DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 21 de xuño de 2007 Páx. 10.623

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 117/2007, do 7 de xuño, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve esta lei, no artigo 16.1º c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á petición de substitución formalizada pola Confederación Galega de APA de Centros Públicos (Confapa Galicia), por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xuño de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Francisco Xosé Manuel Silvosa Costa como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais de alumnos pola Confederación Galega de APA de Centros Públicos-Confapa Galicia.

Artigo 2º

Nomear como membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais de alumnos pola Confederación Galega de APA de Centros Públicos-Confapa Galicia, a Marta Lázara Fontao.

Artigo 3º

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o período da representatividade que exerce.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria