DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 12 de xuño de 2007 Páx. 10.019

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de maio de 2007 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das Pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 101, do 28 de maio de 2007, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 8.790, substitúese o contido do artigo 6º, polo seguinte:

«Artigo 6º.-Prazos de realización dos investimentos, de disposición e de reembolso e amortización anticipada da operación financeira.

6.1. De acordo con estas bases, poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007.

O número de disposicións e/ou a súa contía mínima poderá pactarse libremente entre a entidade financeira e o prestameiro.

Previamente á utilización dos fondos da conta específica, a entidade financeira requiriralles os prestameiros a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento.

A disposición dos fondos aboados do préstamo e a realización total dos investimentos deberán efectuarse antes da primeira amortización do préstamo, para o que o prestameiro solicitará a carencia de amortización necesaria dentro do límite establecido. Se existisen fondos pendentes de utilizar na conta específica, unha vez transcorrido este período, deberán destinarse a amortizar o principal do préstamo, e non se computarán para os efectos de préstamo subvencionable.

6.2. O prazo de reembolso ás entidades financeiras das operacións acollidas a estas bases será de 5 anos nas operacións da liña 1, e entre 5 e 7 anos nas liñas 2 e 3, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal en todas as liñas, períodos aos que se poderán engadir os días que transcorran desde a formalización ao último día do trimestre ou mes en que se produza a amortización.

6.3. A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o beneficiario poderán aplicarse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes ou ben o prazo de amortización da operación».

-Na páxina 8.791, artigo 7º, engádense os seguintes puntos:

«7.6. Achegas ás SGR. Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda.

7.7. Garantías da operación. As operacións formalizadas ao abeiro destas bases contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 80% do importe do financiamento. As entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca implicadas non requirirán outra garantía adicional máis que as persoais da/s propia/s persoa/s que promovan ou desenvolvan a actividade empresarial e/ou os seus socios. Os cónxuxes, ou parellas de feito do/s promotor/es ou socio/s poderán figurar tamén como cotitulares».