DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2007 Páx. 11.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2007 pola que se convocan cursos, na modalidade de teleformación, para o persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) aprobado para o 2007, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cursos, na modalidade de teleformación, para o persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Requisitos dos participantes.

Poderán participar nas accións formativas convocadas por esta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados no Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia que se encontran en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada un dos cursos relacionados no anexo I. Terán prioridade o persoal daquela entidade que teña convenio vixente coa EGAP relativo á accións formativas.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Segunda.-Acceso ás actividades, datas e lugares de realización.

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para cada curso no anexo I. A participación nos cursos que teñan lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.

Os cursos realizaranse coa duración e condicións que para cada un deles se indican no anexo I. A información será actualizada na páxina web da EGAP, http://www.egap.xunta.es.

Terceira.-Solicitudes.

A) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es, de acordo co disposto na base 4ª desta resolución, non sendo admisibles outros modelos de solicitude.

B) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

C) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecidas no punto anterior ou sexan presentadas fóra de prazo.

D) As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

-Ordenador con conexión á internet

-Calquera navegador web co plugin de flash

-Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

E) As solicitudes cubertas adecuadamente de acordo coa base 4ª entenderanse presentados na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matrícula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 30 ou correo electrónico ao enderezo local.egap@xunta.es, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

F) Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de encontrárense varias solicitudes dunha mesma persoa só serán considerados os datos achegados a través da internet.

G) O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de xullo de 2007.

Cuarta.-Formulario normalizado de solicitude.

A) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da aplicación informática de matrícula en liña da Escola Galega de Administración Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula.

B) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

C) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización dos prazos de presentación de solicitudes.

D) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do número de teléfono: 981 54 63 40, o fax: 981 54 63 30 ou enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Quinta.-Selección.

A) Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 30 de xaneiro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 7 de febreiro) e, de ser o caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa sinalados no anexo I.

B) A EGAP solicitará á entidade da que dependan os solicitantes toda a información que precise para efectuar a selección conforme os criterios sinalados no punto anterior.

C) Así mesmo poderá ser solicitado o asesoramento dos profesores na materia dos cursos cando sexa conveniente para unha mellor selección e a homoxeneización do grupo de alumnos, para o que poderán ser establecidas probas previas de nivel.

D) No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos nalgún curso, poderá completarse o número de alumnos asignados a eles mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas.

Sexta.-Publicación das relacións do persoal seleccionado.

A) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://www.egap.xunta.es unha relación provisional das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como a un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a través do correo electrónico. As persoas que non figuren na relación non foron seleccionadas polo que ocupan un posto máis afastado na lista de reservas, ou ben foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6º b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

B) A EGAP solicitará, se é o caso, ao centro directivo no que está adscrito a persoa preseleccionada ou xefatura de persoal da entidade correspondente a documentación acreditativa da veracidade dos datos contados na solicitude así como a certificación de que a materia do curso ten relación co posto de traballo.

C) O persoal preseleccionado só poderá renunciar ao curso por causa de forza maior suficientemente xustificada, necesidade do servizo ou outras causas xustificadas sempre que así as acredite documentalmente a persoa responsable do departamento administrativo en que desenvolva o seu labor ou a través de un documento que acredite o feito alegado.

A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso co fin de cubrir a vacante. A renuncia non xustificada ou non acreditada documentalmente a causa que a produce, suporá a exclusión do seleccionado nas convocatorias do ano seguinte, de acordo co disposto na Resolución do 30 de xaneiro de 2007 pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública.

D) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://www.egap.xunta.es a listaxe definitiva de admitidos ao curso. A persoa seleccionada deberá comunicarlle á persoa responsable do seu centro directivo a selección na actividade en caso de coincidir co horario de traballo, pois neste suposto deberá contar coa súa autorización, que terá que presentarlle ao comezo do curso ao responsable da actividade formativa ou á EGAP. Se por necesidades do servizo ou causas debidamente motivadas poderá negarse a asistencia ao curso, circunstancia que debe ser comunicada á EGAP.

E) Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

Sétima.-Asistencia aos cursos.

Durante a celebración das actividades formativas levarase un control permanente de asistencias a través dos sistemas que se establezan para o efecto e, así mesmo, constarán como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar a hora de chegada ou saída, no caso de facelo durante a duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.

Oitava.-Certificados.

A) Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia ao alumnado que participe con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

B) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que se acreditará documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice e que, en ningún caso, poderá superar o 15% das horas lectivas. As ausencias aínda xustificadas superiores ao 15% do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma

C) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 15% das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no curso senón que os participantes poderán ser excluídos das convocatoria das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do curso.

D) Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

-Asistencia á sesión presencial de apertura, se a houbese.

-Adecuada realización das actividades que o titor ou a titora propoña. Estas deben constar como aprobadas nos prazos que estipulen as titorías.

-Lectura detallada dos contidos do curso. Cada curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma. En cada curso estimarase un tempo mínimo que será comunicado antes polas titorías ao seu inicio.

O alumnado deberá superar unha proba final, de carácter presencial, que terá lugar nas dependencias da EGAP. Para poder obter o diploma é necesario obter un aprobado nesa proba e cumprir os demais requisitos con anterioridade.

D) Para que quede coñecemento e constancia no seu expediente, as persoas participantes nos cursos terán que facilitarlles unha copia das certificacións recibidas aos servizos de persoal do centro directivo ao cal estean adscritos.

Novena.-Facultades da EGAP.

A) A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e a xestión dos cursos, e pode suprimir algún, ampliar novas edicións da programación ou programar outros cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Así mesmo corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

B) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos, as datas e os lugares, así como todas as continxencias que poidan xurdir.

C) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2007.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso de word básico.

Código: LPW

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrecen os tratamentos de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia con coñecemento de acceso á internet.

3. Desenvolvemento.

Duración: 25 horas (21 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 1 ao 30 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 1 de outubro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 30 de outubro de 2007 ás 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Coñecementos básicos. Sistema operativo. Procesador de textos: introdución e arquivo de texto. Labores de edición. Labores de automatización.

* Curso de powerpoint.

Código: LPPP.

1. Obxectivos.

Coñecer as posibilidades do programa PowerPoint, para a elaboración de presentacións, co obxecto de facilitar o intercambio de información e mellorar o traballo na Administración pública.

2. Destinatarios

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia con coñecemento de acceso á internet.

3. Desenvolvemento.

Duración: 25 horas (21 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 1 ao 30 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 1 de outubro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 30 de outubro de 2007 ás 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Introdución a Microsoft PowerPoint. Gardar un documento. Edición de diapositivas. Asistente de autocontido. Patróns no PowerPoint. Traballar con texto. Traballar con obxectos. Animación de obxectos e textos. Presentacións na pantalla. Recomendacións.

* Curso de open office writer

Código: LPOW.

1. Obxectivos.

Realizar unha aproximación ao funcionamento teórico-práctico do procesador de textos libre.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Duración: 20 horas (16 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo completarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 19 de setembro ao 23 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 18 de setembro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 23 de outubro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Coñecementos básicos. Procesador de textos: introdución e arquivo de texto. Labores de edición. Labores de automatización.

* Curso de open office calc.

Código: LPOC

1. Obxectivos.

Realizar unha aproximación ao funcionamento teórico-práctico da folla de cálculo libre.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Duración: 20 horas (16 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 18 de setembro ao 23 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 18 de setembro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 23 de outubro de 2007 ás 18.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Introdución e modificación de valores. Utilización e deseño de fórmulas. Funcións. Gráficos. Xestión de datos.

* Curso básico de prevención de riscos laborais.

Código: LPPR.

1. Obxectivos.

Formar os/as traballadores/as do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo de Galicia e Parlamento de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

Duración: 30 horas (26 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularen ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 13 de setembro ao 30 de outubro de 2007

Sesión inicial: 13 de setembro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 30 de outubro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde no traballo. Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos e a súa prevención no sector da Administración pública. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos. Primeiros auxilios.

* Curso sobre a información europea na rede.

Código: LPIE.

1. Obxectivos.

Familiarizar ao persoal do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo de Galicia e Parlamento e doutras administracións na busca da información da Unión Europea a través da internet.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia pertencente aos grupos C/D ou asimilados.

3. Desenvolvemento.

Duración: 25 horas (21 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 12 de setembro ao 23 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 12 de setembro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 23 de outubro de 2007 ás 19:00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Introdución á Unión Europea. Historia da construción europea. O dereito comunitario. O portal Eur-Lex. A contratación pública e as axudas de Estado. As institucións comunitarias. O Parlamento Europeo. O Consello da Unión Europea. A Comisión Europea. O tribunal de xustiza das Comunidades Europeas. O comité das rexións. As políticas comunitarias. Os puntos de información comunitaria. Press Releases Rapid. Europe Direct.

* Curso de información e atención ao cidadán.

Código: LPIC.

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conduta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ao público.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia, pertencentes aos grupos C e D ou asimilados, que realicen tarefas de atención ao público e de información ao cidadán.

3. Desenvolvemento.

Duración: 25 horas (21 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 18 de setembro ao 25 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 18 de setembro de 2007 a las 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 25 de outubro de 2007 a las 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

A relación interpersoal. Elementos básicos da comunicación. Técnicas de información ao público.

A resolución de situacións.

* Curso de actualización da lingua e da linguaxe administrativa galega.

Código: LPAL.

1. Obxectivos.

Con motivo da reforma das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego no ano 2003, este curso ten por obxecto perfeccionar e actualizar os coñecementos da lingua galega e da linguaxe administrativa, se é o caso.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Duración: 20 horas (16 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 12 de setembro ao 25 de outubro de 2007.

Sesión inicial: 12 de setembro de 2007 a las 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 25 de outubro de 2007 a las 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

A modificación das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A reforma de 2003: aspectos teóricos e prácticos. A incidencia da reforma da linguaxe administrativa. O plan de normalización lingüística na Administración pública.

* Curso de inglés básico.

Código: LPIB.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos elementais da lingua inglesa.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Duración: 75 horas (71 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento

Datas: do 13 de setembro ao 11 de decembro de 2007.

Sesión inicial: 13 de setembro de 2007 ás 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 11 de decembro de 2007 ás 17.00 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25.

4. Contido.

Vocabulario. Pronuncia. Estruturas gramaticais. Comprensión básica. Formulación e contestación de preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

* Curso de inglés medio.

Código: LPIM.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos de nivel medio da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

Persoal ao servizo do Consello de Contas, Valedor do Pobo, Consello Consultivo e Parlamento de Galicia con coñecementos de inglés, o que quedará acreditado cunha proba de nivel.

3. Desenvolvemento.

Duración: 75 horas (71 de autoestudo con titorías telemáticas e 4 horas presenciais).

A realización do autoestudo completarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formularlle ao profesor todas as dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ao comezo do curso co fin de explicar o seguimento e a estrutura deste e a segunda ao final para a realización da proba de avaliación para poder obter o diploma de aproveitamento.

Datas: do 13 de setembro ao 11 de decembro de 2007.

Sesión inicial: 13 de setembro de 2007 a las 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Exame: 11 de decembro de 2007 a las 18.30 horas na sede da EGAP, Santiago de Compostela.

Prazas: 25

4. Contido.

Adaptado ao nivel do grupo que se forme.