DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2007 Páx. 11.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xuño de 2007 pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de axudas e subvencións dirixidas a fomentar en Galicia a realización e difusión de estudos e investigacións relacionados coas mulleres.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 125, do venres 29 de xuño de 2007, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 11.260, na Disposición adicional, onde di: «De conformidade co artigo 3.4º...», debe dicir: «De conformidade co artigo 13.4º...».