DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Sábado, 30 de xuño de 2007 Páx. 11.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2007 pola que se publica o estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao cuarto trimestre de 2006.

De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ao estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación de tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao cuarto trimestre de 2006, que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2007.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda