Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2007 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2007.
Antonio Izquierdo Escribano
Director da Escola Galega de Administración Pública