DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 27 de xuño de 2007 Páx. 11.120

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 20 de xuño de 2007 pola que se dispón o cesamento dun vogal dos consellos de administración das autoridades portuarias en Galicia.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen aqueles.

Polo exposto, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Vicente Irisarri Castro como vogal, en representación da Xunta de Galicia, dos consellos de administración das autoridades portuarias de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, da Coruña, de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, de Marín e ría de Pontevedra e de Vigo e a súa ría, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes