DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 13 de xuño de 2007 Páx. 10.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2007 pola que se concede o V Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación , correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2006.

Pola orde da Consellería de Innovación e Industria do 5 de decembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 224, do 19 de decembro), convocouse o V Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación, correspondente ao Premio Galicia de Investigación 2006.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle o primeiro Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación a Iolanda Fernández Casal.

Segundo.-Concederlle o segundo Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación ex aequo aos seguintes equipos.

Antonio López Mariño e Joaquín Pedrido Rey

Natalia Sueiro Monje e Blanca Iglesias Hervella

Terceiro.-Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006; DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria