica dos ingresos públicos comprendidos nos orzamentos da comunidade autónoma e os seus organismos autónomos.

Os recursos que prevé liquidar, segundo a súa natureza económica, clasificaranse por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, tal como se detalla no seguinte sistema de codificación.

Esta estrutura de clasificación inicial por artigos, conceptos e subconceptos considérase aberta, polo que poderán propoñerse os novos elementos que se consideren necesarios en calidade de atípicos, cando non figuren incluídos na codificación inicial.

A clasificación económica, co detalle antes definido, terá carácter informativo para os efectos de lograr unha axeitada identificación dos dereitos económicos da Facenda pública no momento do seu rexistro contable. Para os efectos da súa inclusión nos orzamentos a desagregación das previsións nos distintos niveis da clasificación por categorías económicas será elaborada polos distintos centros xestores dos ingresos en función da información dispoñible por eles.

ANEXO IV

Clasificación orgánica

Estrutura por departamentos e centros xestores

Seccións

Sección 01.-Parlamento.

Servizo 01.-Parlamento.

Servizo 02.-Valedor do Pobo.

Sección 02.-Consello de Contas.

Servizo 01.-Consello de Contas.

Sección 03.-Consello da Cultura Galega.

Servizo 01.-Consello da Cultura Galega.

Sección 04.-Presidencia da Xunta.

Servizo 10.-Secretaría Xeral da Presidencia.

11.-Asesoría Xurídica Xeral.

12.-Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia.

Servizo 20.-Secretaría Xeral de Análise e Proxección.

Servizo 30.-Secretaría Xeral de Comunicación.

31.-Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Servizo 40.-Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

41.-Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Servizo 50.-Secretaría Xeral de Emigración.

Servizo 60.-Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ente publico.-Compañía de Radio Televisión de Galicia.

Sociedade mercantil.-Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.

Sección 05.-Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Servizo 10.-Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais .

Servizo 20.-Secretaría Xeral da Igualdade.

Servizo 30.-Secretaría Xeral do Benestar.

31.-Dirección Xeral de Acción Social.

32.-Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

Servizo 80.-Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e a Muller.

Sección 06.-Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral da Función Pública.

Servizo 03.-Dirección Xeral da Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Xustiza.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Interior.

Servizo 07.-Dirección Xeral de Protección Civil.

Servizo 08.-Dirección Xeral de Administración Local.

Servizo 80.-Escola Galega de Administración Pública.

Servizo 81.-Academia Galega de Seguridade Pública.

Sección 07.-Consellería de Economía e Facenda.

Servizo 01.-Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Servizo 02.-Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Tributos.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Orzamentos.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Servizo 80.-Instituto Galego de Estatística.

Servizo 81.-Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

Ente público.-Instituto Galego de Promoción Económica.

Ente público.-Consello Económico e Social.

Ente público.-Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Sociedade mercantil.-Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A..

Sociedade mercantil.-Xes Galicia SXECR, S.A.

Sociedade mercantil.-Sodiga.

Sociedade mercantil.-Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.

Sociedade mercantil.-Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.

Sección 08.-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Urbanismo.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Obras Públicas.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Transportes.

Servizo 05.-Xurado de expropiacións de Galicia.

Servizo 80.-Instituto de estudios do territorio.

Ente público.-Portos de Galicia.

Ente público.-Axencia de protección da legalidade urbanística.

Sección 09.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnoloxía do Sistema Universitario de Galicia.

Sección 10.-Consellería de Innovación e Industria.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Turismo.

Servizo 80.-Instituto Galego de Consumo.

Ente público-Instituto Enerxético de Galicia.

Sociedade mercantil.-Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.

Sociedade mercantil.-Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia.

Sociedade mercantil.-Sociedade Anónima de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia.

Sociedade mercantil.-Galicia Calidade, S.A.

Sección 11.-Consellería do Medio Rural.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Servizo 90.-Fondo Galego de Garantía Agraria.

Ente público.-Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Sociedade mercantil.-Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Sociedade mercantil.-Xenética Fontao, S.A.

Sociedade mercantil.-Empresa Pública Servizos Agrarios Galegos, S.A.

Sección 12.-Consellería de Cultura e Deportes.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Servizo 04.-Dirección Xeral para o Deporte.

Servizo 90.-Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

Fundación Cidade da Cultura.

Sección 13.-Consellería de Sanidade.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Saúde Pública.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.

Servizo 80.-Servizo Galego de Saúde.

Sociedade mercantil.-Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

Fundación Pública Hospital de Verín.

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.

Fundación Pública Foro Permanente Galego Iberoamericano da Saúde.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

Fundación Pública Hospital do Salnés.

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Sección 14.-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Ente público.-Instituto Tecnolóxico do Mar.

Sección 15.-Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.

Servizo 80.-Augas de Galicia.

Ente público.-Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Sociedade mercantil.-Sociedade Galega de Medioambiente, S.A., Sogama.

Sección 16.-Consellería de Traballo.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Servizo 05.-Consello Galego de Relacións Laborais.

Sección 17.-Consellería de Vivenda e Solo.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.

Servizo 90.-Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Sociedade mercantil.-Xestur Coruña, S.A.

Sociedade mercantil.-Xestur Lugo, S.A.

Sociedade mercantil.-Xestur Ourense, S.A.

Sociedade mercantil.-Xestur Pontevedra, S.A.

Sección 20.-Consello Consultivo de Galicia.

Servizo 01.-Consello Consultivo de Galicia.

Sección 21.-Transferencias a corporacións locais.

Servizo 01.-Transferencias a corporacións locais.

Sección 22.-Débeda pública da comunidade autónoma.

Servizo 01.-Débeda pública da comunidade autónoma.

Sección 23.-Gastos de diversas consellerías.

Servizo 01.-Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Orzamentos.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro.

ANEXO V

Documentación específica dos organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos

Estrutura dos orzamentos de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

Os organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos, se é o caso, elaborarán o seu orzamento axustándoo á estrutura que se recolle neste anexo, composta polos seguintes documentos:

a) Pormenor de ingresos e gastos.

b) Conta de explotación.

c) Cadro de financiamento básico.

Ao pormenor de ingresos e gastos uniranse ademais:

a) Conta-resumo de operacións comerciais.

b) Estado demostrativo da variación do fondo de manobra.

-Estrutura do orzamento para organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

Gastos:

Capítulo 1º.-Gastos de persoal.

Capítulo 2º.-Gastos en bens correntes e de servizos.

Capítulo 3º.-Gastos financeiros.

Capítulo 4º.-Transferencias correntes.

Capítulo 6º.-Investimentos reais.

Capítulo 7º.-Transferencias de capital.

Capítulo 8º.-Activos financeiros.

Capítulo 9º.-Pasivos financeiros.

Ingresos:

Capítulo 1º.-Impostos directos.

Capítulo 2º.-Impostos indirectos.

Capítulo 3º.-Taxas e outros ingresos.

Capítulo 4º.-Transferencias correntes.

Capítulo 5º.-Ingresos patrimoniais.

-Artigo 57 Resultado de operacións comerciais.

-Artigo 58 Variación do fondo de manobra.

Capítulo 6º.-Alleamento de investimentos reais.

Capítulo 8º.-Activos financeiros.

Capítulo 9º.-Pasivos financeiros.

ANEXO VII

Instrucións para a confección das memorias das consellerías

A memoria explicativa de cada consellería sobre os orzamentos para o ano 2008 incluirá información relativa a:

-A propia consellería.

-Os organismos autónomos que, se é o caso, teña adscritos.

-As sociedades públicas dela dependentes.

O desenvolvemento da memoria realizarase de acordo co esquema que se indica a continuación:

1. Competencias.

Instrucións: con referencia ás estruturas aprobadas por decretos 231/2005 e 232/2005, do 11 de agosto, enumeraranse as competencias da consellería, relacionando os distintos reais decretos polos que se aprobaron os traspasos de funcións e servizos producidos ata o momento.

Indicaranse, se é o caso, os organismos autónomos adscritos con mención das súas competencias, e as sociedades públicas dependentes, cunha referencia ao seu obxecto social.

2. Obxectivos e liñas de acción para o ano 2008.

2.1. Da consellería.

2.2. Do organismo autónomo.

2.3. Das sociedades públicas.

Instrucións: expoñeranse de forma xenérica as liñas de acción que se deben seguir e os obxectivos que se pretenden acadar no 2008, así como as actuacións básicas que deberán ser desenvoltas para a súa consecución, sen descender ao detalle dos obxectivos de cada programa e das realizacións singulares, para os que se fará referencia no punto 3.1.

3. Orzamento de gastos para o ano 2008.

3.1. Distribución funcional. Programas de gasto.

3.1.1. Da consellería.

3.1.2. Do organismo autónomo.

Instrucións: por cada un dos programas de gasto desenvolveranse os puntos seguintes:

1. Descrición.

En relación co ente xestor incluirase unha descrición do contido do programa e dos seus obxectivos, expoñendo a continuación a necesidade e os beneficios que se esperan acadar da súa execución.

2. Actividades.

Farase referencia ás actuacións máis significativas que se van desenvolver para acadar a finalidade e os obxectivos previstos en cada programa.

3. Órganos encargados da súa execución.

Relacionaranse os centros directivos, a nivel de servizos orzamentarios, aos que se encomenda a execución do programa.

Unha vez realizada a exposición de todos os programas segundo o esquema precedente, incluiranse os seguintes cadros-resumo:

ANEXO VIII

Para confeccionar polas consellerías:

Cadro nº 1.-Ficha de propostas de incorporación no articulado do anteproxecto de Lei de orzamentos para o ano 2008

Cadro nº 2 .-Ficha memoria de programas.- Empregarase unha ficha para cada servizo ou organismo autónomo, que execute o programa.

(1).-Diagnóstico da situación.-Describirá a situación e os problemas detectados ou necesidades que hai que cubrir que motiven a demanda da actuación pública. Enumerando os ámbitos ou colectivos afectados.

(2).-Obxectivos.-Resumirá os resultados esperados do programa, indicando a diferenza entre a situación actual e o final esperado.

(3).-Actividades máis significativas que se realizarán para acadar os obxectivos previstos polo programa

(4).-Indicadores de seguimento asociados a cada obxectivo que permitan avaliar o éxito do programa. Os indicadores poden ser de recursos, de resultados, de impacto, etc., deberá indicarse, se é o caso, os sistemas de seguimento específicos que se utilicen.

(5).-Impacto sobre políticas transversais.-Indicarase o impacto do programa sobre o ambiente, as políticas de xénero e a competitividade.

Cadro nº 3.-Ficha resumo do programa.

Cadro nº 4.-Ficha de peticións por capítulos de gasto.

Obxectivo: xustificación por capítulos das dotacións que se consideren necesarias en relación cos obxectivos que hai que acadar, distinguindo a necesidade das dotacións actuais e, cando se propoña, a necesidade do seu incremento.

Procedemento: na cabeceira da ficha figurará o código da sección, e o centro directivo ou organismo responsable do gasto e a súa denominación, segundo a estrutura orgánica que figura nos anexos da orde.

Nos capítulos IV, VI, VII e VIII indícanse as principais liñas de acción para as que se solicitan os incrementos, de ser o caso.

Esta ficha remitirase telematicamente.

Cadro nº 5.-Detalle das peticións por programa e servizo ou organismo autónomo.

Obxectivo: xustificación por programas das dotacións que se consideren necesarias en relación cos obxectivos que hai que acadar, distinguindo a necesidade das dotacións actuais e, cando se propoña, a necesidade do seu incremento.

Procedemento: na cabeceira da ficha figurará o código da sección, programa e centro directivo ou organismo responsable do gasto e a súa denominación, segundo a estrutura de programas e orgánica que figura nos anexos da orde.

Por capítulos de gasto explicarase a necesidade de manter as dotacións actuais, considerando a posibilidade da súa redución e a xustificación dunha maior dotación cando se considere indispensable.

En especial detallaranse todos os compromisos de gasto que se van realizar no exercicio adquiridos en exercicios anteriores e no actual, conforme o establecido no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De solicitarse incremento de dotacións, deberase indicar a súa fonte de financiamento.

O total por capítulos deberá coincidir co importe do cadro nº 4.