DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 13 de xuño de 2007 Páx. 10.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no último cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Deporte nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2007.

Carlos Amoedo Souto

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Deporte