DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 22 de xuño de 2007 Páx. 10.832

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2007 pola que se fai público o acordo do pleno na súa sesión do 29 de maio de 2007 sobre a forma en que as entidades locais de Galicia deben render as súas contas xerais por medios electrónicos en soporte físico informático.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, en sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 2007, aprobou o acordo relativo á forma en que as entidades locais de Galicia deben render as súas Contas Xerais por medios electrónicos en soporte físico informático.

ACORDO:

En cumprimento do disposto neste, resolvo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2007.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo do pleno do consello de contas con data do 29 de maio de 2007 relativo á forma en que as entidades locais de Galicia deben render as suas contas xerais por medios electrónicos en soporte físico informático.

As novas instrucións de contabilidade local, aprobadas polas ordes EHA 4040, 4041 e 4042/2004, do 23 de novembro, que entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2006, posibilitan a rendición das Contas Xerais das entidades locais por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, sempre que quede garantida a autenticidade, integridade, confidencialidade e conservación da información contable, así como a súa recepción por parte do órgano destinatario.

O novo marco legal fai necesario adoptar os criterios xurídicos e técnicos para instrumentar medidas que fagan posible a aplicación efectiva desta nova forma de cumprir a obriga de render as contas polas entidades locais de Galicia ao órgano de control externo autonómico.

Con esta finalidade e para facilitar o intercambio de información co Tribunal de Contas e cos demais órganos de control externo do Estado, adóptase o formato normalizado da Conta Xeral das entidades locais en soporte informático, recomendado pola Intervención Xeral da Administración do Estado mediante Resolución do 28 de xullo de 2006 (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Co mesmo obxectivo, mediante este acordo, tamén se require a información adicional e as especificacións dos ficheiros «xml» do Balance e Conta de Perdas e Ganancias á que se refire o anexo I da Resolución do 30 de marzo de 2007 (BOE nº 90, do 14 de abril), da Presidencia do Tribunal de Contas, pola que se fai público o Acordo do Pleno do 29 de marzo de 2007, que aproba a Instrución que regula o formato da Conta Xeral das Entidades Locais en soporte informático e procedemento telemático para a rendición das contas.

Esta transformación do xeito instrumental de render as contas e, por conseguinte, das tarefas propias do control externo, complementarase coa adopción polo Consello de Contas das probas de validación (e a súa correspondente aplicación informática) da información contable subministrada polos contandantes. Estas probas, recomendadas pola Comisión de Coordinación do ámbito local do Tribunal de Contas e dos órganos de control externo das comunidades autónomas, completaranse coa creación do Rexistro Telemático do Consello de Contas que permitirá a rendición telemática vía internet. Por esa razón, as especificacións dos ficheiros electrónicos que se establecen para a rendición en soporte físico informático, teñen a virtualidade de ser estas que se utilizarán no futuro para a rendición telemática. Este conxunto de medidas axilizará e mellorará a eficiencia dos procedementos e, sobre todo, impulsará a homoxeneización dos criterios de fiscalización que aplican as institucións públicas de

control externo sentando novas bases para unha eficaz cooperación entre as mesmas, que redundará beneficiosamente nas entidades suxeitas a esta clase de control e demais usuarios dos informes de fiscalización.

Por todo iso, de acordo co disposto na regra 104.3º da Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro (modelo normal), na regra 92.3º da Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro (modelo simplificado) e na regra 24 da Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro (modelo básico), que establecen, respectivamente, que «Para a remisión da información contable a render, os órganos de control externo poderán establecer procedementos de envío a través de medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, sempre que quede garantida a autenticidade, integridade e confidencialidade da información contable que se renda, así como a súa recepción por parte do órgano destinatario», o Pleno do Consello, en sesión que tivo lugar o 29 de maio de 2007, acorda aprobar os seguintes criterios e requisitos para render perante o Consello de Contas a Conta Xeral en soporte físico informático.

Primeiro.-Obxecto do acordo.

Este acordo ten por obxecto regular o procedemento de rendición en soporte físico informático ao Consello de Contas de Galicia das Contas Xerais das entidades locais que integran o Sector Público Local Galego.

Esta rendición en soporte físico informático consistirá en que a información da Conta Xeral se incorpore a ficheiros electrónicos que se gravarán en CD, DVD ou en disco óptico estándar.

Segundo.-Ámbito de aplicación.

Este acordo é de aplicación ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, considéranse entidades locais as entidades reguladas na Lei de Galicia 5/1997, do 22 de xullo, de normas reguladoras da Administración local.

Terceiro.-Requisitos para a rendición da Conta Xeral en soporte físico informático.

A rendición en soporte físico informático da Conta Xeral das Entidades Locais, ademais do cumprimento do disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (en adiante TRLFL), reunirá os seguintes requisitos:

a) O formato da Conta Xeral será o establecido na Resolución da Intervención Xeral de la Administración del Estado (en adiante IGAE), do 28 de xullo de 2006 (BOE nº 189, do 9 de agosto), coas especificacións que se establecen nos seguintes puntos.

b) Que a denominación dos ficheiros de Conta Xeral en formatos «pdf» e «xml» cumpran as especificacións de codificación definidas nos anexos I, II, III e IV deste acordo plenario.

c) Respecto ás contas anuais das sociedades mercantís de capital íntegro da entidade local e das entidades públicas empresariais, a codificación dos seus ficheiros «xml», relativos ao balance e á Conta de Perdas e Ganancias, deberá ser o establecido nos anexos III e IV, nos seus puntos D, segundo o modelo do Plan Xeral de Contabilidade da empresa mercantil que estas sigan. Neste caso o contido e a estrutura de cada ficheiro «xml» deberá cumprir as especificacións técnicas (esquemas XSD) publicadas no portal do Consello de Contas de Galicia (www.ccontasgalicia.es).

d) Co fin de coordinar os procedementos e a documentación requirida polo Tribunal de Contas, xunto coa Conta Xeral achegarase tamén acompañará a información adicional que se especifica no anexo V, cubrindo este.

e) Tanto os ficheiros «pdf» como «xml» cumprirán as garantías de integridade que se establecen no punto cuarto deste acordo.

f) Para garantir a súa autenticidade, os ficheiros electrónicos cumprirán as especificacións establecidas no punto quinto deste acordo.

g) A Conta Xeral deberá remitirse na forma establecida no punto sexto deste acordo.

Cuarto.-Garantías de integridade dos ficheiros «xml» e a súa correspondencia cos ficheiros «pdf».

De conformidade co establecido no punto sexto da referida Resolución da IGAE, co fin de permitir a integridade dos datos dos ficheiros «xml» e a súa correspondencia cos expresados en formato «pdf», xerarase por cada ficheiro «xml» un resumo electrónico a partir dos datos nel contidos.

O devandito resumo consistirá nunha clave alfanumérica de trinta e dous caracteres que se obterá aplicando ao ficheiro «xml» o algoritmo público MD5.

O resumo electrónico será almacenado nun ficheiro de tipo texto co mesmo nome que o «xml» correspondente pero con extensión «MD5» e deberá acompañar sempre ao ficheiro co que foi xerado.

Para comprobar a correspondencia entre os datos dos ficheiros en formato «xml» e os expresados en formato «pdf» incorporarase o resumo antes indicado a aqueles «pdf» que conteñan información incluída no «xml». Este resumo engadirase ao final do ficheiro «pdf» baixo o literal «Resumo electrónico».

Quinto.-Garantías de autenticidade.

Co fin de garantir a autenticidade da Conta Xeral incluída no soporte físico informático e a veracidade do seu procedemento de formación, e de conformidade co indicado na resolución da Presidencia do Tribunal de Contas do 30 de marzo de 2007, achegarase certificación do secretario/a da entidade local, segundo o modelo do anexo V.

Esta certificación poderase enviar en papel ou ben, en ficheiro electrónico incluído no mesmo soporte informático que os ficheiros da Conta Xeral coas sinaturas electrónicas recoñecidas dos asinantes.

Segundo o artigo 3.3º da Lei 59/2003, do 19 de decembro, de normas reguladoras de sinatura electrónica, entenderase por sinatura recoñecida, a sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido e xerado mediante un dispositivo seguro de creación de sinatura.

Sexto.-Forma de remisión da Conta Xeral en soporte físico informático.

Os ficheiros electrónico gravaranse en soporte físico (CD, DVD ou en versión posterior de disco óptico estándar), en tantos volumes como sexan precisos.

Todos os ficheiros deberán ser gravados nun único directorio principal.

O soporte físico deberá ter unha etiqueta adherida no exterior na que se fagan constar os datos que se especifican a seguir e, necesariamente, nesta mesma orde:

-Nome e CIF da entidade local.

-Exercicio ao que se refire a Conta Xeral.

-Data de envío.

-Número de orde do volume no conxunto dos presentados.

O soporte físico informático deberá achegarse nun sobre pechado xunto coa seguinte documentación en papel:

-Certificación do secretario da entidade local sobre a autenticidade e a información adicional da Conta Xeral segundo o modelo do anexo V, no caso de non optar pola certificación en ficheiro electrónico do punto quinto deste acordo.

-Oficio de remisión segundo o modelo do anexo VI.

Sétimo.-Prazo de remisión.

A rendición da Conta Xeral ao Consello de Contas, de conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas (DOG nº 138, do 25 de xullo de 1992), en relación co sinalado no artigo 223 do TRLFL, farase antes do día 15 de outubro de cada ano.

ANEXO I

Criterios xerais de codificación dos ficheiros en formato «pdf» e «xml».

A codificación dos ficheiros «pdf» e «xml» relativos á Conta Xeral das entidades locais que se contén nos anexos II, III e IV responde ao seguinte esquema:

ENTIDADE(9)_EXERCICIO(4)_MODELO(3)_CONTIDO INFORMATIVO DO FICHEIRO(21)

Neste esquema figura entre parénteses o número máximo de caracteres de cada campo. O número máximo total fíxase en corenta caracteres.

No campo ENTIDADE deberá consignarse o CIF da entidade contable de que se trate (entidade local, organismo autónomo, sociedade mercantil dependente ou entidade pública empresarial).

No campo EXERCICIO farase constar aquel ao que se refire a Conta Xeral.

No campo MODELO:

-Se a entidade contable é unha entidade local ou un organismo autónomo, consignaranse as letras BAS, SIM o NOR segundo o modelo contable básico, simplificado ou normal) que sigan a entidade local e os seus organismos autónomos, e

-Se a entidade contable é unha sociedade mercantil dependente ou unha entidade pública empresarial, consignaranse as letras NOR o ABR, segundo que os modelos das contas anuais sexan os normais ou os abreviados.

No campo CONTIDO INFORMATIVO DO FICHEIRO deberá figurar a denominación asignada nos anexos II, III e IV á información que contén cada ficheiro.

Cando o gran tamaño dalgún ficheiro «pdf» o exixa, a información correspondente poderá fraccionarse en dous ou máis ficheiros, mantendo a codificación asignada ao ficheiro único nos anexos II, III y IV e engadindo, ao final, un número que reflicte a fracción que o ficheiro representa (1, 2, 3 ...). A título de exemplo, se o ficheiro «pdf» correspondente á MEMORIA dunha entidade local suxeita ao modelo Simplificado tivera un tamaño excesivo e se fraccionara en dous, a codificación de cada un deles sería a seguinte:

ENTIDADE_20XX_SIM_MEMORIA-1.pdf

ENTIDADE_20XX_SIM_MEMORIA-2.pdf

A codificación dos ficheiros relativos ás Contas Anuais das sociedades maioritarias é a mesma que a dos ficheiros relativos ás Contas das sociedades 100% locais, coa única diferenza de que o nome da Conta Anual (BALANCE, PEG e MEMORIA) vai precedido das letras DC (documentación complementaria). En consecuencia todos os ficheiros referidos ás contas anuais de sociedades que incorporen o distintivo DC corresponderán a sociedades mercantís maioritarias.

ANEXO II

Codificación dos ficheiros relativos á Conta Xeral do modelo básico de contabilidade local

A. FICHEIRO «PDF» DA CONTA DA PROPIA ENTIDADE LOCAL (CONTA XERAL DA ENTIDADE LOCAL):

ENTIDADE_20XX_BAS_CONTA-ENTIDADELOCAL.pdf

B. FICHEIRO «XML» DA CONTA DA PROPIA ENTIDADE LOCAL (CONTA XERAL DA ENTIDADE LOCAL):

ENTIDADE_20XX_BAS_CONTA-ENTIDADELOCAL.xml

C. FICHEIRO «PDF» DA DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE SE ACOMPAÑARÁ Á CONTA XERAL:

Acta de arqueo, xustificantes dos saldos bancarios e Estado de conciliación: ENTIDADE_20XX_BAS_DC-TESOURERIA.pdf

ANEXO III

Codificación dos ficheiros relativos á Conta Xeral do modelo simplificado de contabilidade local

A. FICHEIROS «PDF» DA CONTA XERAL DA ENTIDADE LOCAL.

1) Ficheiros «pdf» das CONTAS ANUAIS da entidade local e dos seus organismos autónomos:

-BALANCE:

ENTIDADE_20XX_SIM_BALANCE.pdf

-CONTA DO RESULTADO ECONÓMICO PATRIMONIAL:

ENTIDADE_20XX_SIM_CONTA-RESULTADO.pdf

-ESTADO DE LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO

Liquidación do orzamento de gastos, liquidación do orzamento de ingresos e resultado orzamentario:

ENTIDADE_20XX_SIM_LIQUIDACION.pdf

Resumos da liquidación:

ENTIDADE_20XX_SIM_LIQUIDACION-RESUMOS.pdf

-MEMORIA:

ENTIDADE_20XX_SIM_MEMORIA.pdf

2) Ficheiros «pdf» das CONTAS ANUAIS (nos seus modelos normais e abreviados) das sociedades mercantís cuxo capital pertenza integramente á entidade local e das entidades públicas empresariais:

MODELOS NORMAIS:

-BALANCE

ENTIDADE_20XX_NOR_BALANCE.pdf

-CONTA DE PERDAS E GANANCIAS

ENTIDADE_20XX_NOR_PEG.pdf

-MEMORIA

ENTIDADE_20XX_NOR_MEMORIA.pdf

MODELOS ABREVIADOS:

-BALANCE

ENTIDADE_20XX_ABR_BALANCE.pdf

-CONTA DE PERDAS E GANANCIAS

ENTIDADE_20XX_ABR_PEG.pdf

-MEMORIA

ENTIDADE_20XX_ABR_MEMORIA.pdf

B. FICHEIROS «PDF» DA DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE SE ACOMPAÑARÁ Á CONTA XERAL.

1) Acta de arqueo, xustificantes dos saldos bancarios e estado de conciliación:

ENTIDADE_20XX_SIM_DC-TESOURERIA.pdf

2) Contas anuais das sociedades mercantís maioritarias:

MODELOS NORMAIS:

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-BALANCE.pdf

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-PEG.pdf

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-MEMORIA.pdf

MODELOS ABREVIADOS:

ENTIDADE_20XX_ABR_DC-BALANCE.pdf

ENTIDADE_20XX_ABR_DC-PEG.pdf

ENTIDADE_20XX_ABR_DC-MEMORIA.pdf

Estados integrados e consolidados:

ENTIDADE_20XX_SIM_DC-CONSOLIDACION.pdf

C. FICHEIRO «XML» DAS CONTAS ANUAIS DA ENTIDADE LOCAL E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS:

ENTIDADE_20XX_SIM_CONTAS-ANUAIS.xml

D. FICHEIRO «XML» DAS CONTAS ANUAIS DAS SOCIEDADES MERCANTÍS DE CAPITAL INTEGRAMENTE LOCAL E DAS ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS:

MODELOS NORMAIS:

ENTIDADE_20XX_NOR_BALANCE.PEG. xml

MODELOS ABREVIADOS:

ENTIDADE_20XX_ABR_BALANCE.PEG. xml

ANEXO IV

Codificación dos ficheiros relativos á conta xeral do modelo normal de contabilidade local

A. FICHEIROS «PDF» DA CONTA XERAL DA ENTIDADE LOCAL:

1) Ficheiros «pdf» das CONTAS ANUAIS da entidade local e dos seus organismos autónomos:

-BALANCE

ENTIDADE_20XX_NOR_BALANCE.pdf

-CONTA DO RESULTADO ECONÓMICO PATRIMONIAL

ENTIDADE_20XX_NOR_CONTA-RESULTADO.pdf

-ESTADO DE LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO

Liquidación do orzamento de gastos, liquidación do orzamento de ingresos e resultado orzamentario:

ENTIDADE_20XX_NOR_LIQUIDACION.pdf

Resumos da liquidación:

ENTIDADE_20XX_NOR_LIQUIDACION-RESUMOS.pdf

-MEMORIA

ENTIDADE_20XX_NOR_MEMORIA.pdf

2) Ficheiros «pdf» das CONTAS ANUAIS (nos seus modelos normais e abreviados) das sociedades mercantís cuxo capital pertenza integramente á entidade local e das entidades públicas empresariais:

MODELOS NORMAIS:

-BALANCE

ENTIDADE_20XX_NOR_BALANCE.pdf

-CONTA DE PERDAS E GANANCIAS

ENTIDADE_20XX_NOR_PEG.pdf

-MEMORIA

ENTIDADE_20XX_NOR_MEMORIA.pdf

MODELOS ABREVIADOS:

-BALANCE

ENTIDADE_20XX_ABR_BALANCE.pdf

-CONTA DE PERDAS E GANANCIAS

ENTIDADE_20XX_ABR_PEG.pdf

-MEMORIA

ENTIDADE_20XX_ABR_MEMORIA.pdf

B. FICHEIROS «PDF» DA DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE SE ACOMPAÑARÁ Á CONTA XERAL:

1) Acta de arqueo, xustificantes dos saldos bancarios e Estado de conciliación:

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-TESOURERIA.pdf

2) Contas anuais das sociedades mercantís maioritarias:

MODELOS NORMAIS:

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-BALANCE.pdf

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-PEG.pdf

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-MEMORIA.pdf

MODELOS ABREVIADOS: ENTIDADE_20XX_ABR_DC-BALANCE.pdf

ENTIDADE_20XX_ABR_DC-PEG.pdf

ENTIDADE_20XX_ABR_DC-MEMORIA.pdf

3) Estados integrados e consolidados: ENTIDADE_20XX_NOR_DC-CONSOLIDACION.pdf

4) Memoria xustificativa do custo e rendemento dos servizos públicos e memoria demostrativa do grao de cumprimento dos obxectivos:

ENTIDADE_20XX_NOR_DC-MEMORIAS.pdf

C. FICHEIRO «XML» DAS CONTAS ANUAIS DA ENTIDADE LOCAL E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS:

ENTIDADE_20XX_NOR_CONTAS-ANUAIS.xml

D. FICHEIRO «XML» DAS CONTAS ANUAIS DAS SOCIEDADES MERCANTÍS DE CAPITAL INTEGRAMENTE LOCAL E DAS ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS:

MODELOS NORMAIS:

ENTIDADE_20XX_NOR_BALANCE.PEG. xml

MODELOS ABREVIADOS:

ENTIDADE_20XX_ABR_BALANCE.PEG. xml

ANEXO V

Certificación do secretario da entidade local sobre a autenticidade dos ficheiros electrónicos e sobre documentación adicional á conta xeral.

Á conta xeral acompañarase un ficheiro «pdf» e un ficheiro «xml» da certificación do secretario da entidade local sobre a autenticidade dos ficheiros electrónicos da conta xeral e da Información Adicional da Entidade Local.

Esta certificación terá o formato que corresponda dos dous que seguidamente se especifican:

A codificación dos ficheiros «pdf» e «xml» relativos á Certificación do Secretario da Entidade Local sobre a autenticidade dos ficheiros electrónicos e sobre Documentación adicional á Conta Xeral da entidade local que rinde esta, responde ó seguinte esquema:

ENTIDADE(9)_EXERCICIO(4)_CONTIDO INFORMATIVO DO FICHEIRO(17)

Neste esquema figura entre paréntese o número máximo de caracteres de cada campo. O número máximo total fíxase en trinta caracteres.

No campo «ENTIDADE» deberá consignarse o CIF da entidade local de que se trate.

No campo «EXERCICIO» farase constar aquel ó que se refire a Conta Xeral.

No campo «CONTIDO INFORMATIVO DO FICHEIRO» deberá figurar a seguinte denominación de acordo ó tipo de entidade:

INF-ADICIONAL-01, cando a entidade local sexa unha provincia, municipio ou entidade local menor.

INF-ADICIONAL-02, cando a entidade local sexa unha mancomunidade, comarca, agrupación de municipios, unha área metropolitana ou un consorcio.

Para garantir a integridade dos datos do «xml» e a súa correspondencia co «pdf» cumprirase o establecido no punto cuarto deste acordo plenario.

O contido e a estrutura do ficheiro «xml» deberá cumprir as especificacións técnicas (esquemas XSD) publicadas no portal do Consello de Contas de Galicia (www.ccontasgalicia.es)

ANEXO VI

Oficio de remisión da Conta Xeral do/a Presidente/a da entidade local

En aplicación do artigo 48 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia (Resolución do Parlamento de Galicia do 25 de xullo de 1992 -DOG nº 138, do 17 de xullo de 1992-) e do artigo 212.5, en relación ao 223.4, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo), pola presente rindo a Conta Xeral do ... (*Concello, Deputación, Mancomunidade, etc) ... de ...(*nome da entidade local) ...

A devandita Conta Xeral réndese en soporte informático que acompaño a este oficio de remisión xunto coa certificación preceptiva do/a secretario/a da Corporación.

A información relativa á devandita Conta Xeral queda contida nos ficheiros «xml» seguintes, facendo constar o seu correspondente resumo electrónico: ... (*Código de cada ficheiro xml -tanto da documentación principal como complementaria-, facendo constar o resumo electrónico de cada ficheiro) ...

En ..., o ... de ...de ...

O/A ... (ALCALDE / PRESIDENTE/A) ...

Sinatura

Asdo.:

Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia. Domingo Fontan, 7 15771-Santiago de compostela

a) CESAMENTOS PRESIDENCIA