DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 12 de xuño de 2007 Páx. 10.009

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de maio de 2007 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuacións se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria (IN-201F).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 105, do 1 de xuño de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 9.162, artigo 5º, alínea c), onde di: «c) O correo electrónico dxcmrc.artesania@xunta.es», debe dicir: «dxcmr.artesania@xunta.es».

Na páxina 9.164, artigo 4º, na alínea d), onde di: «d) Orzamento desagregado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, e/ou factura pro forma da actividade ou adquisición que subvencionará quen vai subministrar ou ben prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto. Para estes efectos achegarase cuberto o anexo III.», debe dicir: «d) Orzamento desagregado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención e/ou factura pro forma, da actividade ou adquisición subvencionable, por quen vaia subministrar ou ben prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto. Para estes efectos achegarase cuberto o anexo III.».

Na páxina 9.169, anexo II, na alínea co título documentación que se xunta (orixinal ou fotocopia compulsada), no texto correspondente ao recadro 3, onde di: «Memoria-programa detallado, orzamento desagregado e plan de financiamento do proxecto ou actuación que se vai desenvolver, e/ou factura pro forma da actividade ou adquisición que subvencionará por quen vai subministrar ou ben prestar o servizo.», debe dicir: «Memoria-programa detallado, orzamento desagregado e plan de financiamento do proxecto ou actuación que se vai desenvolver e/ou factura pro forma, da actividade ou adquisición subvencionable, por quen vai a subministrar ou ben prestar o servizo.».